"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • GALICIA

    Político e avogado. Foi deputado (1869-1873), senador (1881-1882) e ministro de Ultramar (1871-1873), de Graza e Xustiza (1871) e de Fomento (1874). Desde 1883 foi senador vitalicio e formou parte do Consello do Estado desde 1888. Firmou o proxecto de lei que aboliu a escravitude en Puerto Rico. Defensor da democracia e partidario do sufraxio universal, interesouse pola lei hipotecaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de teatro creada en Santiago de Compostela por Quico Cadaval, Xavier R. Lourido e Xan Cejudo, que realizaba as funcións de director de escena. Dos seus espectáculos cómpre destacar Un Códice Clandestino (1989), de Quico Cadaval, O Rouxiñol da Bretaña (1991) ou Da Vinci levaba razón (1987), de Roland Topor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización da esquerda revolucionaria portuguesa que integraba aos militares, dos que destacaron Ernesto Melo Antunes, Otelo Saraiva de Carvalho e Vasco Gonçalves, que organizaron a Revolução dos Cravos. Coñecida como os capitães de abril, o 25 de abril de 1975 enfrontouse co réxime fascista de Portugal e derrocouno. Tras o triunfo asumiron a reorganización do goberno e das forzas armadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización nacionalista canaria que xurdiu en 1963 co propósito de loitar para acadar unha República Guanche Africana, independente e socialista. Entre 1975 e 1977 desenvolveu a súa máxima actividade armada, propagandística e diplomática tentando demostrar, no seo da Organización da Unidade Africana, a africanidade de Canarias e forzar a descolonización. Desde 1978, a mellora das relacións entre Madrid e Alxer e as disensións internas desmantelaron o movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político turco, creado en 1868, que propugnaba a europeización do estado otomán. Ao suspender Abdülhamit II (1878) a constitución que el mesmo outorgara en 1876, algúns oficiais do exército de Macedonia, entre eles Mustafà Kemal, uníronse ao grupo inicial, e este movemento tomou un carácter netamente nacionalista. Unha segunda revolución, en 1909, substituíu a Abdülhamit por Mehmet V. Finalmente (1913) o goberno pasou oficialmente a mans dos Mozos Turcos, cun triunvirato formado por Enver Paxá, Mehmed Talât Paxá e Mustafà Kemal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Círculo cultural constituído en 1609 no castelo de Muiden, a carón de Amsterdam. O responsable da súa formación foi o poeta P.C. Hooft, que conseguiu reunir nas súas sesións literarias, musicais e científicas, representantes da cultura holandesa da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos multituberculados.

    2. Mamífero fósil da orde dos multituberculados.

    3. Orde de mamíferos fósiles que se caracterizaban por posuír grandes incisivos e un diastema que lles ocupaba o lugar dos caninos e parte dos premolares; os dentes maxilares presentaban dúas fileiras de tubérculos en disposición lonxitudinal. Viviron do Triásico Superior ata o Eoceno Inferior, en Eurasia e América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo. Doutorouse en Ciencias Biolóxicas na Universidad Complutense de Madrid (1972). Investigador científico e xefe do departamento de Biotecnoloxía e Acuicultura do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, foi director do Instituto de Investigaciones Pesqueras (1983-1987) e vicedirector do Instituto de Investigacións Mariñas (1990-1994). As súas investigacións centráronse na análise residual, dinámica ambiental, metabolismo e aspectos tóxicos dos compostos organoclorados, na calidade microbiolóxica das augas litorais e na súa influencia no cultivo de moluscos, na biorremediación en ambientes mariños, na produción de probióticos e probiontes, na depuración e bioconservación microbiana de residuos da industria alimentaria e na aplicación de modelos matemáticos a procesos de bioconservación, operación e deseño de bioreactores. Membro do consello editorial da revista Investigaciones Marinas, os seus artigos son habitualmente citados en Science Citation Index (SCI). Das súas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de murchar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer perder a frescura e a louzanía a unha planta, cereal, hortaliza ou a un órgano vexetal, a causa da deterioración do sistema radical, provocado, principalmente, polo ataque de fungos parasitos, pero tamén, noutros casos, por insectos ou ácaros. Maniféstase externamente pola descoloración das follas e pode provocar a morte da planta.

    2. Facer perder a alguén o bo aspecto físico debilitando as súas forzas e o ánimo.

    3. Perder, unha planta ou un órgano vexetal, a turxescencia por falta de auga ou por outras causas fisiolóxicas.

    4. Perder unha persoa o bo aspecto físico e a súa vitalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kabalega Falls.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo escocés. Presidente da Geological Society of London e director do Servizo Xeolóxico da Gran Bretaña, foi coñecido sobre todo polo feito de establecer a subdivisión do Silúrico. Escribiu The Silurian System (1839) e The Geology of Russia in Europe and the Ural Mountains (1845).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que perdeu a frescura e o brillo.

    2. Que perdeu a enerxía, o ánimo ou o vigor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da Comunidad Autónoma de la Región de Murcia (370.745 h [2001]). De orixe musulmá e situada orixinariamente á esquerda do río Segura, conservou o seu carácter medieval ata mediados do s XIX, cando iniciou a súa expansión urbana coa formación do novo barrio do Carmen. O seu crecemento foi impulsado, en gran parte, pola construción do ferrocarril, que deu saída aos produtos da horta. Grazas a isto, o municipio de Murcia rexistrou un crecemento demográfico notable, de 111.539 h que tiña en 1900, pasou a 158.724 h en 1930, e a 249.738 h trinta anos despois. Nos primeiros anos do s XXI, a cidade continuou a medrar cara ao N e ao L. O núcleo antigo céntrase nas rúas de Platería e Trapería, onde están os monumentos artísticos principais. Durante os reinos de taifas pasou sucesivamente a diversas dinastías, en 1078 caeu baixo o dominio da Taifa de Sevilla, e máis tarde baixo os imperios almorábide e almohade, ata que en 1244 pasou a Castela polo Tratado de Almirra (1244), ratificado pola...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comunidade autónoma de España, constituída pola provincia homónima (11.317 km2; 1.197.646 h [2001]). Limita ao N coas provincias de Albacete e Alacant, ao S co Mar Mediterráneo, ao L coa provincia de Alacant e o Mar Mediterráneo e ao O coas provincias de Almería, Granada e Albacete. A súa capital é Murcia.
    Xeografía física
    O relevo é variado e complexo. Todas as montañas son de idade alpina e forman parte do extremo nororiental das cordilleiras Béticas. As principais cadeas, as serras de Espuña e Quípar, están formadas por materiais secundarios, terciarios e cuaternarios. A Penibética remata no cabo de Palos e abrangue as serras litorais de Almenara, Mazarrón e Cartagena. No interior atópanse as serras Subbéticas, e as serras de Carrascoy, Espuña e Taibilla. A principal conca interior é a do val Sangonera-Segura, que provén da provincia de Almería, atravesa Murcia e finaliza en Oriola (Alacant). Outras depresións importantes son as de Yecla,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino musulmán anexado á Coroa de Castela durante a Reconquista. Tras a conquista musulmá da Península Ibérica, unha parte do seu territorio quedou incorporada ao reino de Tudmir, coa cidade de Murcia como capital (despois de Orihuela). Co desmembramento do Califato de Córdoba, Murcia foi sede da Taifa do mesmo nome, incorporada ás veces á Taifa de Almería ou á de València. Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad ibn ‘Ā’iša incorporouna ao Imperio Almorábide; á caída deste entronizouse ’ibn Mardaniš (1147-1172), quen, coa alianza de Afonso VII, freou a ofensiva almohade. Aínda así, logo de diversos golpes de estado e intentos de supervivencia, o Reino de Murcia caeu (1266) baixo Xaime I de Aragón, quen o entregou, segundo establecía o Tratado de Almirra, ao seu xenro Afonso X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de fandango propia das terras de Murcia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Murcia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Murcia.

    3. ariedade lingüística do castelán propia  de Murcia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Musicólogo, crítico da arte e crítico literario, cultivou a poesía, a novela curta, o conto e a tradución de poetas anglosaxóns como M. Wilson e R. Eberhart. Da súa extensa obra destacan os libros de poesía Un día más o menos (1963, Premio Ciutat de Barcelona), Este claro silencio (1970, Premio Nacional de Poesía), Del tiempo y soledad (1978, Premio Francisco de Quevedo) e La bufanda amarilla (1985), a novela curta Cartas a Tobby (1972) e o libro de contos El mar sigue esperando (1982, Premio Nacional de Literatura Infantil). É membro correspondente da Academia Venezolana de la Lengua (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Santiago de Compostela o 19 de decembro de 1885. Subtitulado “Avechucho semanal, republicano, casi-serio y nocturno”, o seu ton foi satírico e mordaz. Manifestou o seu apoio ao xefe do partido democrático-progresista, Manuel Ruíz Zorrilla.

    VER O DETALLE DO TERMO