"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Poeta. Licenciado en Historia da Arte, publicou numerosos estudos sobre pintores e artistas modernos e contemporáneos. A súa poesía evolucionou dun primitivo hermetismo a un posterior intimismo. Destacan as súas obras I giorni sensibili (1941), Per strade di bosco e di città (1954), L’apparenza non inganna (1966), Replay (1980), L’incertezza amorosa (1992), Ut pitura (1997) e Poesie (2000). Recibiu o premio de poesía Dino Campano 2001.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Especialista en restos mesopotámicos, realizou diversas escavacións en Tello, Larsa, Lagaš e Māri. Foi profesor na École du Louvre (1937) e xefe do departamento de antigüidades orientais do Musée du Louvre (1946). Das súas obras destacan Māri une ville perdue (1936), Archéologie mésopotamienne (1946-1953), Tello: vingt campagnes de fouilles (1948), Mission arquéologique de Māri (1956-1957), Sumer (1960), Assur (1961) e, en colaboración con M. H. Chehab e S. Moscati, Les phéniciens (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e liturxista checo. Foi relixioso agostiño en Klosterneuburg (1904) e divulgou o movemento litúrxico e bíblico. As súas obras foron traducidas a case todas as linguas.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Monforte de Lemos. Ten unha soa nave e ábsida rectangular. No interior destacan os arcos de medio punto e un retablo con imaxes do s XVIII. Mantén a portada orixinal románica con dúas arquivoltas; unha apoiada nunha xamba e a outra, nunha columna. A espadana é de dous corpos con dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación política francesa que naceu en 1920 a partir da escisión producida no congreso de Tours da Section Française de l’Internationale Ouvrière (SFIO). Entre 1934 e 1938 formou parte da Fronte Popular. Durante a ocupación nazi de Francia participou activamente na Resistencia, pero a partir de 1947 quedou novamente illado. En 1972 o XX congreso elixiu como secretario xeral a Georges Marchais, que sucedeu a Waldek Rochet e dirixiu o partido cara ao eurocomunismo, para volver despois á ortodoxia marxista--leninista. O triunfo do Parti Socialiste en 1981 deulle ao PCF catro ministerios no novo goberno de maioría socialista, colaboración que rematou en 1984. A desaparición dos réximes do leste entre 1989 e 1990 non pareceu afectarlle xa que no XXVII congreso (1990) se reformou na liña da ortodoxia comunista. A secretaría xeral ocúpaa Marie-George-Buffet. Posteriormente volveu ter ministros no goberno. Das súas publicacións destaca o diario parisiense L’Humanité.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen participa en algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política creada en xullo de 1976 aglutinando diversos núcleos andalucistas xurdidos en 1965 e que, en 1973, se estruturaron na Alianza Socialista de Andalucía (ASA). Partindo dun rexionalismo popular-proletario que asociaba a idea de autonomía, a de reforma agraria e o retorno da emigración, desembocou nun nacionalismo que responsabilizaba as zonas ricas de España do empobrecemento andaluz. Baixo a dirección de Alejandro Rojas Marcos, adoptou o nome de Partido Socialista de Andalucía (PSA) e foi membro da Federación de Partidos Socialistas. En 1984 cambiou o nome polo de Partido Andalucista, acentuou o seu carácter nacionalista e renunciou ao socialismo e ao marxismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política paraguaia fundada o 11 de setembro de 1887 co nome de Partido Nacional Republicano. De carácter conservador, tivo períodos de inestabilidade que remataron cun golpe de estado que levou ao xeneral Alfredo Stroessner (1954-1989) a presidir a república. Desde as eleccións de 1993 conserva a maioría no Parlamento de Paraguay e na presidencia da república.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político orixinado dunha primeira escisión do PSOE en 1920 e dunha segunda de 1921, de onde xurdiu o Partido Comunista Obrero Español (PCOE), que tivo na publicación Guerra social o seu voceiro e a A. García Quejido, M. Núñez de Arenas, Daniel Anguiano, Virginia González e F. Perezagua Pérez como dirixentes. Aquel mesmo ano a Terceira Internacional celebrou unha conferencia de fusión entre o PCE e o PCOE que deu lugar ao PCE. M. Primo de Rivera prohibiu o partido en 1923 e o PCE pasou unha época de clandestinidade que favoreceu a súa desarticulación. O III congreso houbo de reunirse en París (1929) pero o cambio máis importante produciuse no IV congreso (1932), cando asumiu a dirección José Díaz Ramos, Isidora Ibárruri Gómez (a Pasionaria), Vicente Uribe Galdeano, Pedro Checa e Antonio Mije García, entre outros, e consagrou a submisión do PCE á política de Stalin. A súa presenza no goberno republicano durante a Guerra Civil Española foi moi importante e posteriormente participou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político creado en abril de 1921 polos delegados non conformes cos resultados do congreso extraordinario do PSOE contrarios á afiliación dos socialistas á Terceira Internacional. En novembro de 1921 fundiuse co Partido Comunista Español para dar lugar ao Partido Comunista de España (PCE). A partir de 1970, o grupo prosoviético, escindido do PCE, adoptou o mesmo nome. En 1986 reingresou no PCE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político procedente, en 1967, dunha escisión esquerdista do Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC). Esta escisión deu lugar ao PCE (internacional) que, despois de sufrir a separación do sector máis radical (1971), se converteu en PTE (1975). Propugnaba unha Fronte Democrática para a ruptura co Franquismo. Promoveu a Confederación de Sindicatos Unitarios de Trabajadores (CSUT) e creou a Joven Guardia Roja. En 1977 absorbeu o Partido Comunista de Unificación. Dirixido por Eladio García Castro, fundiuse coa Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) no Partido de los Trabajadores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político chileno creado en 1957 con militantes que formaran parte do Partido Social Cristiano e de Falange Nacional, que dirixían Eduardo Frei Montalva, Manuel Antonio Garretón Walker e Bernardo Leighton Guzmán. Cunha certa rapidez acadou a maioría das cámaras lexislativas en 1965. Iniciou profundas reformas agrarias e educativas. Coa ditadura de Pinochet (1973) os seus dirixentes foron perseguidos e os seus bens confiscados, malia que un sector simpatizara inicialmente co golpe de estado. Ao se restablecer a democracia, foi o partido máis votado nas eleccións de 1988, 1993, 1997 e 2002 á fronte da coalición Concertación de los Partidos de la Democracia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político fundado en 1984 por membros do Movemento Humanista. Participou na formación de Izquierda Unida (IU) en 1986 e asumiu unha das súas vicepresidencias, pero abandonou esta formación nese mesmo ano. A súa presenza foi testemuñal ata 1997, que comezou a medrar electoralmente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política conservadora uruguaia fundada en 1836 por Manuel Oribe. Xurdiu como reacción ao Partido Colorado e contra o seu proxecto reformador, defendendo o medio rural. Acadou en diversas ocasións a presidencia da república, alternando no poder co Partido Colorado. O seu líder máis importante foi Luis Alberto de Herrera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político xurdido en 1971 como facción trotskista do Grupo Comunismo. En 1973 converteuse en Organización Trotskista e en agosto de 1974 constituíuse no PORE, que desde 1976 se considera a Sección Española da IV Internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo republicano creado en 1887 por Nicolás Salmerón Alonso, desconforme coa política de conspiracións militares imposta por M. Ruiz Zorrilla dentro do Partido Republicano Progresista. A actitude, inicialmente antifederal e centralista do partido, centrouse, sobre todo, en Madrid. Posteriormente, o ingreso do grupo na Solidaritat Catalana non evitou a súa desaparición coa morte de N. Salmerón (1908).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación política de ámbito español que se organizou tras a Revolución de Setembro de 1868. Quixo ser a concreción organizativa do federalismo e do republicanismo, pero tardou en converterse nun verdadeiro partido político e inicialmente foi só un movemento que se pretendeu fundamentar na teoría do pacto de F. Pi i Margall. O movemento axiña se dividiu en benévolos e intransixentes. Os primeiros tendían a supeditar o partido á representación parlamentaria. Os segundos inclinábanse máis aos pactos rexionais e á actuación na rúa ou á insurrección armada. Tras o Pacto de Tortosa de maio de 1869, Pi i Margall impuxo a sinatura dun pacto nacional (xuño de 1869) que non puido evitar a insurrección federal. Na Primeira Asemblea Federal estableceuse, para conseguir máis unidade e eficacia, un directorio de cinco membros residente en Madrid. Ademais, a división interna continuou a agravarse, feito que favoreceu a proclamación da Primeira República Española. Como resposta configurouse unha tendencia...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política creada por iniciativa do comité federal de Vigo na Asemblea Cantonal de Galicia de Santiago de Compostela (1873). No programa electoral defenderon a proclamación da república federal, a autonomía de Galicia, as reformas sociais, a redención dos foros e a problemática do ferrocarril, ademais de recoller as aspiracións dos sectores máis populares. O consello executivo, formado, entre outros membros, por Aureliano Xosé Pereira de la Riva, Ramón Pérez Costales e Segundo Moreno Barcia, presentou un Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galaico (1887). A aparición do rexionalismo conseguiu que perdese o apoio dun amplo sector do galeguismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político que Estanislau Figueras quixo crear a partir de 1880. Propugnou un federalismo xerarquizado sen aceptar a teoría do pacto contida en Las nacionalidades. A súa morte frustrou o intento e a maioría dos republicanos fieis a Figueras pasaron ao Partido Republicano Democrático Federal, reconstruído por Pi i Margall.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político republicano xurdido a partir do acordo entre Nicolás Salmerón Alonso e Manuel Ruiz Zorrilla no exilio en abril de 1880. Doutrinalmente, pretendía combinar un certo unitarismo, o republicanismo e o reformismo social radical de 1872. Pero o revolucionarismo conspiratorio de Ruiz Zorrilla e a política de intransixencia contra o réxime monárquico orixinaron unha serie de crises internas. O fracaso das conspiracións de 1883 e, sobre todo, a de 1886 (do brigadier Villacampa), determinaron a escisión de Salmerón, que pasou a constituír o Partido Republicano Centralista. O grupo ruiz-zorrillista, encabezado sobre todo por Esquerdo Zaragoza, tivo que aceptar o electoralismo e desbotar as conspiracións. Aínda así, non se puido evitar a disgregación que se produciu na asemblea de Madrid en marzo de 1895.