"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • Xénero de aves, da orde dos paserifomes, ao que pertence a azulenta, tamén coñecida como paxara parda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das lamiáceas, coas follas simples, xeralmente ovais e festonadas, e as flores violetas en espigas terminais densas. En Galicia a especie máis común é a herba do ferro ou das feridas (P. vulgaris).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia dos coprináceos, da orde dos agaricais, con sombreiro pequeno de cor parda, con láminas delgadas e pé fibroso. Atópanse sobre restos de madeira, entre primavera e verán. En Galicia atópase a especie P. prona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao NL de Morón de la Frontera e regado polo río Corbones (10.518 h [2001]). É un centro agrícola e gandeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Traballou como xornalista e na súa obra evolucionou desde a preocupación polo perspectivismo ata a recuperación dun realismo clásico. É autora dos libros Una enfermedad moral (1983) e das novelas El bandido doblemente armado (1979, Premio Sésamo), Burdeos (1986), Queda la noche (1989, Premio Planeta), Días del Arenal (1992), La vida oculta (1993, Premio Anagrama de Ensayo), Gente que vino a mi boda (1998) e Con mi madre (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado ao N de Sierra Morena (48.086 h [2001]). A súa economía baséase na industria da extracción de carbón, e nos xacementos petrolíferos, cun oleoduto que chega ata Málaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Palabras que se dirixen a alguén para criticalo ou como burla.

    2. Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘fonte’.

    3. Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘deus’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situada no NL da illa da Palma (2.337 h [2001]). Destaca na súa economía a agricultura, a pesca e o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de encaixe moi fino, polo xeral formando picos ou ondas, que se emprega para adornar lenzaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político, conde de Toreno, fillo de José María Queipo de Llano y Ruiz de Saraiva. Fundou o diario antirrepublicano El Tiempo e, coa Restauración, foi alcalde de Madrid (1874). Foi ministro de Fomento (1875-1879), de Estado (1879-1880), presidente do Congreso de los Diputados (1880 e 1884) e gobernador civil de Madrid (1884). Presidiu a Sociedad Geográfica e foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Toreno e grande de España (1838). Participou no alzamento asturiano contra os franceses (1808) e foi deputado nas Cortes de Cádiz. Liberal, houbo de exiliarse (1814-1820). Foi ministro de Facenda (1834-1835), de Estado e presidente do Consello de Ministros (1835), deputado (1837) e senador (1840). Escribiu Historia del levantamiento, guerra y revolución en España (1832). Foi membro da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Oficial de cabalaría, rebelouse o 15 de decembro de 1930 en Cuatro Vientos, e exiliouse ata abril de 1931. Rehabilitado pola Segunda República, foi capitán xeneral de Madrid e xefe do Cuarto Militar do presidente, e conservou a súa fidelidade á república ata o cese de Alcalá Zamora. Inspector dos carabineiros, apoiou desde Sevilla a sublevación militar de 1936 e dirixiu o Exército do Sur. Despois de 1939, discrepou co xeneral Franco e morreu marxinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de orixe protexida creada pola Orde de 18 de xuño de 1993 da Consellería de Agricultura Gandería e Montes. A produción do leite e a elaboración do queixo abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Emprégase o leite de vaca que procede do gando de raza frisona, pardo alpina e rubia galega. Destaca pola súa forma cónica que semella un peito e que lle dá nome. Presenta unha codia branda, con gretas, de cor amarelada ou abrancazada e a súa pasta é branda, con abundantes fendas. O seu sabor é lixeiramente ácido e salgado e só posúe entre o 25% e o 45% de materia graxa, o que o converte no menos graxo dos queixos galegos. É un queixo fresco, cun período de maduración mínimo de sete días.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rúa estreita ou curta que non está entre as principais dunha poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Canle para conducir a auga.

    2. Canle de madeira dos muíños, pola que cae o gran desde a moega ata o ollo da moa.

    3. al ou camiño estreito e fondo que se utiliza como paso entre montañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe condritio, de preto de 3,5 m, co corpo alongado e fusiforme, ollos pequenos e redondos, sen membrana nictitante e cunha crista dérmica delgada nos lados do pedúnculo caudal. Ten dúas aletas dorsais, a primeira máis do dobre de grande ca a segunda, e as peitorais moi longas e estreitas en forma de gadaña. Carece de liña dorsal e na base do pedúnculo caudal amosa unhas quillas pouco marcadas. Ten dentes triangulares e serrados ao longo das arestas, nas dúas mandíbulas. Amosa unha cor azulada intensa, máis escura no dorso e algo máis pálida nos costados, e clara na rexión ventral. Localízanse tanto en alta mar como preto das costas, ás veces en grandes cantidades. De hábitos nocturnos, aliméntase principalmente de pequenas presas, como peixes óseos e luras.

    2. tiburón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto musical galego aparecido en 1984. Contou con músicos procedentes doutras formacións, especialmente de Fuxan os Ventos, cun gusto común pola música galega con incorporacións vocais. Musicaron moitos poemas de autores galegos como Manuel María, Celso E. Ferreiro ou Darío X. Cabana. Tamén puxeron música a vídeos documentais da produtora Ophiusa, como A historia da lingua galega, 70 anos de nacionalismo ou Luís Pimentel. Dos seus discos destacan Os tempos inda non, non son chegados (1986), Máis alá da néboa (1990), A casa que nunca tivemos (1996), Namórate da vida (1999) e Silencios na memoria (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano, fillo do escultor e ourive Pietro d’Angelo. De nome Pietro di Piero d’Angelo di Guarnieri, tomou o seu nome de Quercia Grossa, lugar de orixe da súa familia. Participou no concurso para realizar as portas do baptisterio de Florencia (1401). Das súas primeiras obras, fieis aos canons góticos, destaca o sepulcro de Ilaria del Carretto (1406?) na catedral de Luca, e Il Giudizio di Salomone (1408) para o Palazzo Ducale de Venecia. O seu estilo evolucionou cara ás pautas renacentistas nos relevos da Fonte Gaia (1414-1419) e nos da pía do baptisterio da catedral de Siena, onde traballou con Donatello e Ghiberti (1417-1431). En 1425 comezou os relevos da portada de San Petronio, en Boloña.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza lonxitudinal metálica ou de madeira que se dispón de proa a popa, na parte inferior do casco, prolongando a proa pola roda e a popa polo codaste, e que pode ser considerada a base de toda a estrutura da embarcación e o seu eixe lonxitudinal.

      2. quilla de abaneo

        aleta estabilizadora.

    1. Liña, lámina ou estrutura sobresaínte, xeralmente aguda, semellante á quilla dun barco. Aplícase especialmente á parte sobresaínte do esterno das aves.

    2. Conxunto dos dous pétalos inferiores dunha corola papilonácea.

    VER O DETALLE DO TERMO