"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Acción e efecto de estimular.
-
Excitación da actividade funcional dun órgano ou dun tecido por medios eléctricos, mecánicos, térmicos, químicos ou doutro tipo.
-
-
-
Acción de estipular.
-
Disposición ou cláusula dun documento público ou privado.
-
-
-
Estado de actividade vital reducida, inducida pola calor, que se presenta na época máis cálida do ano. O motivo é a reacción protectora do organismo fronte ás condicións desfavorables producidas polas altas temperaturas, e é propio de animais de rexións desérticas tropicais.
-
Fenómeno polo que certas plantas non xerminan ata que reciben o estímulo de temperaturas elevadas, propias do verán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de estrangular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de estranxeirizar ou estranxeirizarse.
-
-
Deposición dun estrato ou capa detrás doutro estrato en superficies planas ou lixeiramente inclinadas. A estratificación orixínase por cambios nos materiais que se ían depositando ou por cambios nas condicións do depósito. Estes cambios poden ser: variación do tamaño dos grans; cambios na textura, como o arredondamento das partículas; e cambios na cementación e na compactación das partículas. Un caso especial é a estratificación cruzada, que se orixina cando unha corrente de auga diminúe de velocidade ao penetrar en augas máis quietas; este tipo orixínase tanto en augas pouco profundas dos ríos como nas máis profundas dos medios mariños. O caso normal é a estratificación gradual, que consiste en que o material grande que se deposita na parte inferior do estrato se volve máis fino gradualmente e acaba por ser finísimo na parte superior.
-
Operación de dispoñer en capas ou estratos sementes de plantas arbóreas e area ou terra fina, alternativamente, para acadar unha mellor conservación e evitar a súa alteración por contacto co aire ou a xerminación prematura.
-
Disposición dunha biocenose en estratos.
-
Subdisciplina lingüística que ten como obxectivo establecer correlacións entre variables lingüísticas e sociais, isto é, adscribir as diferencias de expresión a distintos grupos sociais, de aí que necesite recorrer á estratificación social como unha das súas ferramentas fundamentais. Este termo adaptouse da socioloxía e utilízase especialmente na área da sociolingüística variacionista, iniciada por William Labov. Este concepto emprégase tamén na socioloxía da linguaxe, co fin de establecer a distribución social das linguas en sociedades bilingües ou multilingües. A cuestión que se intenta responder é: falan de distinta maneira os diferentes estratos sociais? En liñas xerais, as variantes ou linguas máis prestixiosas son as usadas polos estratos que contan con máis poder e status social. Por outra parte, o propio feito de que determinadas variantes ou linguas sexan máis usadas por uns grupos ca por outros provoca que estas adquiran connotacións positivas ou negativas. Como consecuencia,...
-
División da sociedade en capas, clases ou grupos que se consideran mutuamente relacionados e xerarquizados dos máis baixos aos máis altos. O termo, adaptado do concepto xeolóxico, incorporouse á socioloxía na década de 1940. Os estratos sociais defínense de acordo cos valores de cada individuo, segundo a súa posición social; constituirán un mesmo estrato aqueles individuos que teñen oportunidades similares. Na teoría da estratificación social, K. Marx representou un cambio radical, coa súa doutrina sobre as clases sociais, a dos que posúen os medios de produción e a dos traballadores ao servizo daquelas, ao facer exclusiva a importancia do factor económico como criterio de estratificación. A socioloxía anglosaxona criticou a formulación marxista na medida en que esquecía os condicionamentos que derivan do prestixio e dos diferentes cargos laborais e profesionais e das estruturas étnicas e socioculturais dos diferentes tempos e lugares. Os tipos principais de estratificación aceptados comunmente...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución rápida dunha sección dun corpo sometido a un esforzo de tracción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Son que se produce ao rozar un animal dúas partes do seu corpo. Esta comunicación acústica ten diferentes funcións dependendo das especies e, xeralmente, serve para lograr a reunión dos dous sexos, no caso dos grilos e saltóns, para facer fuxir os depredadores, como ocorre con algúns coleópteros, ou na comunicación intraespecífica á hora de defender un territorio vital, como acontece cos sons producidos polas mandíbulas dalgunhas larvas xilófagas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de reprodución de moitas especies polizoicas nas que se diferencian novos proglótides na parte anterior dos animais.
-
-
Elemento metálico pertencente á familia dos alcalinotérreos, grupo II A da táboa periódica entre o calcio e o bario, de número atómico 38, peso atómico 87,62 e número de oxidación +2. É un metal branco de maleabilidade e dureza medias. Identificouno como elemento H. Davy en 1808. Coñécense tres variantes alotrópicas: Srα, cúbica, de caras centradas, Srβ e Srγ. O mineral de estroncio máis importante é a celestina. O método de Guntz (1907) para a obtención do estroncio consiste en quentar a 1.200°C unha mestura de óxido de bario e de pós de aluminio ao baleiro, e ten lugar a reacción 2Al+3SrO→ Al 2 O 3 +3Sr, cun gasto de enerxía de 26kcal. A débil volatilidade do aluminio permite a recuperación do estroncio por destilación.
-
Substancia cristalina e delicuescente que se funde a 88°C, soluble en alcohol e insoluble en éter. Emprégase como sedante e antiepiléptico.
-
Pos incoloros que se funden a 570°C. Mesturado con outros aditivos, emprégase en pirotecnia, para producir luz vermella e sinais luminosos no exército.
-
Substancia que se presenta en forma dunha masa cáustica e porosa que se obtén por disociación térmica a 1.200°C do seu carbonato, segundo a ecuación SrCO 3 SSrO+CO 2 . Emprégase para refinar o xofre.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos estruciónidos.
-
Ave da familia dos estruciónidos.
-
Familia de aves da orde dos estrucioniformes á que pertence a avestruz.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos estrucioniformes.
-
Ave da familia das estrucioniformes.
-
Orde de aves á que pertencen as avestruces.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de estruturar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización estudantil de ámbito galego que se autodefinía como reinvidicativa, nacionalista, democrática e independente, e que defendía un ensino ao servizo das clases populares e a normalización da lingua e da cultura galegas. Entre os seus presupostos básicos destacaban o convencemento de que Galicia mantiña unha dependencia colonial con respecto a España que se traducía, no eido educativo, na transmisión dun ensino acientífico, antinacionalista, antipopular e antidemocrático. A súa aparición na vida pública tivo lugar na Universidade de Santiago de Compostela no curso 1972-1973, despois da folga compostelá do Nadal, provocada pola morte do estudante Xosé María Fuentes; daquela estaba integrada principalmente por estudiantes nacionalistas de diversos colectivos e independentes. No curso seguinte espallouse polas principais cidades galegas, ao tempo que se produciu a primeira escisión, que deu lugar á creación da Organización de Estudiantes Revolucionarios. Nos anos 1975 e 1976 os centros...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asombro ou sorpresa moi grande que sente alguén cando non pode reaccionar ante algunha circunstancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso mediante o que se transforma un alcohol ou un fenol en éter. Pode ter como funcionalidade protexer o grupo funcional en cuestión (alcohol ou fenol) fronte a algún reactivo que se teña que empregar para transformar outra parte da molécula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de eterizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción mediante a que se introducen radicais etilo (CH3-CH2- ou C2H5-) nunha molécula. Os reactivos que máis se empregan para levar a cabo este proceso de alquilación son os haloxenuros de etilo e o sulfato de dietilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso polo que unha palabra ou un grupo de palabras chegan a ser un etnónimo. Así, por exemplo, o xentilicio ucraíno vén do ruso u okrainy co significado de ‘pobo que vive na orela’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade fundada en 1995 en Santiago de Compostela polo pintor Eugenio F. Granell e o concello da cidade. Ten a súa sede no pazo de Bendaña e está dirixida por Natalia Fernández Segarra, filla do pintor. Os seus obxectivos son a difusión, o fomento e o estudo da obra de E. Granell e do surrealismo e as correntes afíns. Conta cun museo que acolle unha colección de obras do artista e da súa colección particular de obras surrealistas, unha colección de arte étnica relacionada co interese dos surrealistas pola investigación antropolóxica, unha colección de arte ritual afrocubana e a colección de Philip West, formada polas obras doadas por este. Conta cun departamento pedagóxico e cun departamento de cultura. A biblioteca fórmana os fondos doados por Granell, referentes á arte, ao surrealismo, á literatura e libros sobre a guerra civil, e os procedentes da doazón de P. West.