"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • GALICIA

    Mariño e erudito. Foi secretario de interior da Dirección General de Establecimientos Científicos e, retirado da vida militar, traballou na Compañía Arrendataria de Tabacos. Dirixiu a Biblioteca Nacional e foi académico de número da Real Academia Española e correspondente da Real Academia de la Historia. Colaborou no Dicionario da RAE e dirixiu a revista La Unión Ibero-Americana. Das súas obras destacan, El corregidor Pontejos y el Madrid de su tiempo (1909), Lo siento mucho: consideraciones y documentos relativos al famosos ingenio del hidalgo Blasco de Garay (1913), Alonso de Santa Cruz inventor de las cartas esféricas de navegación (1914) e Las trombas marinas (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño. Creou os Pósitos de Pescadores, para protexer os dereitos deste colectivo. Colaborou en Boletín de Pesca e publicou La casa del marino ibero-americano (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Profesou no convento beneditino de Samos, onde foi abade e xeneral da orde (1721), ademais de bispo de Jaca (1728) e Mondoñedo (1728-1751). Foi o primeiro en realizar a ofrenda ao apóstolo Santiago con Oración panegírica que en la solemme oferta que en nombre del serenísimo Príncipe de Asturias nuestro señor, tributó y dijo en su templo al Apóstol Santiago el Mayor... (1734). Escribiu tamén Manifesto canónico, legal y apologético... (1742).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convento situado en Sarria. Construírono durante o s XIII dous ermitáns chegados de Italia en peregrinación a Santiago de Compostela. Das orixinais estruturas románicas só se conservan algunhas na zona da ábsida e na porta de acceso ao claustro e destacan fundamentalmente as partes góticas. Nas esquinas da fachada, plateresca e con elementos manuelinos, conserva o escudo de armas dos protectores do convento: os Osorio, os Enríquez e os Castro. A igrexa é de estilo oxival de transición cara ao Renacemento. Desde o s XVI foron reducidos á orde agostiña por Pío V e desde 1896 convertéronse nun convento da orde mercedaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sarria. Construída arredor do s XIII por orde dos señores de Sarria e Lemos, despois do ataque irmandiño de 1467 Pedro Osorio reconstruíuna. Tiña catro torres e diversas dependencias que foron derrubadas a mediados do s XIX. Consérvase unha torre de granito e lousa rematada en ameas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Formado en Roma, trasladouse a Nápoles (1683), onde escribiu un gran número de óperas que deron forma e estrutura á ópera napolitana posterior con elementos como a aria da capo. Compuxo oratorios e cantatas, como Il giardino d’amore, música instrumental, a ópera cómica Il trionfo dellónore (1718) e o Stabat Mater.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista alemán. Formulou o denominado efecto Schmalenbach, segundo o cal a medida que aumenta a proporción dos custos fixos, as empresas perden capacidade para adaptarse ás variacións do mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. O primeiro período da súa produción (1829-1839) está formado por numerosos lieder e por vinte e seis obras para piano, como Carnaval (1835) e Kreisleriana (1838). Na segunda etapa (1840-1851) intentou conseguir sen éxito a creación dunha ópera alemá romántica, aínda que conseguiu triunfar coa composición de catro ciclos de cancións, como Dichterliebe (O amor do poeta, 1840), e as súas catro sinfonías (1841-1851). O derradeiro período creador (1850-1854) comprende o Concerto para violonchelo e orquestra (1850), a Misa Latina (1852), o Réquiem latino (1852) e catro aberturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Arizona, EE UU, situada no suburbio L de Phoenix (202.705 h [2003]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aleksadr Nikolajevič Skr’abin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Titulouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Secretario do COAG (1980-1981), colaborou no nacemento da revista Obradoiro. Foi xefe de servizo de Patrimonio Arquitectónico (1983-1991) e director xeral de Patrimonio Histórico e Documental da Consellería de Cultura (1991-1993), onde creou o Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Realizou obras de restauración ou rehabilitación do patrimonio arquitectónico como a do mosteiro de Ferreira de Pantón, a Biblioteca do Parlamento de Galicia e o edificio do Valedor do Pobo en Santiago de Compostela. Foi asistente de A. Siza no proxecto e na dirección de obra do CGAC. En obra nova realizou diversos edificios de vivendas e diversas construcións de carácter público como a igrexa de Fontiñas (Santiago de Compostela), o Centro de Saúde de Combarro ou o edificio do C.I.S. da Madeira de Galicia. Membro do Consello da Cultura Galega desde 1998, tamén é membro de ICOMOS desde 1995, na que formou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política francesa constituída en 1905 para unificar as diversas correntes socialistas. Destacaron o Parti Socialiste de France de J. Guesde e E. Vaillant e o Parti Socialiste Français, dirixido por J. Jaurès. De definición marxista nos seus inicios, axiña se impuxo o reformismo humanitario e universalista de Jaurès. Asasinado este, o partido participou en gobernos de guerra, o que determinou que en 1920 a maioría da organización se escindise e fose creado o Parti Communiste. En 1934 aliouse con radicais e comunistas na Fronte Popular (1936-38), que levou á presidencia a León Blum. Co réxime de Vichy, o partido separouse ata 1968, cando se abriu un período de discusión entre as correntes socialistas, que levou á constitución do Parti Socialiste (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Federico García Lorca publicada o 27 de decembro de 1935 na Editorial Nós. Na súa xénese e proceso de creación tivo decisiva intervención Ernesto Guerra da Cal que actuou como “dicionario vivente” dos versos galegos de Lorca e que   seleccionaba palabras, traducía versos do castelán e facía correccións. Na publicación do libro tamén interveu E. Blanco Amor modificando o texto e facendo o prólogo. Das diferentes edicións coas que conta, na de Luis Pérez Rodríquez O pórtico poético dos Seis poemas galegos (1995), aparecen as partituras dos poemas aos que puxo música o mestre Isidro B. Maiztegui. A “Cantiga do neno da tenda” xurdiu a raíz da viaxe de Lorca a Arxentina en 1933 e do seu contacto co mundo dos emigrantes galegos. “Nouturnio do adolescente morto” podería vir da visión dun tráxico suceso -un rapaz afogado nun río- que o poeta tivo na viaxe de retorno da súa xira con La Barraca por Galicia en 1932. Santiago de Compostela e a figura de Rosalía inspiraron “Madrigal”,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento que se creou en Madrid, liderado por Bautista Álvarez, dentro do Club de Amigos de la Unesco (CAUM) a finais da década de 1960, e ao que estivo ligado a organización da Unión do Pobo Galego (UPG) nas súas primeiras andainas fóra de Galicia, que tiña como fin saír do illamento político e cultural e renovar a loita contra a ditadura franquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución científico-cultural fundada en outubro de 1923 por nove estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, que aglutinou a profesores e alumnos universitarios, intelectuais do galeguismo e a distintos cenáculos da erudición local. Nos seus doce anos de vida activa (1923-1936), estruturouse en 12 seccións que abarcaban os principais campos das ciencias e das letras da época, abordou case todas as manifestacións da cultura galega, atendeu á formación de investigadores e á divulgación científica, e introduciu un novo método de traballo, en equipos interdisciplinares. Como mostran as súas publicacións, centrou a maior parte das súas actividades nas seccións de Historia, Prehistoria, Arqueoloxía e Historia da Arte e Etnografía e Folclore, e foi a única institución que levou a cabo dun xeito continuado en Galicia investigacións nestas disciplinas, e colaborou, ademais, coas institucións científico-culturais máis renovadoras da España da época. Encheu o baleiro investigador naquelas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Equipo de investigación dependente da Real Academia Galega, creado en 1983 por iniciativa de Constantino García González, que o   dirixiu ata 1996, ano en que asumiu a dirección Manuel González González. Elabora dicionarios e vocabularios e coorganiza os Cursos de Lingua e Cultura Galegas para estranxeiros e de Lingua e Cultura Galegas para españois de fóra de Galicia. Dos traballos publicados destacan o Dicionario da lingua galega (1990), Léxico da administración castelán-galego (1991), Contribución ao léxico de Álvaro Cunqueiro (1991), Dicionario manual da lingua galega (1991), Pequeno dicionario da lingua galega (1993), Dicionario manual castelán-galego (1996), Dicionario da Real Academia Galega (1997) e Dicionario castelán-galego (2004). Asesorou e revisou un gran número de obras lexicográficas, como Manual básico de economía en galego (1996), Dicionario italiano-galego (2000) e Dicionario galego de termos médicos (2002), entre outras. Publica a revista de investigación lingüística,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Equipo de investigación dependente da Real Academia Galega, fundado a finais de 1980 e dirixido por Guillermo Rojo (1990-1994) e Manuel González (desde 1994). Está formado por un equipo multidisciplinar que conta con psicólogos, sociólogos, lingüistas e sociolingüistas. Realizou o Mapa Sociolingüístico de Galicia, do que se publicaron tres volumes (Lingua galega e competencia lingüística en Galicia, 1994; Usos lingüísticos en Galicia, 1995 e Actitudes lingüísticas en Galicia, 1996). Participou en diversos proxectos europeos, en colaboración con socios de Irlanda, Holanda, Gales, Catalunya e Euskadi. No 2004 publicou a monografía O galego segundo a mocidade, na que combinando diversas técnicas de tipo cualitativo (grupos de discusión, entrevistas en profundidade e técnica de máscaras) se chega á conclusión de que as actitudes da mocidade cara ao galego non son tan favorables como reflectían as enquisas de carácter cuantitativo. No 2005 realizou unha actualización dos datos do Mapa sociolingüístico,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Seminario permanente que se creou en 1985 promovido por un grupo de profesionais dos distintos niveis do ensino sensibilizados diante da ausencia de materiais didácticos e reflexións teóricas sobre a educación para a paz en xeral ou especificamente sobre os dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, o ecopacifismo, a solución pacífica de conflitos, a interculturalidade ou a cultura de paz. O seu primeiro coordinador foi o profesor Calo Iglesias Díaz e, desde 1994, convertido xa nunha ONG, está presidido por Manuel Dios Diz. Forma parte da Coordinadora Galega de ONG’s para o Desenvolvemento e da Coordinadora Galega pola Paz. No ámbito internacional forma parte dos Comités Asesores Internacionais de Hague Appeal for Peace, da Asociación Internacional de Educación para a Paz (AIEP) e da Fundación Cultura de Paz. Promoveu e coordinou o Congreso Europeo de Educación para a Paz, celebrado en Santiago de Compostela en 1994, así como o Congreso Mundial de Educación e Cultura de Paz, celebrado...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Senegal ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Senegal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Considerado un dos clásicos do realismo socialista, da súa obra destacan os contos Gorod v stepi (A cidade na estepa, 1912) e Železnyj potok (O torrente de ferro, 1924).

    VER O DETALLE DO TERMO