"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Prehistoriador e arqueólogo. Colaborador do Museo Provincial de Pontevedra desde 1972, foi inspector provincial de arqueoloxía de Pontevedra (1982) e membro do International Council on Monuments and Sites da UNESCO. Dedicouse principalmente a investigar o mundo castrexo e a arte rupestre galaica e dirixiu numerosas escavacións arqueolóxicas. Das súas obras, moitas feitas en colaboración, destacan Historia de Pontevedra (1996), Os petroglifos galegos (1999), Historia de Vigo (1999), Petroglifos de Galicia (2001), Santa Tegra: un poblado “castrexo”-romano (2001) e Galicia: prehistoria, castrexo e primeira romanización (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor teatral e promotor cultural. Comezou no mundo da interpretación co grupo de teatro de Cariño (1954). Foi un dos fundadores da compañía teatral da Sociedade Cultural Malveira (1976) e da Coral Polifónica de Cariño (1988), e o fundador do C. D. Cariño (1967) e da agrupación teatral As Traíñas (1978). Participou nas obras A taberna (1976), Agardando polo tren (1977) e Ladaíñas pola morte do meco (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ponferrada. Construída en estilo mozárabe en 937 polo abade Salomón, é o único vestixio que queda do mosteiro que fundou san Xenadio no s IX. Ten planta cruciforme cunha soa nave dividida en dous tramos por un arco de ferradura. A cabeceira consta dun ábsida rectangular cara ao exterior e de ferradura cara ao interior, e cunha contraábsida semicular ao oeste. O arco de acceso á ábsida é de ferradura enmarcado nun alfiz. Aos lados da nave ábrense dúas cámaras laterais. Todas as cubertas son abovedadas. A portada principal, situada no lado sur, está enmarcada por un alfiz. Foi declarada BIC en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro cisterciense situado en Penamaior (Becerreá). A súa orixe, discutida, pode remontarse ao s XI ou ben a mediados do s XII. En 1188 dependía do mosteiro leonés de Carracedo e en 1225 era abadía da orde do Císter. Desde entón e ata 1506 ampliou o seu patrimonio. Integrouse na Congregación de Castela en 1506 como unha pequena comunidade ata a súa desaparición. Está situado nunha vía secundaria do Camiño de Peregrinación a Santiago. Consérvase a igrexa, construída no s XII, en estilo románico. Ten planta basilical con tres naves divididas en catro tramos e rematadas en ábsidas, semicirculares as laterais e poligonal a central. Estas, cóbrense con bóvedas de medio canón rematadas en casca. As naves laterais sepáranse da central por piares cruciformes con capiteis decorados con motivos vexetais. A fachada, reformada no s XVII, conserva a portada primitiva, composta por dúas arquivoltas semicirculares, que arrancan das columnas acobadeladas nas xambas e que teñen o seu interior...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Margaride e O Castro (Silleda). O seu cumio acada os 512 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Salamanca, Castela-León, situado en La Moraña, no val do río Margañán (6.262 h [2001]). É centro comercial, agrícola e gandeiro. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa renacentista de San Miguel e o convento das carmelitas descalzas (BIC,1997), fundado polo conde de Peñaranda e vicerrei de Nápoles Gaspar de Bracamonte y Guzmán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido en Castela a Afonso de Bracamonte-Guzmán y Dávila (morto en 1622), cabaleiro da orde de Santiago e señor de Peñaranda en 1602. A grandeza de España concedeuse en 1676 ao seu fillo e cuarto titular, Gregorio de Bracamonte y de Bracamonte (morto en 1682). Pasou aos Fernández de Velasco, marqueses do Fresno; aos Pacheco, duques de Uceda, e aos Téllez-Girón, duques de Osuna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Piragüista. Obtivo a medalla de bronce en K-4 500 m nos campionatos do mundo de Canadá (1997) e Hungría (1998), e nos campionatos de Europa de Bulgaria (1997) e Polonia (2000). Gañou a medalla de prata en K-4 200 m nos campionatos de Europa de Bulgaria (1997) e Croacia (1999), e a medalla de ouro en K-4 200 m e K-4 500 m na Copa do Mundo de Sevilla (1999). Participou nos xogos olímpicos de Barcelona (1992), Atlanta (1996, diploma olímpico) e Sydney (2000). Recibiu o premio Cidade de Pontevedra (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo NL da parroquia de Magazos (Viveiro). O seu cumio acada os 530 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da costa cantábrica situada entre a illa Pancha e a punta Niño do Corvo, na parroquia de Vilaselán (Ribadeo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre a parroquia de Randín (Calvos de Radín) e Portugal. O seu cumio acada os 1.375 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora e escritora. Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, estudou belas artes na Academia de San Fernando en Madrid. A súa actividade literaria centrouse na poesía, se ben tamén escribiu teatro e colaborou con diversas publicacións con artigos sobre arte e literatura, especialmente da obra de R. Otero Pedrayo e Álvaro Cunqueiro. Publicou os poemarios Con los pies en la frontera (1976), Ya soy para tu muerte (1980), Galicia, fondo val (1982), en que contrapón o mundo rural ao urbano e onde o amor, a terra e a morte son os temas principais; e O santuario intocable (1992), con algúns elementos mitolóxicos. Ademais, traduciu unha escolma de poemas de Eusebio Lorenzo Baleirón (2000) e publicou as pezas teatrais A volta de Edipo (Premio Abrente de Teatro, 1974) e Algún deus está a soñar. Foi galardoada nos Xogos Minervais de Santiago de Compostela (1970) e nos III Xogos Florais Populares...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte pertencente á serra do Faro, situado no límite das parroquias de Furco (Carballedo) e Arnego (Rodeiro). O seu cumio acada os 1.106 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no SO da parroquia de Mañón, no concello homónimo. O seu cumio acada os 509 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia de Teixeiro (Lugo). O seu cumio acada os 560 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Reigosa e Saldanxe (A Pastoriza). O seu cumio acada os 581 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ornitólogo e naturalista. Estudou maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela e, desde moi novo, dedicouse á observación, principalmente de aves, por toda Galicia. Foi fundador e presidente do Grupo Ornitolóxico Galego (1973) e da Sociedade Galega de Historia Natural (1976), e coordinador do Atlas de Vertebrados de Galicia, xunto con J. Guitián e Zenón L. Beiras (1980), así como director da sección de aves. É coautor da Guía das aves de Galicia (1980), As baleas cara á extinción (1980), O lobo (1985), Cetáceos, focas e tartarugas mariñas das costas ibéricas (1989) e varios traballos sobre os nomes galegos de aves do xénero Erithacus, Streptopelia, Columba e Troglodites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que exerce a prostitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Armariz (Xunqueira de Ambía). O seu cumio acada os 620 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO