"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Soesto (Laxe). Ten planta en forma de U cun patio interior. No patio destaca o soportal sobre o que se sitúa unha solaina. Conserva unha torre de tres pisos na á máis longa. O resto do edificio ten dúas alturas. Na fachada conserva un brasón que alude aos Leis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diversión ou pracer que produce algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Díaz de Solís.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Vigo 23.11.1932) Pintor e escultor. Realizou traballos en La Metalúrgica, na sección de debuxo e deseño, onde aprendeu as técnicas de litografía sobre chapa, debuxo en pedra e os procesos de estampación e coloración en litografía industrial. En 1949 viaxou a París, onde coñeceu os arquitectos Rafael Lehoz e Le Corbusier, que influíron na súa concepción pitórica. Continuou a súa formación na Escola Massana de Barcelona traballando con esmalte cicelado (Mariscadoras, 1960; Liña dunha gaviota, 1962; Incre no espacio, 1985; Catavento, 1994). O material que empregou principalmente foi o ferro, aínda que tamén realizou obras con técnica mixta sobre madeira (Superposición de planos, 1990) ou cartón (Maqueta dun interior, 1998). Iniciou varias series sobre planos en que tivo moi en conta a triloxía volume-cor-espazo. A súa obra, inicialmente de corte máis realista (Vista desde A Guía, 1958; Apagando un incendio,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Bola. Ten planta en forma de U, cunha das ás rematada nunha torre e co patio pechado por un muro que enlaza os corpos laterais e onde se sitúa a porta de acceso decorada con placas. O escudo alude aos Feijoo, Ribadeneira, Villamarín, Puga e Novoa. Á beira da torre atópase a capela.
-
PERSOEIRO
Mestre de cantaría. Realizou un cruceiro de pedra para Santo Andrés de Castro, o campanario da igrexa de San Estevo de Reiriz (Samos) e o da igrexa de Santa María de Pena (Sarria).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Fundador do xornal El Jerezano, foi redactor en Sevilla do diario La Tribuna. Publicou Tiempo perdido, Leyendas y tradiciones jerezanas e Historia de la ciudad de Jerez de los Caballeros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Especializado na área de contemporánea, centrouse no estudo da emigración galega. Publicou Os intelectuais do agrarismo: protesta social e reformismo agrario na Galicia rural, Ourense, 1880-1936 (1999); Galicia nos tempos de medo e fame: autarquía, sociedade e mercado negro no primeiro franquismo, 1936-1959 (2001) e As cartas do destino: unha familia galega entre dous mundos (1919-1971), con X. M. Núñez Seixas (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Portas. De planta rectangular, presenta dúas alturas no seu alzado principal e unha máis no posterior. O conxunto complétase cunha torre con ameas de tres alturas e cuberta a catro augas, un hórreo de oito pés, un pombal circular e unha fonte-lavadoiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cudeiro (Ourense). Ten planta en forma de U e dúas alturas. Conta cun patio interior.
-
GALICIA
Xurista e político. Foi decano da facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (1975-1979) e catedrático da UNED (1982-1993). Foi alcalde de Santiago de Compostela (1979-1981), presidente da Asemblea de Alcaldes de Galicia (1979) e deputado (CDS) no Congreso pola Coruña (1989-1993). Publicou El consentimiento informado (1999), Los derechos de los enfermos (2000) e Derecho matrimonial (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cerdeira (Begonte). Presenta muros e cuberta de lousa. O conxunto, rodeado por un muro, completouse cunha torre, unha capela e un pombal, así como varios alpendres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilarrubín (A Peroxa). Ten planta rectangular, cun pequeno corpo sobresaínte e dúas alturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Freás (Punxín). Presenta planta en forma de T e dúas alturas. O conxunto, situado nunha pendente descendente cara ao L, complétase cunha capela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Mera (Ortigueira). Realizado en cachotaría, destaca o balcón da fachada principal, sostido por dúas columnas de granito e balaustrada de ferro fundido. Sobre o portón de acceso destaca un escudo de pedra. O conxunto complétase coas cortes, a capela e o pombal, de planta hexagonal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sísamo (Carballo). Ten planta rectangular, baixo e unha altura, e cuberta a tres augas. Destacan as chemineas, o reloxo de sol e unha gárgola que adorna a fachada principal. Ten varios muros circundantes con varias portas monumentais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Arantei (Salvaterra de Miño). De planta rectangular, realizouse en cantaría e cachotaría. Ten planta baixa e unha altura. Destaca o escudo da fachada, así como a decoración con canzorros, baixo o beiril. Leva cuberta a catro augas. O recinto rodeouse cun muro de cachotaría, en que destaca o portón alintelado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Xornes (Ponteceso). Presenta planta rectangular, con muros de cantaría e cuberta a dúas augas. Destaca a galería, que sobresae do muro. Ten dúas portas enfrontadas que comunican dúas partes da propiedade. O conxunto está rodeado cunha muralla.
-
PERSOEIRO
Naturalista italiano. Demostrou a imposibilidade da xeración espontánea e foi o primeiro en conseguir a fecundación artificial en batracios e mamíferos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formado en Liverpool, partiu dos principios racionalistas, enriquecidos con recursos baseados na tecnoloxía e nas tradicións autóctonas e populares. Realizou vivendas, arquitectura industrial para a firma Olivetti, museos, como a ampliación da Tate Gallery (1980-1985), e edificios universitarios como a escola de arquitectura da Rice University en EE UU (1979-1981). Recibiu o Premio Prizker en 1981.
VER O DETALLE DO TERMO