"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Museo situado en Sargadelos (Cervo) no lugar onde se mantivo en funcionamento ata 1875 a Real Fábrica de Fundición e Louza. Pertence ao Consello Galego de Museos. Creado en 1987, conserva os altos fornos, a presa, o pazo, o paseo dos namorados e a casa da administración. Móstranse pezas de cerámica decoradas á man e estampadas, pezas de fundición e moldes orixinais da antiga fábrica de cerámica. O conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural en 1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo etnográfico situado en Vigo, fundado en 2001 por iniciativa da Fundación Liste. Os fondos iniciais foron achegados por Olimpio Liste Regueiro e a súa muller, procedentes do seu patrimonio persoal. Instalado nunha vivenda unifamiliar de mediados do s XX, propiedade do Concello de Vigo, o seu obxectivo é dar a coñecer e difundir o patrimonio etnográfico galego. O contido sitúase en nove salas de exposición permanente, dedicadas á cultura do centeo, á roda tradicional, á simboloxía dos oficios, ao peche, aos tecidos, á madeira escavada, á luz, á materialidade da fe, e á arte de curar. Conta cunha biblioteca especializada en temática antropolóxica, con especial atención á antropoloxía xeral de Galicia, e ten un servizo de publicacións. Pertence ao Consello Galego de Museos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en Bueu pola industria conserveira Massó en 1928. Adquirido posteriormente pola Xunta de Galicia, foi reinaugurado en 2002. A orixe dos seus fondos son a colección de libros antigos, cartas mariñas, mapas, instrumentos naúticos e diversos obxectos relacionados co mar e coa industria conserveira creada pola familia desde comezos do s XX. Das embarcacións que mostra destaca o bote polbeiro de Bueu, practicamente desaparecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo militar situado no antigo solar do convento de San Francisco na Coruña. A súa orixe atópase na colección reunida pola Maestranza de Artillería no s XIX, enriquecida con novas adquisicións tras a Guerra Civil Española (1936-1939). A súa colección componse de armas de fogo de todo tipo e nacionalidade, así como de bandeiras, lembranzas e instrumentos dos corpos galegos, desaparecidos coa reorganización do exército na década de 1980. En 1988 o exército concedeulle a categoría de museo rexional e en 1991, coa desaparición do Parque de Artillería, reorganizouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Viladonga (Castro de Rei), fundado polo Ministerio de Cultura en 1983 e aberto ao público en 1986. A súa xestión transferiuse á Xunta de Galicia en 1989. Pertence ao Consello Galego de Museos. Creouse para a acoller e expoñer os restos procedentes do xacemento castrexo e galaico-romano de Viladonga. Ademais da exposición permanente, que amosa aspectos relacionados co hábitat natural e cultura material, realiza diversas actividades complementarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo municipal situado en Ferrol. Ademais das obras do ferrolán Filipe Bello Piñeiro, os seus fondos mostran obras doutros artistas galegos ademais de fotografías antigas e gravados sobre a historia da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade municipal situado en Ourense. Inaugurado en 1987, atópase na casa dos Méndez Montoto do s XVI. Dedica as súas tres salas á exposición de obras fundamentalmente pitóricas. Organiza tamén exposicións temporais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo municipal situado no antigo edificio das Escola Graduadas de Ponteareas, sede do Centro Cultural Isidoro Bugallal. Pertence ao Consello Galego de Museos. Os seus fondos están dedicados á historia de Ponteareas e da súa comarca. Dedica tamén un espazo á festa do Corpus Christi e á lembranza de Gabino Bugallal Araújo e Fermín Bouza Brey, ademais de mostrar unha coleccción de obras de artistas locais. Desde 1998 conta co Centro de Recuperación de Cultura Popular, dedicado á recuperación do patrimonio cultural popular e instalado, desde 2001, no castelo de Sobroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade municipal situado no antigo convento de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Inaugurado en 1963, a súa colección acolle restos arqueolóxicos, obxectos e roupa litúrxica, mobiliario e pinturas e esculturas galegas, doadas, na maioría dos casos, polas familias dos seus autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade municipal situado en Marín e inaugurado en 1992, a partir da doazón realizada polo artista Manuel Torres. A súa colección abarca desde a pintura de paisaxes, bodegóns ou retratos, ata debuxos, gravados, tinta ou esculturas. Organiza tamén exposicións temporais e diversos actos culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo municipal de Vigo situado no pazo de Castrelos e inaugurado en 1937. A súa colección abrangue achados arqueolóxicos que van do Paleolítico ata a romanización, mobiliario e decoracion da época de construción do edificio, unha exposición permanente de pintura europea dos ss XVII-XVIII doada por Policarpo Sanz e unha importante mostra plástica de autores galegos do s XX, como Castelao, Colmeiro, Silveiro Rivas, Acisclo Manzano, Laxeiro e Urbano Lugrís. Ademais, conta cunha sala dedicada ao castro de Vigo e outra sobre a romanización da comarca. Pertence ao Consello Galego de Museos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade municipal situado en Lalín. Dedicado ao sacerdote e astrónomo Ramón María Aller Ulloa, os seus fondos están formados polo conxunto dos seus documentos, fotografías, instrumentos e libros. Acolle tamén unha colección de obras de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro. Organiza a Bienal Laxeiro, exposicións temporais e outras actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [MNCARS] Museo e centro de exposicións situado no antigo hospital de San Carlos de Madrid. É un organismo autónomo dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Naceu co propósito de converterse nun gran museo de arte do s XX. Conta cunha colección estable formada polas obras que recibiu do Museo Español de Arte Contemporáneo, representativas da arte española da primeira metade do s XX. A elas sumouse o Guernica, os estudos de Picasso e os legados de Dalí e Miró. Ademais da colección permanente, organiza exposicións temporais e outras actividades. Como espazos complementarios, conta co Palacio de Cristal e o Palacio de Velázquez, no Parque del Retiro. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal, creado en 1993 a partir da fusión do Museo Etnológico Nacional e o Museo del Pueblo Español. Organízase en dúas seccións: a Alfonso XII, dedicada a coleccionar diferentes mostras da cultura material dos pobos de África, América, Asia, Europa e Oceanía; e a Juan de Herrera, dedicada a exposicións temporais e á celebración de congresos. Anualmente edita unha revista científica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal inaugurado, xunto co Centro Nacional de Investigaciones Arqueolóxicas Submarinas, en Cartagena (1982). Mostra o patrimonio arqueolóxico subacuático, así como a importancia da historia marítima na Antigüidade. Destaca a súa colección de ánforas e as reproducións de embarcacións e materiais que testemuñan o tráfico marítimo antigo, así como os relacionados coa metalurxia do chumbo e da prata. O seu ámbito temporal esténdese desde a época fenicia ata o s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal inaugurado en 1986, situado en Mérida nun edificio anexo ao teatro e ao anfiteatro romanos. Os seus fondos están formados por vestixios romanos que proveñen do xacemento arqueolóxico de Emerita Augusta e constribúen á divulgación do importante significado que a romanización tivo para a cultura e a arte de España. Nas dependencias da igrexa de Santa Clara atópase o Museo de Arte Visigoda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal fundado en 1912 como Museo Nacional de Artes Industriales. A súa colección está composta por pezas españolas e estranxeiras, das que destacan a porcelana chinesa, os vidros romanos e visigodos, os téxtiles coptos, as alfombras españolas e o mobiliario e as xoias. Adquirido polo Estado en 1941, foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal situado no palacio de Dos Aguas en València, inaugurado en 1954. Os seus fondos iniciais constituíunos a colección de cerámica doada por Manuel González Martí e Amelia Cuñat. Posteriormente ampliouse aos campos da cerámica, indumentaria, pintura, escultura, moble e artes gráficas, e acadou o seu nome actual (1969). Foi declarado Ben de Interese Cultural en1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Madrid fundado en 1980. Naceu co obxectivo de constituír unha colección de instrumentos e material científico sobre a que o novo centro puidera levar a cabo o seu labor de conservación e divulgación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal situado no antigo colexio de San Gregorio e noutros edificios próximos, en Valladolid. O núcleo primitivo das súas coleccións procedía das desamortizacións levadas a cabo nos conventos de Valladolid e proximidades, ás que se engadiron posteriormente adquisicións estatais, co fin de completar unha visión global da escultura española con todos os seus matices. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO