"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal con sede en Madrid. Fundado en 1877 por Antonio Cánovas del Castillo, con fins didácticos, para o ensino da arte, a súa colección reúne obras escultóricas que abarcan desde a Antigüidade ata o s XIX, moitas delas copias conseguidas pola técnica do baleirado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal situado no Paseo del Prado de Madrid. Instalouse no edificio Villanueva, construído en tempos de Carlos III por Juan de Villanueva. A súa fundación correspondeu a Fernando VII, quen achegou obras das coleccións reais que, tras o seu falecemento, se vincularon á Coroa española. Abriu ao público por primeira vez o 19 de novembro de 1819, como Real Museo de Pintura y Escultura. Dependeu da Casa Real ata 1868, ano en que se nacionalizou e se modificou o seu nome polo de Museo Nacional del Prado. En 1872 incorporou as obras do Museo de la Trinidad. Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) foi pechado e as súas obras máis importantes trasladáronse a València e Xenebra. A incorporación de novas obras motivou a anexión do Casón del Buen Retiro (1971) e do Palacio de Villahermosa (1985-1989). Considerado como unha das mellores pinacotecas do mundo, ten coleccións dos reis das casas de Austria e de Borbón e enriqueceuse con traslados, doazóns,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal situado en Santillana del Mar (Cantabria). A súa primeira apertura tivo lugar en 1979, co obxecto de coordinar os estudos da Dirección General de Patrimonio Artístico. En 2001 construíuse unha nova instalación e reabriuse. A súa creación respondeu ao interese pola conservación, investigación e difusión da Cueva de Altamira e da Prehistoria en xeral. Articúlase en dúas grandes áreas: a reconstrución en tamaño orixinal da Cueva de Altamira, e varias salas de exposicións cos restos atopados no interior da cova e en que se recrean os tempos de Altamira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo numismático inaugurado en 1996 no salón de Cultura do Concello de Lobios. A súa colección, composta por máis de 300 pezas arqueolóxicas e numismáticas, pertencen integramente á colección privada de Jaime Paz Bernardo. Na mesma sala da exposición tamén se expoñen un gran número de cadros baixo o tema “Lobios y sus pueblos”.
-
PERSOEIRO
Poeta mítico, profeta e sacerdote grego. Considerado fillo e discípulo de Orfeo e relacionado cos misterios de Eleusis, atribúeselle a invención do hexámetro e da poesía didascálico-cosmogónica. Foi o autor do poema Hero e Leandro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo parroquial situado nas dependencias da igrexa parroquial de San Martiño de Mondoñedo (Foz), inaugurado en 1977. Os seus fondos están compostos por obxectos e roupas litúrxicas, imaxes e moedas anteriormente gardadas na igrexa e na casa reitoral. Destaca un báculo do s XI e un anel de ouro do s VII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo dependente da Dirección General de Instrución Pública creado por decreto de 6 de maio de 1882. Concibido como un instituto pedagóxico para a orientación e a formación dos mestres, foi o seu primeiro director Manuel Bartolomé Cossío. Destacou como servizo técnico de intercambio documental e de estudo dos sistemas educativos máis avanzados de Europa. A través das súas publicacións, os profesionais da educación coñeceron as orientacións pedagóxicas internacionais, feito que contribuíu á modernización do sistema educativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1926 na Coruña, con Francisco Vales Villamarín como principal impulsor. Os seus obxectivos era a exposición de material didáctico e libros pedagóxicos, a recollida e exposición de producións pedagóxicas galegas e o subministro de material pedagóxico moderno ás escolas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro creado polo decreto 268/2000 de 2 de novembro a proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Con esta iniciativa retomouse a idea do Museo Pedagógico Regional creado en 1926. A súa finalidade é promover e desenvolver a recuperación, salvagarda, estudo, mostra e difusión do legado pedagóxico de Galicia, con especial atención ás realizacións educativas en lingua galega e ás referentes ao ensino da lingua e da cultura galegas. Entre as súas funcións están a de programar e realizar exposicións relacionadas cos distintos ámbitos educativos e a de colaborar na formación e actualización dos profesionais da educación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo monográfico dedicado á obra de Pablo Picasso, inaugurado en Barcelona en 1963. Aloxado no palacio Aguilar, foi ampliado coas anexións do palacio do Baró de Castellet (1970) e o palacio Meca (1986). Os seus fondos correspóndense coa doazón que Jaume Sabartés, amigo e secretario de Picasso, lle fixera á cidade. Constan de pinturas, debuxos, gravados e litografías orixinais, libros ilustrados, carteis, cerámicas, escultura e obxectos diversos. Destaca especialmente a serie Las Meninas. Ademais da colección permantente, organiza exposicións temporais arredor da figura de Picasso e dos seus contemporáneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no Palacio de Buenavista en Málaga, inaugurado en 2003. Acolle unha colección permanente composta por pinturas, esculturas, cerámicas, debuxos e gravados doados na súa maioría por Bernard e Christine Ruiz Picasso, que abranguen desde a etapa de formación ata os últimos anos do pintor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo provincial situado na Coruña. Estivo instalado nun edificio neoclásico de Pedro Cermeño da rúa Panadeiras e en 1995 trasladouse ao antigo convento das Capuchinas, nun edificio rehabilitado por Manuel Gallego Jorreto do que se conservou a fachada. Pertence ao Consello Galego de Museos. A base dos seus fondos constituíuse con obras que procedían do Museo del Prado, ás que se agregaron outras procedentes de diversas institucións públicas e privadas. Acolle coleccións de pintura, escultura, gravado e cerámica dos ss XVIII-XX e ten unha sección de libros antigos e autógrafos. Conta tamén cunha sala dedicada á arte galega, salas de exposicións temporais e o foro, espazo de recepción onde se mostra a escultura galega contemporánea. Foi declarado Ben de Interese Cultural en1962.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo creado pola Deputación Provincial de Lugo en 1932. Instalado nunha das ás do palacio provincial de San Marcos, en 1957 trasladouse ao antigo convento de San Francisco, ocupando o claustro, o refectorio e a cociña, e un edificio de nova planta creado por Manuel Gómez Román, posteriormente ampliado. A antiga igrexa conventual converteuse na parroquial de San Pedro de Lugo. Conta cunha importante colección de arte sacra, ourivaría, obxectos e artesanía tradicional, así como seccións monográficas dedicadas á prehistoria, arqueoloxía, belas artes, etnografía e ás artes suntuarias lucenses. Pertence ao Consello Galego de Museos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en 1927 pola Deputación Provincial de Pontevedra e aberto ao público en 1929. Instalado inicialmente no pazo Castro Monteagudo, posteriormente pasou a ocupar outros catro edificios: o García Flórez (s XVIII), o Sarmiento (s XVIII), o Fernández López e as ruínas de San Domingos (ss XIV-XV). A súa colección acolle restos arqueolóxicos paleolíticos, megalíticos, castrexos e romanos, obxectos navais, ourivaría, gravados, acibeches, pinturas, esculturas, louzas e olaría popular galega. Posúe ademais unha biblioteca especializada. Pertence ao Consello Galego de Museos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en1962.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no concello de Cervo que pretende reflectir a vida da Mariña Lucense. Foi inaugurado en 1969 grazas ao interese de Francisco Rivera Casás por recoller e coleccionar obxectos relacionados co mar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal que creou en Madrid Benigno de la Vega-Inclán Flaquer, inaugurado en 1924. En 1931 foi incorporado ao Estado e desde 1968 foi integrado no Patronato Nacional de Museos. A súa colección abarca desde artes decorativas e mobiliario, ata pintura romántica, dos ss XVIII-XIX. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal inaugurado en 1971 en Toledo, coa intención de reunir os testemuños da cultura xudía que puidesen permanecer dispersos por España. A súa colección divídese en dous grupos, que separan as pezas anteriores e posteriores á expulsión xudía de 1492.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal inaugurado en 1932 en Madrid, a partir da doazón realizada por Clotilde García del Castillo de obxectos persoais e obras do seu marido, Joaquín Sorolla. O primeiro director do museo, fillo do pintor, incrementou os fondos cunha nova doazón (1941) e, desde 1982, o Estado foi o encargado de realizar novas adquisicións para completar a colección. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Melide. Membro do Consello Galego de Museos, en 1998 adquiriuse, por subscrición popular, o antigo hospital Sancti Spiritus para converterlo na súa sede. Consta dunha sección arqueolóxica, con pezas castrexas procedentes dos castros da comarca e romanas, orixinarias da vila de Piñeiro, ademais de mapas e debuxos do patrimonio, e doutra etnográfica, con apeiros de labranza e útiles tradicionais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Madrid destinado a acoller a colección de arte da familia Thyssen-Bornemisza. A colección de case 800 pezas, foi inicialmente prestada por Hans Heinrich Thyssen-Bornemisza e a súa muller Carmen Cervera ao Estado, que a cambio cedeu o edificio que se converteu na súa sede: o palacio de Villahermosa, (Ben de Interese Cultural, 1993). Para a xestión e conservación da colección creouse a Fundación Thyssen-Bornemisza. O edificio foi remodelado por R. Moneo en 1993, cando a colección foi adquirida polo Estado. En 2004, tras unha nova cesión temporal de 220 obras da colección privada de Carmen Cervera, o edificio tivo que ampliarse. Concibida esta reforma como unha prolongación natural do museo, acomodouse á planta regular de R. Moneo e desenvolveuse na superficie ocupada por dous edificios anexos. O novo espazo conta con dezaseis salas de exposición, dúas de exposición temporais e varias de restauración. A nova colección foi unha continuación da anterior, facendo da paisaxe o...