"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • PERSOEIRO

    Poeta latino. A súa obra fundamental é Thebais, poema épico, en 12 libros, sobre a expedición dos Sete contra Tebas. Escribiu tamén a escolma Silvae e o poema inacabado Achilleis. Influíu en moitos poetas medievais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos períodos nos que se divide o ano. Astronomicamente, as estacións están determinadas polos equinoccios (nos meses de marzo e setembro) e polos solsticios (en xuño e decembro), que se deben ao movemento de rotación da Terra nun plano inclinado con respecto á súa órbita ao redor do Sol. Na zona temperada, estes fenómenos astronómicos correspóndense co tránsito entre as catro estacións climáticas nas que se divide o ano, debido aos cambios que o grao de incidencia dos raios solares provocan na temperatura da superficie e da atmosfera terrestre, e como consecuencia destes na distribución da humidade nas masas de aire, de xeito que se producen grandes contrastes termopluviométricos; así, o equinoccio de marzo marca o paso entre o inverno e a primavera no hemisferio setentrional, e entre o verán e o outono no meridional; o solsticio de xuño é a entrada do verán boreal e do inverno austral; o outono chega ao hemisferio norte co equinoccio de setembro, cando a primavera chega ao hemisferio...

    2. Equipamento onde un vehículo recolle e deixa mercadorías e viaxeiros. Normalmente, sitúanse á beira das grandes vías de comunicación, na entrada dos núcleos de poboación, e comunícanse con eles por medio de vías deseñadas para acoller a afluencia de tránsito que xeran.

      1. Centro ou conxunto de instalacións dedicadas a determinadas actividades ou a realizar estudios de investigación, normalmente de carácter científico.

      2. estación alpina/invernal/de esquí/de montaña

        Localidade de montaña en que se construíu ou habilitou un conxunto de instalacións dedicadas á práctica de actividades deportivas invernais (especialmente pistas de esquí) así como os equipamentos e infraestruturas necesarios para o acceso aos servicios e o aloxamento dos usuarios. A única estación de montaña da Comunidade Autónoma de Galicia é Cabeza de Manzaneda (na parroquia de Cova, A Pobra de Trives).

      3. estación de servicio

        Lugar onde se subministra combustible aos automóbiles.

      4. estación de transferencia de lixo

        Instalación na que se descargan os residuos para posteriormente poder trasladalos a outro lugar para a súa recuperación, tratamento ou eliminación.

      5. estación espacial

        Nave espacial de concepción modular, situada en órbita permanente, destinada á experimentación en condicións de baixa gravidade e durante períodos prolongados. Desenvolvéronse a partir das experiencias das estacións orbitais Sal’ut e Skylab permanentes e do laboratorio Spacelab.

      6. estación meteorolóxica

        Instalación dotada de instrumentos destinados á obtención de rexistros cuantitativos dos fenómenos meteorolóxicos. Como mínimo, unha estación meteorolóxica debe contar con instrumentos para medir as temperaturas (termómetros) e recoller as precipitacións (pluviómetros).

      7. estación orbital

        Nave espacial colocada en órbita para ser utilizada como hábitat de sucesivas tripulacións espaciais que chegan mediante naves de transporte e que permanecen nela durante un tempo prolongado, co fin de realizar experimentos a baixa gravidade.

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Base espacial formada por tres módulos (Unity, Zaria e Zvezdá) que suman 81 tm de masa e 43 m de lonxitude, ademais dunha base para paneis solares (ITS-Z1) e un porto de enlace (PMA-3). A ela poden acoplarse tanto os transbordadores espaciais norteamericanos como a nave rusa Sojuz. Dá a volta á Terra cada hora e media, a unha altura en órbita de 390 km. O lanzamento do primeiro segmento tivo lugar en novembro de 1998 e a construción en órbita chega ata o ano 2006. Cun custo que supera os 72.000 millóns de euros, na súa elaboración participan 17 países, entre eles os socios principais, EE UU e Rusia; España colabora a través da Axencia Europea do Espacio (ESA). A tripulación máxima da estación pode chegar ata as 7 persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás estacións do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de valores que toma unha variable temporal en distintos momentos, aínda que repetido ao longo dun ciclo.

    2. Condición dun fenómeno que se circunscribe a unha determinada época do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estacionar ou estacionarse.

    2. Lugar no que se estacionan vehículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar parado algo, especialmente un vehículo, nun sitio.

    2. Permanecer algo nun lugar determinado durante un tempo.

    3. Permanecer estancado ou latente algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao que permanece sen cambios no seu estado.

    2. Aplícase ao planeta aparentemente parado na súa órbita polo fenómeno de estación dos planetas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poemario da autoría de Xohana Torres publicado en 1980, co que acadou o Premio da Crítica Española 1981. Ademais de inaugurar a colección Dombate da Editorial Galaxia, supuxo o regreso á poesía da autora, logo de máis de vinte anos de silencio neste xénero. Trátase en realidade dun volume que agrupa poemas escritos ao longo dos anos 60 e 70, e que condensa constantes temáticas e estilísticas que aparecen ao longo de toda a súa obra. A radical intimidade que amosa participa das inquietudes esenciais do ser humano, tales como a soidade, a fugacidade do tempo, o entusiasmo vitalista, a reflexión sobre a patria e un percorrido polas lembranzas conservadas na memoria, que remata nun retorno ao mar, entendido como entrega a todo o primordial. Estilisticamente rompe coas normas de puntuación e coa lóxica lingüística, e caracterízase pola profusión de imaxes, polo prosaísmo e polo coloquialismo. Está integrado por catro partes independentes entre si: “O tempo e a terra”, con poemas sobre Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín aparecido en maio de 1811 e que se considera como o primeiro periódico de Lugo. Recibiu diversos epígrafes e denominacións, entre elas: Estado Mayor. 6º Exército. Resultado de las operaciones de este Exército; Quartel General del Exército. Diario de Operaciones del Ejército Español; Boletín del 6º Cuerpo del Ejército. Diario del 6º Cuerpo de Operaciones. Os seus artigos acompáñanse de datos sobre outros corpos do exército e novas sobre recoñecementos e actos de valor e heroísmo dos soldados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de territorios italianos que formaron os dominios temporais dos papas de Roma durante a Idade Media ata 1870. Formouse coas doazóns territoriais feitas á Igrexa católica no centro e S de Italia dende o s IV. Durante a dominación bizantina de Italia, o ducado de Roma, que mantiña unha dependencia teórica respecto aos emperadores de Constantinopla, acadou a independencia de feito, ao tempo que os pontífices anularon o poder da nobreza local. A partir do s VI denomináronse Patrimonium Sancti Petri. Durante a invasión longobarda, o Papa Estevo III solicitou a axuda de Pipino o Breve, que se comprometeu a restituírlle ao pontífice as terras perdidas (754) e, trala derrota dos longobardos, estendeuse pola rexión de Emilia e por unha franxa do territorio nos Apeninos. O dominio papal pasou por unha etapa de desintegración e decadencia durante o s IX a causa das loitas partidistas en Roma. Trala restauración do poder papal coa axuda do Emperador Otón o Grande (962), o...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estandarizar.

    2. Proceso de unificación e modernización dunha lingua que consiste en provela dos rexistros necesarios para o seu uso en todas as funcións sociais. Prototipicamente, este proceso realízase sobre o corpus da lingua utilizado para as funcións medias e altas antes ca sobre os rexistros coloquiais e os niveis máis informais, adoito de creación espontánea e non condicionada. Trátase dunha das áreas básicas da planificación lingüística, disciplina que xurdiu na década de 1960 e que se divide principalmente en dúas seccións: planificación do status e do corpus; nesta última inclúese a estandarización. Dentro dela, algúns autores, como Einar Haugen, asignáronlle a selección, codificación, implementación social e modernización de variedades lingüísticas. A estandarización como tal pode producirse como resultado dun proceso relativamente espontáneo, en comunidades lingüísticas coincidentes cun Estado que, de xeito temperá, tomou esa lingua como propia ou oficial. Non obstante , en situacións non coincidentes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación de estancamento nos niveis de produción dun país e dun forte incremento no índice de prezos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que o Estado pasa a xestionar directamente unha actividade económica e social, ata ese momento en mans da iniciativa privada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que ten lugar ao facer reaccionar un ácido carboxílico cun alcohol para dar un éster máis auga. Nesta reacción os materiais de partida e os produtos están en equilibrio, que pode desprazarse en calquera dirección cando se emprega un exceso dun dos compoñentes. O proceso de esterificación introducido por E. Fisher e S. Speier no 1895 consiste en ferver o ácido carboxílico cun exceso de metanol ou de etanol en presenza dun 3% de ácido clorhídrico. Os catalizadores máis empregados para acelerar a reacción, que é lenta en condicións normais, adoitan ser o ácido sulfúrico concentrado ou un ácido de Lewis. O proceso inverso á esterificación é a hidrólise dun éster, que recibe o nome de saponificación cando a reacción ten lugar nun medio básico. A reacción dun éster cun alcohol para dar outro éster diferente sen a obtención dun ácido libre, recibe o nome de transesterificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de esterilizar ou esterilizarse.

    2. Intervención que ten por obxecto anular a facultade de reprodución dun organismo. Pódese realizar por métodos cirúrxicos, químicos ou mediante irradiacións. No home realízase xeralmente coa ligadura e corte dos condutos deferentes dos testículos, operación coñecida co nome de vasectomía; e na muller faise mediante o bloqueo das trompas de Falopio con grampas, coñecida como ligadura de trompas. En moitos animais a esterilización faise por extirpación dos órganos sexuais ou castración.

    3. Proceso que consiste na eliminación total de toda forma microbiana (bacterias, fungos, virus), tanto latente como vexetativa, que existe nun determinado medio (alimentos, instrumentos cirúrxicos, feridas, etc). Pode ter lugar por procedementos químicos ou físicos. Os axentes físicos máis empregados son a calor, que pode ser húmida ou seca, a filtración e as radiacións. Entre os sistemas que empregan a calor húmida destaca o autoclave de Chamberland, con temperaturas de 120°C a 140°C, ou a tindalización, que permite a eliminación das endósporas, e entre os que empregan a calor seca está a incineración ou as estufas de tipo Pasteur ou Poupinel con temperaturas de 160°C. A filtración a través de distintos tipos de membranas emprégase para solucións que non se poden esterilizar por outros métodos. Entre as radiacións máis utilizadas destacan as ultravioletas, que non atravesan o plástico ou algúns tipos de cristais, por iso son de acción superficial, os raios X, que si atravesan os plásticos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Canteiro. Traballou en Ourense e en 1775 trasladouse a Portugal, contratado para restaurar os danos causados por un terremoto. Entre as súas obras destaca a torre do reloxo da Compañía en Cabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estilizar.

    2. Movemento teatral que procuraba unha nova visión da teatralidade, próxima ao simbolismo. Foi desenvolvido por directores e creadores teatrais próximos a esta corrente estética, como Adolphe Appia, Vsevolod Meyerhold, Adrià Gual ou Cipriano de Rivas Cheriff. En Galicia, este movemento estivo representado por Xaime Quintanilla na súa obra Alén (1921), e foi reivindicado por Xesús Bal y Gay no seu estudo Hacia el ballet gallego (1924) e por Rafael Dieste en diversos traballos publicados en El Pueblo Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome outorgado por H. R. Hitchcock e P. Johnson en 1932 á arquitectura racionalista de, entre outros, Le Corbusier, W. Gropius e Mies van der Rohe. Caracterízase pola composición asimétrica con volumes conseguidos polos planos ortogonais, a eliminación da decoración, o desenvolvemento de estruturas metálicas reticulares que conforman plantas libres e o emprego de grandes ventás. En Europa o termo refírese aos valores da arquitectura vangardista do período de entreguerras, mentres que nos EE UU aplícase aos valores formais. En España adoitárono, a partir de 1950, entre outros, A. de la Sota, F. J. Sáenz de Oiza, J. A. Corrales e R. Vázquez Molezún.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estimar.

      1. Busca do valor dun ou máis parámetros dunha lei de probabilidade ou de distribución dunha poboación a partir das observacións dunha mostra.

      2. alor dado polo método de estimación empregado. Pode ser puntual se se expresa como un valor único, ou por intervalos se se define mediante uns límites de confianza.

    VER O DETALLE DO TERMO