"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
PERSOEIRO
Conde de Tui e do Deza. Repoboador da zona inferior do Miño. Participou no achegamento entre a nobreza galega e os reis de Asturias e León.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coa súa obra tentou aproximarse á realidade cotiá. Destacan os seus poemarios L’ombra dello sposo (A sombra do esposo, 1866) e In primavera (En primavera, 1867). Traduciu o Don Xoán de Byron.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Comezou na compañía de sir Guillermo Davenant. Introduciu diversas innovacións escénicas a imitación da técnica teatral francesa e destacou polas súas interpretacións de Shakespeare. Viaxou a Francia para coñecer a obra de Molière.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor, coñecido polo nome de Donatello. Formouse nos obradoiros de Ghiberti, colaborando con el nas portas do baptisterio de San Giovanni, para despois traballar na Catedral de Florencia con Nanni di Banco. Viaxou a Roma con Filippo Brunelleschi (1402-1404?) para coñecer os modelos da Antigüidade. Desta viaxe naceron as estatuas de San Marcos, San Xurxo, San Xoán Evanxelista ou Xosué. Entre 1425 e 1443 acadou o seu período de madurez, traballando nesta época co arquitecto Michelozzo, xuntos realizan o monumento a Bartolomeo Aragazzi. Entre 1430 e 1433 pasou diversas temporadas en Roma, alí esculpiría para a sancristía de san Pedro do Vaticano os relevos da Adoración dos anxos e o Enterro de Cristo. Ao seu regreso a Florencia realizou a Cantoria. A obra máis salientable deste período é o David, realizado en bronce, e que abre o camiño da escultura renacentista. Co paso do tempo as obras de Donatello foron afastándose do Clasicismo, acadando un maior realismo; é o caso do Gattamelata,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano, coñecido polo nome de il Pinturichio. Traballou con Perugino na capela Sixtina (1481-1483). Realizou os frescos de Santa María in Aracoeli de Roma (1485) e no Vaticano decorou os apartamentos Borgia (1492-1494), hoxe Biblioteca. En Siena pintou os frescos da Biblioteca Piccolomini da catedral. Entre os seus lenzos destaca A Coroación da Virxe, Historia de Xosé, Virxe na gloria e o Cristo coa cruz ás costas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Desenvolveu a súa actividade profesional en España e Italia. Foi colaborador de distintos medios de comunicación, entre eles varios do eido gastronómico (Club de Gourmets, Vino y Gastronomía, Sibaritas, etc), e director das revistas Muy Personal e Extrísimo. Participa desde 1981, con Máximo Fernández Casal, no espazo de radio El Piripao, e desde 1987, codirixe o xornal sectorial de hostalería do mesmo nome. É autor dos libros El Vino de Jerez, Los Cavas de Cataluña e Cocina Regional Española, así como dunha guía gastronómica anual. Tamén é autor de dous libros de Historia acerca do fascismo italiano:...Y Dios creó el fascismo e El Fascismo triunfante: La marcha sobre Roma. É membro da Academia Española de Gastronomía e Premio Nacional de Gastronomía 1982.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
miñato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Mondoñedo. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Bouxato, Bouxarelo, Buxato e Buxarelo. As súas armas levan, en campo de azul, un bexato ou miñato.
-
-
Relativo ou pertencente ás bexiatoáceas.
-
Bacteria da familia das bexiatoáceas.
-
Familia de bacterias da orde das bexiatoais formada por organismos microaerófilos que oxidan o ácido sulfhídrico, como as do xénero Beggiatoa. Viven preto das fontes sulfurosas e na superficie dos lodos negros.
-
-
-
Bacteria da orde das bexiatoais.
-
Orde de bacterias estruturalmente idénticas ás cianofíceas, pero carentes de pigmentos. Viven xeralmente no solo e en augas con materia orgánica en descomposición, que oxidan ademais no ácido sulfhídrico. A esta orde pertence a familia das bexiatoáceas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicación ou applet escrita en linguaxe Java, que permite incluír nun espazo dunha páxina web varias imaxes correspondentes ao fondo, imaxe normal, punteiro do rato, rato pulsado e dirección URL, que se irán amosando conforme as instrucións achegadas.
-
PERSOEIRO
Política paquistaní. Educada en Oxford e Harvard, xunto á súa nai Nusrat, proseguiu a tarefa do seu pai Zulfikar Ali Bhutto á fronte do Partido Popular do Paquistán. Arrestada entre 1977 e 1984 polo réxime de Zia Ul-Haq, á caída deste converteuse en primeira ministra nas eleccións de 1988. Destituída no 1990 por un golpe de estado, pasou a encabezar a oposición á coalición de partidos islámicos no goberno. Ocupou novamente o cargo de primeira ministra dende 1993 ata 1996.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político paquistaní formado nas universidades de Inglaterra e EEUU. En 1957 foi nomeado embaixador do seu país na ONU. Coa chegada ao poder de Ayyūb Khān (1958-1966), ocupou en 1958 o ministerio de Comercio e en 1963 o de Asuntos Exteriores. Dimitiu en 1966 pasando á oposición desde o Partido Popular de Paquistán, fundado por el mesmo en 1967. Tralo golpe de estado de Yahya Khān (1969), este nomeouno primeiro ministro e ministro de Asuntos Exteriores en 1971 ata a caída do goberno militar en que pasou a asumir o poder ocupando os cargos de Presidente e primeiro ministro (1971-1973). Exerceu un goberno autoritario, de dureza contra os movementos sociais, evolucionando cara ao conservadurismo. Deposto polo exército tralo golpe de estado de 1977, posteriormente foi executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto asinado no campamento de Biac-na-Bató, na illa de Luzón (Filipinas) no 1897, entre o capitán xeneral Fernando Primo de Rivera e o xefe dos independentistas filipinos Emilio Aguinaldo. En virtude deste acordo os insurrectos acataban a soberanía española, eran liberados algúns prisioneiros españois e concedíase unha amnistía xeral.
-
CAPITAIS
Capital do voivodato de Bialystok, Polonia, á beira do río Biala, na rexión histórica de Podlaquia (277.800 h [1996]). Fundada no 1310, no ano 1795 a cidade, antiga capital de Podlaquia, foi atribuída a Prusia e, pola Paz de Tilsit, a Rusia. Entregada a Polonia no 1918, pasou ao dominio soviético no 1939 e non retornou a Polonia ata o final da Segunda Guerra Mundial, na que sufriu unha importante destrución.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
oivodato de Polonia (10.055 km2; 701.700 h [estim 1998]). A capital é Balystok. Ten carácter agroindustrial.
-
PERSOEIRO
Escritor arxentino nacionalizado en Francia. É autor de obras de temática fantástica; entre elas destacan Los desiertos dorados (1967), Ritual (1973), Detrás del rostro que nos mira (1977), El amor no es amado (1983), etc. Obtivo o Premio Fémina (1985) coa súa primeira novela Sans la miséricorde de Christ (Sen a misericordia de Cristo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que, víctima dun impulso neurótico persistente, rouba libros sen ningunha motivación de orde económica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública do estado do Vaticano, herdeira da primitiva biblioteca papal. Iniciada propiamente despois da Cisma de Aviñón, cara ao 1376, a actual biblioteca fundada polo pontífice Sixto IV coa bula Ad decorem militantis Ecclesiae (15.6.1475) deriva, así mesmo, das primeiras recoleccións feitas por Nicolao V (1447-1475). Actualmente, malia a separación do Arquivo Secreto Vaticano da biblioteca, acontecida durante o pontificado de Paulo V, os manuscritos superan os 70.000, os incunables os 8.000 e os volumes impresos o 1.800.000. Durante o pontidicado de Pío XII (1939-1958) entraron varias coleccións de manuscritos como o Arquivo do Capitolio de san Pedro e o fondo musical da Capella Gioulia, a carón da Capela Sixtina. Na fin do pontificado de Pío XII e durante os de Xoán XXIII (1958-1963) e de Paulo VI (1963-1978) adquiríronse novas coleccións de mauscritos e códices. No que atinxe á tradición manuscrita da lírica galego-potuguesa o cancioneiro do códice de pergamiños Vat....