"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada en Guitiriz. Construíuse en estilo gótico, ten unha soa nave rectangular e ábsida case cadrada, con cuberta de lousa. O arco triunfal é apuntado. A primitiva cuberta da nave era un artesoado que se ocultou polo teito de madeira. A ábsida cóbrese cunha bóveda nervada sexpartita. No interior destacan os capiteis das columnas, decorados con motivos vexetais, harpías e cabezas humanas. No exterior, os muros, de cantaría, reforzáronse con contrafortes. A fachada principal é do s XVIII e ten porta arquitrabada e espadana dun van con remates neoclásicos. No lado sur consérvase unha das portas da construción orixinal cun arco de medio punto lixeiramente apuntado.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Guitiriz. Construída no s XII en estilo románico, ten nave de planta rectangular e capela maior de planta cadrada. Posteriormente engadíuselle a sancristía e outro corpo no lateral esquerdo. Realizouse en cantaría e ten cuberta de lousa a dúas augas na nave e a catro no presbiterio. No interior destacan as pinturas murais con escenas da Paixón, Anunciación e Cristo en Maxestade e unha ara con inscricións romanas. A fachada é do s XVIII e ten a porta arquitrabada, unha ventá rectangular na parte central e remata nunha espadana de dobre corpo. No ángulo co muro lateral dereito hai un reloxo de sol. No adro consérvanse varios sarcófagos antropomorfos medievais e unha pía bautismal gótica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade do antigo panteón ario, que adquiriu no período védico novas connotacións, grazas ás que acabou por coincidir plenamente co principio creador por excelencia, denominado, segundo as pasaxes, o Primoxénito da Verdade (prathamajā ṛ tasya), o Impulsor (savirt ṛ ) e o Autor do Universo (viśvakarman).
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira de 320 km que forma parte das Montañas Rochosas e que se estende polos estados de Colorado e de Wyoming, onde nacen os ríos Colorado e South Platte. Entre os dez cumios de máis de 4.000 m sobresae o Mount Lincoln que acada os 4.358 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Comezou facendo anuncios publicitarios e logo dedicouse ao cine. Das súas películas destacan Bugsy Malone (1976), Midnight Express (1978), os musicais Fame (1980) e The Wall (1982); Birdy (1984), Come See the Paradise (1990), The Commitments (1991), Evita (1996), Angela’s Ashes (1999) e The Life of David Gale (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á enfermidade de Parkinson.
-
Que ou quen está afectado da enfermidade de Parkinson.
-
-
PERSOEIRO
Fotógrafo, escritor e realizador cinematográfico. Traballou para a Farm Security Administration (1942-1943). En Life (1949-1970) realizou reportaxes sobre a situación da poboación negra e traballou en publicidade para Vogue, cun estilo directo e realista que o converteu nun recoñecido fotoxornalista. Cofundador do Essence Magazine, explorou diversos campos artísticos, como a música ou o cine, e realizou filmes como The Learning Tree (1969), baseado no libro autobiográfico homónimo, e Shaft (1971). Publicou os libros Flash Photography (1947) e Voices in the Mirror (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Indicación feita nunha partitura para obter, por parte do cantante, un efecto semellante ao da recitación nunha determinada pasaxe.
-
Indicación con que se advirte que unha pasaxe determinada debe ser interpretada cunha gran liberdade rítmica e de fraseo, análoga ao recitativo vocal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao queixo italiano de pasta dura feito con leite de vaca e madurado lentamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francesco Mazzola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola literaria de orixe francesa que influíu fortemente nas diversas literaturas europeas durante a segunda metade do s XIX. O seu nome deriva do Parnasse contemporain, recueil de vers nouveaux, versos publicados en diversas ocasións (desde 1866 ata 1876), se ben a escola xa se constituíra ao redor da Revue fantaisiste (1861). Caracterizouse polo seu afastamento das fórmulas románticas de Musset e Lamartine e a declaración do seu ideal de impasibilidade, perturbado só pola obtención da beleza pura e absoluta. Relacionada en parte cos movementos neoclásico e romántico, procura nas fontes clásicas algúns aspectos como a arte pola arte. Os primeiros exemplos poden localizarse nas obras de Th. Gautier e Th. de Banville. A partir destes autores, a preocupación pola forma do verso callou nos poetas máis novos, que tiveron como representante máis destacado a Leconte de Lisle. A escola tivo como autores máis importantes a L. Ménard, L. Bouilhet, L. Dierx, C. Mendès e L. Xavier...
-
-
Relativo ou pertencente aos poetas ou á escola literaria parnasiana.
-
Poeta da escola parnasiana.
-
parnasianismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á parótide.
-
ENTRADA LARGA
Espazo natural protexido situado na costa atlántica galega, formado polos arquipélagos das Illas Cíes, de 2.658 ha marítimas e 433 ha terrestres; o arquipélago das illas Ons, de 2.171 ha marítimas e 470 ha terrestres; a illa de Sálvora, de 2.309 ha marítimas e 278 ha terrestres; e as illas de Cortegada, Malveiras e illas próximas, de 43,8 ha terrestres.
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de declaración e historia
O proceso que sufriron as illas ata chegar ata este estado de protección comenzou coa declaración do arquipélago das Illas Cíes como Parque Natural en 1980 e de zona especial para aves (ZEPA, 1999). En 1999 aprobouse mediante o Decreto 274/1999 o Plan de Ordenación dos Recuros Naturais (PORN) debido á necesidade de contar cun instrumento de planificación dos recursos naturais que permitira acadar os obxectivos preestablecidos en materia de conservación e harmonizase todos os intereses, tanto o uso sostible como o goce destes espazos naturais. A Comunidade Autónoma de Galicia incluíu... -
PERSOEIRO
Músico e compositor. Desde moi novo exerceu a docencia musical en Lugo, onde entrou en contacto co folclore galego. As súas composicións entraron no repertorio de moitas corais galegas. Das súas obras destacan diversas composicións para canto e piano e as cancións “Malpocadiño...!”, con letra do poeta Alfonso de Vega e premiada en Lugo en 1949; “Desafío”, sobre textos de Xosé Trapero Pardo e galardoada no Certame Rexional de Santiago de Compostela de 1977; “Consello”, con letra de C. Sanmartín; e “O Merlo”, a nana “Do colo ao berce” e “Canta laberca!”, tamén baseadas en versos de Alfonso de Vega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta chileno. De tendencia vangardista, utilizou nas súas obras unha linguaxe simple e directa cargada de ironía. Co paso dos anos adoptou unha liña que el mesmo cualificou de “antipoesía”. Da súa produción destacan Cancionero sin nombre (1937), Poemas y antipoemas (1954), Obra gruesa (1969, Premio Nacional de Literatura de Chile) e Coplas de Navidad (1983) e Poemas para combatir la calvicie (1993). Doutor honoris causa polas universidades de Brown (EE UU), Concepción (Chile) e Bío-Bío (Chile), recibiu o Premio Internacional Juan Rulfo (1991) e o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e artista chilena. Coñecida como Violeta Parra e de familia humilde, aos doce anos compuxo as súas primeiras melodías. Desde 1952 dedicouse a percorrer zonas rurais para recompilar e gravar música folclórica. Coas súas melodías, de profundo contido humano, conseguiu redescubrir aspectos da cultura popular e borrar algunhas das visións estereotipadas de América Latina. En 1954 viaxou por Europa, onde gravou diversos discos, nunha viaxe que repetiu en 1961, desta volta acompañada dos seus fillos e cos que ofreceu diversos recitais, entre outros, na UNESCO. Iniciada no mundo da pintura, especialmente o óleo, fundou e dirixiu o Museo de Arte Popular de Concepción e foi a primeira artista sudamericana en expoñer individualmente no Museé Des Arts Décoratifs Palais du Louvre (1964). Recibiu o Premio Caupolicán como mellor folclorista (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano de orixe galega. Marchou como evanxelizador a América Latina e foi comisario do convento de Guatemala e visitador da provincia de Yucatán. Estudou as tres linguas da zona, cakchiquel, quiché e tzutuhil, e para poder escribilas creou cinco novos caracteres, que posteriormente foron adoptados por Domingo Vico e Francisco Morán nos seus traballos. Escribiu o manuscrito Vocabulario trilingüe guatemalteco de los tres principales idiomas: cakchiquel, quiché e tzutuhil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘palleira’.
-
GALICIA
Historiador. Foi director do Teatro Nacional Universitario. Escribiu Historia de la ciudad de La Coruña (1985), El Ojo de Dios: historia y leyenda de la Torre de Hércules (1991) e A Galicia de alén mar: a aventura americana de 1600 a 1825 (1992). Recibiu o Oscar de Oro de la Comunicación ao mellor labor de divulgación histórica e o Premio Pérez Lugín (1991).
VER O DETALLE DO TERMO