"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • CAPITAIS

    Capital do land de Renania-Palatinado, Alemaña, á beira esquerda do Rin (183.134 h [2000]). É un centro comercial e industrial, onde destaca a produción química e de maquinaria, as industrias do cemento, da madeira e do vidro. A antiga Magontiacum romana foi capital da Xermania Superior. Foi sé episcopal desde 747 e a cidade máis importante de Alemaña no s XIII, ademais de abandeirar a liga renana. En 1815 pasou a formar parte do ducado de Hessen-Darmstadt. Foi ocupada polos franceses desde 1918 a 1930. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral románica (ss XI-XIV) e a fonte do mercado (1525), considerada o mellor exemplo do Renacemento alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abrandamento anormal dos tecidos orgánicos.

    2. Alteración do gusto que consiste nun desexo morboso de alimentos excitantes ou ácidos e sen valor nutritivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Canmore (1031? - Alnwick, Northumberland 13.11.1093) Rei de Escocia (1057-1093), fillo de Duncan I. De nome Mac Duncan, foi acollido por Eduardo III o Confesor, cando asasinaron o seu pai e chegou ao trono despois da morte de Macbeth. Axudou a Edgar de Atheling na loita polo trono de Inglaterra contra Guillermo o Conquistador, pero este invadiu Escocia e obrigouno a asinar a paz. Morreu asasinado durante a invasión do Reino de Northumbria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de maldicir falando mal doutras persoas.

    2. Expresión coa que se maldí ou critica a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de maléfico.

    2. Hábito ou costume de causar mal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desexo ou intención de causar algún mal a alguén de palabra ou de obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mala intención con que se fai ou di algo.

    2. Actitude da persoa que sospeita ou pensa mal de algo ou alguén.

    3. Picardía ou agudeza para lograr algo.

    4. Falta de inxenuidade de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sospeitar algo.

    2. Perverter a alguén para que obre de maneira incorrecta.

    3. Interpretar de forma negativa algo.

    4. Sospeitar de algo ou alguén.

    5. Perverterse ou cambiar para mal unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado no val de Plasencia, que delimita ao S co río Tiétar (4.202 h [2001]). É un municipio esencialmente agrícola, onde destaca o cultivo de cereais, viña e oliveiras, así como os cultivos de regadío, a produción de tabaco e algodón, e a industria derivada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sentimento e actitude de aversión ou mala vontade cara a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que mana ou flúe.

    2. Lugar en que brota a auga.

    3. Orixe ou principio de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario convocado polo concello da Estrada a partir de 1989, que tivo a súa orixe no Premio Vila da Estrada, creado o ano anterior. Na súa III edición, deserta, convocáronse as xornadas “Manuel García Barros, encontros para un estudio”. Obtiveron este premio obras como Paisaxe con muller e barco (1989), de Manuel Forcadela, O corpo canso (1992), de Manoel Riveiro, As rulas de Bakunin (2000), de Antón Riveiro Coello, A historia escríbese de noite (2001), de Bieito Iglesias, Un nicho para Marilyn (2002), de Miguel Anxo Fernández,   A vida que nos mata (2003), de Xabier López López e Unha viaxe no Ford T (2004) de Xerardo Agrafoxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traballo de investigación realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega en colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia entre 1992 e 1996. Para a súa elaboración realizáronse un total de 38.897 entrevistas entre a poboación residente en Galicia de máis de 16 anos de idade. A enquisa constaba de 148 preguntas, algunha delas con subdivisións internas, polo que se obtiveron un total de 170 variables, como a competencia lingüística do galego, as actitudes e prexuízos lingüísticos ou os datos de identificación persoal do entrevistado. O traballo foi publicado pola Real Academia Galega en tres volumes (1994, 1995 e 1996) e nel recóllense datos significativos da situación sociolingüística de Galicia. En xeral, o estudo amosa que os galegos teñen unhas actitudes positivas cara ao galego, especialmente entre os máis novos e os galegofalantes. O galego é a lingua maioritaria do país, malia observarse unha liña de descenso constante no seu uso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • marchantiáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en Ourense en 1942 para continuar co traballo que Marcelo Macías García desenvolvía a prol do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Entre os seus obxectivos está o fomento do Museo e Arquivo Provincial de Ourense, a xestión dos fondos económicos de ambos os dous centros, e o estudio, investigación e difusión do patrimonio cultural, sobre todo no campo da antropoloxía, a arqueoloxía, a arte, a historia e a bibliografía. O seu primeiro director, Xesús Ferro Couselo, contou con colaboradores como Florentino López Alonso-Cuevillas, Vicente Martínez-Risco, Xoaquín Lorenzo Fernández e Carlos Vázquez Varela. Publicou o Boletín Auriense entre 1943 e 1953 e os seus anexos, a serie Guías do Patrimonio Cultural e numerosas obras, entre as que destaca Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova (1991). En 1983 recibiu o Premio Otero Pedrayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de marcescente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia romana que tivo diversas ramas patricias e plebeas. Entre os seus membros destacaron Quinto Marcio Rex, pretor (144 a C) e construtor do acueduto que levaba a acqua Marcia a Roma; Caio Marcio Rutilio, cónsul en diversas ocasións, primeiro ditador da plebe (356 a C) e censor (351 a C); e Lucio Marcio Sétimo, xefe das forzas en Hispania trala derrota e morte dos Escipións (212 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á guerra, á milicia ou aos militares.

    2. Que imita as maneiras militares no seu comportamento e na súa actitude.

    3. Que se move con aire decidido e firme.

    4. Aplícase á preparación farmacéutica feita a base de ferro.

    5. artes marciais.

    6. Tribunal militar excepcional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que deriva do latín martiale, adxectivo que deriva de Marte ‘deus Marte’, de aí o significado ‘guerreiro, marcial, semellante ao deus Marte’. A súa festividade celébrase o 30 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir, fillo do centurión san Marcelo. Foi martirizado xunto cos seus irmáns Fausto e Xauriano. A súa festividade celébrase o 30 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO