"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • GALICIA

    Político e xurista. Foi deputado polo Partido Progresista na provincia de Ourense durante o Bie-nio Progresista (1854-1856). Elixido de novo deputado para o período 1858-1863, formou parte da Unión Liberal pero pronto abandonou este grupo e formou parte da minoría progresista. Foi reelixido deputado en 1869 e 1872 e senador durante a lexislatura 1881-1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Presentou a súa candidatura en Solidaritat Catalana, o que lle fixo renunciar á súa carreira militar. Colaborou no semanario Renaixement da Unió Catalanista, desde onde impulsou posicións revolucionarias, e como agrupación política radical, formou a Federació Democràtica Nacionalista (1919), pero ao non ser aceptada a proposta de crear un Estado Catalán, disolveuna para crear un novo grupo radical, o Estat Català. Exiliouse despois do golpe de estado de Primo de Rivera (1923-1931). Á volta constituíu Esquerra Republicana de Catalunya, partido que presidiu e co que venceu nas eleccións municipais de 1931. Neste mesmo ano incluíu ao Estat Català na Federación de Repúblicas Ibéricas, aceptou a reconversión do goberno de Catalunya na Generalitat de Catalunya, da que foi presidente ata a súa morte, e participou na elaboración o Estatuto de Autonomía de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante medieval hispánica do antropónimo masculino Matías. Consérvase como apelido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, seis dados de prata, cos seus puntos, postos en dous paos de tres. Outra variante leva escudo cuartelado: primeiro e cuarto cuartel, de prata, cunha árbore de sinople; segundo e terceiro cuartel, de azul, cun castelo, de ouro. Algúns ostentan, en campo de ouro, unha aciñeira de sinople, coas landras de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Iniciouse na música de xeito autodidacta, e compuxo a súa primeira obra Poema de réquiem (1979) con texto de Celso Emilio Ferreiro. Participou nos estudios de música electroacústica da Radio Finlandesa (1981) e da Academia de Música de Cracovia (1982). Dos premios que recibiu destacan o da Tribuna Internacional Gaudeamus (1981) por Polifonías I (1980-1981), o Cristóbal Halffter de Composición para Órgano (1983), por Afónica (1983), o da Tribuna de Jóvenes Compositores da Fundación Juan March por Souvenir nº I (1982), en 1983, e en 1984 por Adieux (1983), e o do Concurso de Composición da Joven Orquesta Nacional de España, (1984) por Nachtmusik III (1983). Taméndestacan as obras Viaje de Invierno (1980-1986) e Lubilaeum (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, escritor, orador e sacerdote. Foi catedrático de Retórica e Psicoloxía no Instituto Jovellanos de Gijón (1883) e de Literatura Preceptiva no instituto de Ourense (1884-1941). Profesor e director da Escola de Artes e Oficios de Ourense, pertenceu á Real Academia de la Historia, á Real Academia Galega e presidiu a Asociación de Prensa de Ourense e o Ateneo de Orense. Destacou como orador e realizou importantes estudios de investigación histórica, sobre todo no campo da epigrafía e da numismática. En 1898 comezou a publicación do Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, que dirixiu ata a súa morte, e onde colaborou con destacados intelectuais galegos. Publicou, entre outras obras, Epigrafía romana de la ciudad de Astorga (1903), Cronicón de Idacio (1904), Colección de modelos literarios; con un discurso preliminar acerca del Origen y progresos de la lengua castellana (1907), Elementos de literatura preceptiva...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico.   Publicou diversos artigos en revistas nacionais e internacionais e o libro de xénero didáctico Química General. Programa, cuestiones y prácticas de laboratorio en química general.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político guineano. Funcionario colonial desde 1944, foi vicepresidente do goberno autónomo (1964-1968) e presidente da República (1968-1979). En 1972 proclamouse presidente vitalicio pero foi derrocado polo seu sobriño, o coronel Teodoro Obiang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta da escola galego-castelá. Tal vez orixinario de Padrón, estivo activo probablemente ao redor da segunda metade do s XIV e viviu no reinado de Pedro o Cruel. É o autor máis antigo dos que cultivaron a súa lírica con posterioridade aos trobadores galego-portugueses e anterior ao espallamento dos cancioneiros que tivo lugar a partir do segundo cuarto do s XV. Atribúenselle sete composicións en galego, de tema amoroso, que pertencen ao xénero da cantiga. Nestes poemas alterna os versos longos cos de pé quebrado e recorre á annominatio. Por iso e pola súa biografía, no s XV converteuse en arquetipo do poeta amoroso. Foi tratado de forma burlesca no s XVIII, pero a súa figura foi recuperada no Romanticismo, especialmente a partir das obras de Mariano José de Larra, o drama Macías, e o romance histórico El doncel de don Enrique el Doliente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Catedrático de Edafoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Sociedad Española de la Ciencia de Suelo, foi director da ETSI Agrónomos de Lugo e director da Axencia de Calidade Ambiental da Consellería de Ordenación do Territorio. Publicou numerosos traballos de investigación e monografías tanto en revistas nacionais coma estranxeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Foi membro fundador e presidente da Asociación Galega de Compositores. Ocupou diferentes cargos (1964) na Asociación de Jóvenes Compositores de Bos Aires e a súa obra orquestral Sindy foi escollida para representar a Arxentina nunha tribuna internacional. En 1984 retornou a Galicia. Compuxo obras orquestrais de cámara e para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de macilento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conversas de paz celebradas no Palacio de El Retiro de Madrid entre o representante de Luís XIV, Hugues de Lionne, e o ministro de Filipe IV, Luis de Haro, entre xullo e setembro de 1656. Filipe IV negouse a ceder Catalunya a Francia. Non obstante , en 1659 viuse obrigado a aceptalo no Tratado dos Pireneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión diplomática celebrada de maio a xullo de 1880 en Madrid para determinar a situación de Marrocos fronte ás potencias coloniais. Reino Unido conseguiu unha limitación da penetración francesa e italiana e un aumento da autoridade militar sobre tribos do interior. Estivo vixente ata a Conferencia de Algeciras en 1906.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu na Coruña en setembro de 1882. Problablemente tivo unha segunda época entre 1895 e 1913 e, posteriormente, reapareceu en 1900 e cesou en 1942. Estivo dirixida por Augusto Milón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cidades gregas do S de Italia que recibirion este nome desde o s II a C. A súa fundación produciuse durante o gran movemento colonizador grego, entre os ss VIII e VII a C, e aproveitou a situación estratéxica da Península Itálica no Mediterráneo e tamén as súas posibilidades agrícolas. Os colonizadores máis activos foron os de Calcis, que fundaron Cumas e Reggio, e os aqueos do Peloponeso que se estableceron en Síbaris, Crotona, Metaponte; pero tamén participaron outros pobos, como os espartanos e os locrios. Entre as colonias, Tarento e Síbaris acadaron un notable esplendor durante os ss VII e VI a C. A partir do s V tiveron que afrontar diversos ataques dos pobos veciños e organizáronse na Liga Italiota. A partir do s III a C foron sometidos por Roma. As colonias gregas de Sicilia e do S de Italia foron un dos principais centros de irradiación da cultura grega, e xurdiron así o pitagorismo e outros sistemas filosóficos, como a escola eleata, representada por Parménides. Moitas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resistencia que ten un valor variable que depende do campo magnético presente. Son feitos con substancias semicondutoras, como o antimonio de indio, e baseadas no efecto Hall.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de grandioso ou magnífico.

    2. Grandeza ou xenerosidade nos actos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cooperativa de fotógrafos creada en París en 1947 por Robert Capa, Henri Cartier-Bresson, David Seymour e George Rodger. Baixo a presidencia de Capa e, trala súa morte, de Seymour, crearon a súa primeira oficina en Nova York (1948). Subministraron aos medios unha crónica fotográfica dos acontecementos mundiais cunha visión comprometida coas víctimas e coa explotación humana e sempre baixo a premisa de ofrecer imaxes sen manipulación ou censura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (1316 - 1374) Rei de Suecia (1319-1365) e de Noruega (Magnus VII; 1319-1343). Mentres era menor de idade, gobernou a aristocracia e cando tomou o poder real (1332), conseguiu a unión da península coa conquista de Escania e Halland. En 1343 cedeulle Noruega ao seu fillo Haakon VI e Suecia ao seu neto, o duque Alberte de Mecklemburg en 1364. Foi o último monarca da dinastía dos Folkungar.

    VER O DETALLE DO TERMO