"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poñerse en crequenas; encollerse dobrando as pernas e sentándose sobre os calcañares.
-
-
-
Perda total ou parcial da sensibilidade acompañada ou non de perda de consciencia como consecuencia dunha enfermidade, dun traumatismo ou da administración dun anestésico.
-
anestesia analxésica
Utilización de analxésicos potentes (mórficos) en cantidades elevadas.
-
anestesia combinada
Administración de dous ou máis fármacos con cadansúa finalidade diferente co obxectivo de evitar os efectos tóxicos dun fármaco administrado en doses elevadas como, por exemplo, a asociación de barbitúrico, protóxido de nitróxeno e analxésico.
-
anestesia disociativa
Tipo de anestesia no que se produce a depresión cortical da consciencia e a excitación doutras áreas do sistema nervioso central. O fármaco máis empregado é a cetamina.
-
anestesia endovenosa rexional
Administración dunha solución de anestesia local inxectada endovenosamente previa isquemia e exsanguinación, segundo a técnica de Bier (1908), do membro superior ou inferior.
-
anestesia local
Anestesia practicada sobre unha zona superficial do corpo, ben aplicando o anestésico directamente sobre a pel ou a mucosa (anestesia superficial) ou ben realizando unha infiltración nos tecidos mediante unha agulla hipodérmica (anestesia por infiltración).
-
anestesia locorrexional/de conducción
Supresión da dor nunha zona determinada do corpo mediante a aplicación dunha solución anestésica en concentración adecuada na inmediata proximidade dun tronco nervioso ou dun nervio periférico. As drogas empregadas son os anestésicos locais. Dependendo do lugar onde teña lugar esta interrupción fálase de anestesia raquídea, epidural, paravertebral, intercostal, plexal, troncular e terminal ou por infiltración.
-
anestesia potenciada
Asociación de analxésicos e neurolépticos que consegue reducir notablemente as doses de anestésicos xerais necesarios para acadar unha profundidade anestésica adecuada.
-
anestesia xeral
Supresión da sensibilidade consciente con perda temporal e reversible da actividade funcional do sistema nervioso central, que se consegue mediante a administración dun anestésico. No ano 1846, Williams Thomas Morton anestesiou por primeira vez eficazmente a un paciente con éter sulfúrico. Dende aquela o procedemento anestésico ampliou considerablemente o seu campo e a súa eficacia. A anestesia pódese administrar por vía inhalatoria ou endovenosa. Por vía inhalatoria os anestésicos empregados son gases de estrutura química simple ou vapores de líquidos volátiles. A vía endovenosa ten a vantaxe de que proporciona unha indución rápida e un restablecemento con poucos trastornos. Actualmente a anestesia xeral xa non se concibe como a perda da sensibilidade dolorosa, senón que o termo se pode desglosar en catro compoñentes que son: hipnose ou sono anestésico, analxesia ou abolición da dor, protección neurovexetativa e relaxación neuromuscular. A tendencia a utilizar un fármaco...
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Administrar un anestésico, producir anestesia.
-
-
Relativo ou pertencente á anestesia ou aos anestésicos.
-
Fármaco que fai posible a anestesia ao producir narcose, analxesia xeral, relaxamento e perda da sensibilidade consciente.
-
Accidente provocado por un anestésico. Pode afectar o aparato circulatorio (fibrilación ventricular, hipotensión) ou o respiratorio (interrupción da respiración).
-
Fármaco utilizado para producir anestesia local. O máis empregado inicialmente foi a cocaína, que posteriormente foi substituída sobre todo polos seus derivados como a procaína ou a tetracaína.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Éster etílico do ácido p-aminobenzoico. É un anestésico local pouco tóxico, de uso preferentemente externo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Médico especialista en anestesioloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade médica que utiliza os métodos e as técnicas necesarias para que o paciente permaneza insensible á dor ou protexido ante unha agresión psíquica e somática en calquera situación que o requira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se encarga de administrar a anestesia durante unha operación cirúrxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba anual de cheiro desagradable, con follas lineais divididas en lacinias capilares e flores pequenas e amarelas, dispostas en umbela. Atópase en Galicia como especie cultivada para o aproveitamento dos froitos.
-
CIMA
Cima culminante dos Pireneos (3.404 m), situada no macizo da Maladeta. Atópase no concello de Benasque (Huesca), na alta conca do Esera. Está formado por rocha granítica, aflorando na base estratos de rochas calcarias do Devónico; no relevo destacan as cristas de Coromines (crista principal), Llosars e o paso de Mahoma. Nos avesedos existen glaciares como o de Aneto (N), de Coronas (O), de Barrancos (L) e de Llosars (S). O glaciar de Aneto ten ao redor de 80.000 m2 de superficie, un grosor máximo de 50 m e avanza aproximadamente 35 m cada ano. A primeira ascensión ao Aneto realizárona en xullo do 1842 o ruso P. Čikhačev e o francés A. de Franqueville.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constituínte principal dos aceites de anís, de anís estrelado e de fiúncho. Emprégase en medicina na fabricación de licores, en perfumería, na fotografía en cores e na fabricación de anisaldehido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do núcleo, célula ou organismo que ten un número de cromosomas que non é múltiplo do número normal en dotación haploide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de aneuploide. A trisomía (2n + 1) e a monosomía (2n - 1) son as aneuploidias máis frecuentes.
-
-
Bolsa formada pola dilatación das paredes dunha arteria nun punto delimitado e en comunicación coa luz do vaso. A miúdo causa hemorraxias, embolias e lesións dos órganos circundantes. Pode ser conxénita ou conseguinte a unha acción patolóxica posterior ao nacemento. O aneurisma desecante, localizado moi frecuentemente na aorta, prodúcese pola infiltración de sangue entre as paredes da arteria; o aneurisma arteriovenoso relaciónase cun saco aneurismático que comunica unha arteria cunha vea; e o aneurisma micótico é o producido por un axente infeccioso.
-
Dilatación dunha parte dun ventrículo do corazón semellante a un aneurisma, causada por un infarto de miocardio.
-
Enfermidade ocasionada por nematodos que parasitan na capa muscular das arterias de diversos mamíferos (cabalos, tenreiros, etc), especialmente dos individuos novos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao aneurisma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sutura do saco dun aneurisma por diversos procedementos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xuntar algunha cousa a outra de xeito que aquela dependa desta e que lle sirva de complemento. OBS: A grafía x representa o son [Ks].
-
-
Acción e efecto de anexionar. OBS: A grafía x representa o son [Ks].
-
Acto polo que un estado incorpora un novo territorio á súa soberanía. Formalízase por un acto reservado ao xefe do estado anexante, que pode ser recoñecido pola comunidade internacional (mediante tratados de paz, de retrocesión ou outros) ou só por algúns dos seus membros, como pode acontecer nun caso de ocupación violenta, dunha guerra en proceso de desenvolvemento ou sen rematar por tratado.
-
Engadido a un municipio dunha parte do territorio que o rodea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de anexionar. OBS: A grafía x representa o son [Ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sumar unha cousa a outra, particularmente cando se trata da incorporación dun país ou territorio a outro. OBS: A grafía x representa o son [Ks].