"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
PERSOEIRO
Rei de Francia (1108 -1137), fillo de Filipe I. Reforzou o poder real e centrou o seu dominio ao redor da Île-de-France. Loitou contra Enrique I de Inglaterra, duque de Normandie, e detivo a invasión de Enrique V de Alemaña, aliado do inglés. Pouco antes da súa morte, casou o seu fillo Luís, futuro Luís VII de Francia, con Leonor de Aquitania e estendeu ata os Pireneos os dominios dos Capeto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1120 - París 1180) Rei de Francia (1137 - 1180), fillo de Luís VI. Axudou o Papa Alexandre III nas súas disputas con Federico Barbarrubia. Loitou na Segunda Cruzada e mantivo constantes enfrontamentos con Enrique II de Inglaterra, que casou coa súa ex-muller Leonor de Aquitania, e obtivo deste xeito o dominio de extensos territorios en Francia.
-
PERSOEIRO
Rei de Francia (1223-1226), fillo de Filipe II Augusto. Tentou expulsar os ingleses do territorio francés e dirixiu unha cruzada contra os albixenses (1215), en que ocupou Aviñón e unha grande extensión do Languedoc. Foi proclamado rei de Inglaterra polos nobres ingleses, enfrentados a Xoán I de Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1314-1316) e rei de Navarra (Luís I, 1305-1316), fillo de Filipe IV o Fermoso e de Xoana I de Navarra. Á morte da súa nai foi proclamado rei de Navarra e tivo que enfrontarse coa oposición do clero e a nobreza, que o forzaron a confirmar os seus dereitos e privilexios en cada unha das provincias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1461-1483), fillo de Carlos VIII. Participou na revolta nobiliaria da Praguerie (1440) contra o seu pai, pero despois de acceder ao poder, limitou os poderes dos grandes señores feudais que se rebelaron contra el na Guerra do Ben Público (1465). Enfrontouse con Carlos I de Borgoña, o Temerario, que o fixo prisioneiro en 1468. Entre 1480 e 1481, uniu á coroa francesa os territorios de Anjou-Maine e Provenza e, despois da súa morte, anexionáronse Borgoña e o Franco Condado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1498-1515) e duque de Orléans (1465-1498). Casou con Xoana de Francia, filla de Luís XI. Durante a minoría de idade do seu primo Carlos VIII foi un dos líderes da oposición nobiliaria. Prisioneiro entre 1488 e 1491, foi liberado polo rei e acompañouno na expedición a Italia (1494-1495). Sucedeuno en 1498, emprendeu o reforzamento da monarquía mediante a reforma da administración e neutralizou as ambicións da nobreza. Ocupou Xénova e o Milanesado (1499-1501), pero en 1504 Fernando o Católico expulsouno do Reino de Nápoles. Organizou a Liga de Cambrai contra Venecia (1508) pero tivo que deixar Italia pola presión da Liga Santa (1511).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1610-1643), fillo de Enrique IV e de María de Medici. A súa nai exerceu a rexencia durante a súa minoría de idade, mentres a nobreza e os protestantes estenderon o seu poder. En 1615 casou con Ana de Austria, filla do Rei Filipe III, pero o seu reinado efectivo non comezou ata 1617, baixo a privanza do duque de Luynes. As loitas contra os nobres (1620) e os protestantes (1621) marcaron a primeira parte do seu reinado, ata a morte do privado e o acceso ao poder de Richelieu, quen reforzou o poder do monarca e limitou o predominio da aristocracia e dos protestantes hugonotes. En 1629 eliminou os últimos redutos feudais e derrotou os protestantes de La Rochelle. A súa agresiva política exterior estivo marcada pola Guerra dos Trinta Anos e os seus enfrontamentos con España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1643-1715), fillo de Luís XIII e de Ana de Austria. O seu reinado comezou baixo a rexencia da súa nai e o goberno de G. R. Mazzarino, caracterizado polas revoltas internas, como a da Fronda (1648-1653), e a Paz de Westfalia (1648). Casou coa infanta María Tareixa de Austria en cumprimento do acordado na Paz dos Pireneos coa monarquía hispánica (1659). O seu goberno comezou en 1661 e levou á práctica as formas de goberno propias da monarquía absoluta. Defendeu unha política de corte imperialista en Europa, e reformou o sistema tributario, fomentou a prosperidade do comercio e da industria e favoreceu a creación dunha mariña potente, coa colaboración de ministros como Colbert. Ocupou os territorios de Austria na fronteira flamenga (1667) durante a Guerra da Devolución. A formación da Triple Alianza da Haia detivo a expansión francesa e obrigouno a aceptar o Tratado de Aquisgrán (1668). Emprendeu unha política violenta no Mediterráneo, con ataques contra o N de África e Xénova,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1715-1774), neto e sucesor de Luís XIV. Na súa minoría de idade, o duque Filipe de Orléans exerceu a rexencia (1715-1723). Tralo seu matrimonio con María Leszczy’nska, filla do Rei Estanislao I de Polonia (1723), nomeou primeiro ministro o cardeal Fleury (1726-1743), que mantivo a estabilidade interior e acadou unha mellora na economía, pero levou a Francia a participar na Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735). Á morte de Fleury, o monarca controlou a xestión dos ministerios e apoiouse na marquesa de Pompadour e na condesa Du Barry, que exerceron como mecenas e protectoras de artistas e pensadores. Mantivo enfrontamentos co Parlamento, que pretendeu limitar o poder do monarca, mentres que as clases privilexiadas rexeitaron os intentos de reforma fiscal. Despois da Guerra de Sucesión de Austria (1740-1748), asinou o Tratado de Fontainebleau con España, referendado no Tratado de París (1763). Durante o goberno do duque de Choiseul (1758-1770) acadouse o equilibrio nas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1774-1792), neto e sucesor de Luís XV. Casou con María Antonieta, filla da Emperatriz María Tareixa I de Austria. O comezo do seu reinado caracterizouse polo afán reformista, nomeou sucesivamente a Turgot e Necker ministros de Facenda. Os seus esforzos para reducir o déficit público e introducir reformas financeiras fracasaron pola resistencia dos privilexiados. A indecisión do monarca propiciou unha reacción autoritaria, que se enfrontou coas reclamacións das asembleas provinciais e o levou a convocar os Estados Xerais (1789). Nos primeiros momentos conviviu co réxime constitucional, pero trala Toma da Bastilla (1789) buscou apoio nas Cortes europeas e tentou fuxir da Convención Nacional, pero foi recoñecido na fuxida de Varennes (1791). A partir deste momento permaneceu prisioneiro e viu limitados os seus poderes, pero mantívose como símbolo da orde. O seu apoio a diversas intrigas contrarrevolucionarias e ao Manifesto de Brunswick (1792), realizado polos invasores autríacos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei nominal de Francia (1793-1795), delfín de Viena (1789-1793) e duque de Normandie, fillo de Luís XVI. Á morte do seu pai, os monárquicos recoñecérono como rei de Francia, pero a Comuna de París púxoo baixo a tutela dun zapateiro para ser educado xunto ao pobo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1814-1824), irmán de Luís XVI. Iniciou a súa rexencia en 1793, despois da morte na guillotina do seu irmán. Trala morte do seu sobriño Luís XVII, proclamouse rei e organizou un goberno no exilio. Accedeu ao trono despois da caída de Napoleón I. En 1814, aprobou unha constitución moderada e, á volta de Napoleón durante os Cen Días, perdeu o poder, pero recuperouno grazas á intervención das potencias europeas. Este feito provocou o comezo dunha campaña de represión contra os bonapartistas e os republicanos, coñecido como Terror Branco. A súa política endureceuse despois do asasinato do duque de Berry (1820), herdeiro ao trono. Apoiou a restauración en España de Fernando VII en 1823.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dor que se inicia na parte lumbar e que se irradia polo territorio dun ou de todos os nervios ciáticos. Está provocado xeralmente por afeccións da rexión lumbar que lesionan os nervios raquídeos.
-
-
Cociente, dados un punto dunha superficie e unha dirección determinada, entre a intensidade luminosa emitida nesta dirección por un elemento infinitamente pequeno da superficie ao redor de dito punto e a área deste elemento proxectada ortogonalmente sobre un plano perpendicular á dirección dada. A unidade do SI de luminancia é o nit, aínda que tamén se emprega o stilb, o lambert ou o apostilb. É a magnitude fotométrica correspondente á luminosidade.
-
Magnitude relativa á luminosidade ou brillantez de cada un dos puntos da imaxe. O sinal de luminancia constitúe a única información da imaxe que se transmite nos sistemas en branco e negro, mentres que nos de televisión en cores son transmitidos, ademais, dous sinais de crominancia que corresponden á cor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisión de luz que presentan certas substancias cando son convenientemente excitadas, que se produce sen ningunha elevación da temperatura e que se caracteriza polo feito de que a intensidade da radiación para determinadas lonxitudes de onda é máis elevada ca a correspondente á radiación térmica á mesma temperatura. Segundo a persistencia da emisión unha vez que cesou a causa excitante, a luminescencia divídese en fluorescencia e fosforecencia. Conséguese a excitación das substancias luminiscentes mediante a transmisión dalgún tipo de enerxía, que pode ser en forma de fotóns (fotoluminescencia), de electróns (catodoluminescencia), de enerxía dun campo eléctrico (electroluminescencia), de enerxía dun proceso químico ou biolóxico (quimioluminescencia ou bioluminescencia), de enerxía dunha onda ultrasónica (sonoluminescencia), de enerxía dun esforzo mecánico (triboluminescencia) ou de enerxía en forma de calor (termoluminescencia).
-
REXIÓNS
Rexión de Alemaña que se estende sobre o NL de Saxonia, o S de Brandenburgo e unha parte de Baixa Silesia. No s IX estaba habitada por tribos eslavas sorabas, que foron sometidas e cristianizadas a partir de 963. Inicialmente dominada polos polacos (1002-1031), diferentes margraves xermánicos someteron posteriormente á escravitude a maior parte da poboación. Incorporada a Bohemia en 1368, pola Paz de Praga (1635) pasou ao electorado de Saxonia, e en 1815 foi dividida entre Saxonia e Prusia. Durante o s XIX os sorabos conservaron a súa lingua e os seus costumes, a pesar da política de xermanización imperante. A República Democrática Alemana tomou medidas para favorecer o desenvolvemento da cultura soraba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga poboación constituída a mediados do s III a C polos parisii, un pobo celta que fortificou unha illa pantanosa do Sena, a illa da Cité, bautizada como Lutecia. Os parisii queimaron as fortificacións da illa e abandonaron Lutecia aos romanos na campaña de 52 a C. Os romanos ampliárona ata a marxe esquerda do Sena, onde construíron baños, un foro e sinalaron o trazado da maioría das rúas de París. No Baixo Imperio Romano estendeuse sobre a montaña de Sainte Geneviève cara ao S, onde se atoparon vestixios. Correspóndese coa cidade de París.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Piso do Eoceno, posterior ao Bartoniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Sada a partir de xullo de 1985 por Ediciós do Castro, do Grupo Sargadelos. Desde 1994 apareceu baixo o subtítulo “Revista de liberdades, crítica e cultura”. Dirixida por Manuel Rivas, tivo como redactores a Xabier Seoane, Lino Braxe e Antón Baamonde. Entre os seus colaboradores contou con varias xeracións de escritores e ensaístas, como Xavier Alcalá, Vicente Araguas, Xan Bouzada, Bieito Iglesias e Suso de Toro. Tamén destaca a achega de fotógrafos, como Xurxo Lobato, Delmi Álvarez e Vari Caramés, e de ilustradores, como Luís Seoane, Reimundo Patiño e Maside, que lle deron á publicación unha gran calidade artística. Se ben nun principio saíu con carácter trimestral, a partir de 1997 converteuse en anual, aínda que mantivo unha periodicidade irregular. Inclúe artigos literarios e análises moi críticas da actualidade, contribuíndo á renovación da prensa cultural galega.