"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome aplicado vulgarmente ao sal que resulta de substituír dous átomos de hidróxeno do ácido fosfórico por un metal, e que corresponde ao anión monohidroxenofosfato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación vulgar do sal que se obtén ao substituír dous átomos de hidróxeno do ácido fosforoso por un metal, e que corresponde ao anión monohidroxenofosfito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Designación non sistemática do ión hidroxenoftalato ou ftalato ácido C6H4(COOH)COO-.
-
PERSOEIRO
Poeta occitano. Contrario ao movemento e á ortografía dos felibres, é autor de fábulas escritas á maneira de La Fontaine. Publicou Les rêves du foyer (Os soños do fogar, 1860) e Li bourgadieiro (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor, produtor e realizador cinematográfico norteamericano. Comezou a súa carreira xunto a Frank Sinatra no filme O ben amado. Máis tarde encargaríase da produción de Shampoo (1972), Un golpe de mestre (1973), Do oeste para a fama (1975) e Taxi Driver (1976). Dirixiu My Bodyguard (O meu gardacostas, 1980), Crazy people (Xente tola, 1990), Untamed heart (Corazón indomable, 1992) e A home of our own (Un fogar de noso, 1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carne tallada no sentido das fibras musculares en tiras alongadas, salgada, con abundantes especias e secada ao aire.
-
-
Que ten dous motores.
-
Avión provisto de dous motores dispostos, por regra xeral, simetricamente segundo o eixe da fuselaxe, nas ás ou na mesma fuselaxe. No caso de estaren dispostos nas ás, están situados cara ao intradorso ou o extradorso, ou máis ou menos adiantados respecto da fuselaxe, co fin de acadar o equilibrio necesario para continuar o voo en caso de parada dun dos motores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo empregado por Richard Altmann (1890) para designar cada un dos pequenos gránulos que, segundo el, formaban a estrutura do citoplasma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circuíto microelectrónico realizado sobre unha capa de polímero que se grava e que se dopa, despois de estar depositada sobre un soporte illante, cunha técnica semellante ás que se empregan para fabricar os circuítos integrados. O material condutor -certas proteínas naturais ou artificiais- presenta unha gran variedade de propiedades respecto dos tradicionais semicondutores. As dimensións dos elementos destes circuítos permiten unha integración a escala xigantesca (Giant Scale Integration, GSI), e velocidades de transmisión da información da orde de cen veces maior ca a acadada nos circuítos VLSI.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fósil ou fragmento dun fósil que forma parte dun sedimento ou dunha rocha sedimentaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio da influencia do clima sobre a distribución e abundancia dos seres vivos, que avalía a intensidade e calidade da radiación, o fotoperíodo, os umbrais térmicos, a resistencia ás xeadas, a humidade atmosférica, a resistencia á desecación, o transporte e espallamento das diásporas, etc. O estudo dos procesos naturais que integran o efecto de varios elementos climáticos sobre os organismos é outro aspecto crucial da bioclimatoloxía. Así, os estudios sobre balances térmicos presentan aspectos aplicados de grande interese para a actividade humana. Os balances hídricos, entre a auga recibida por precipitación e a perda por evapotranspiración, son esenciais para estimar a disponibilidade hídrica e a resistencia á secura dos ecosistemas naturais, as necesidades de rego dos cultivos, os réximes hidrolóxicos, etc. Os balances de erosión, hídrica e eólica, son ferramentas básicas para a conservación dos ecosistemas. Os balances orgánicos, sobre todo os da produción primaria, son un dos aspectos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento químico que participa na constitución dun organismo vivo. No corpo humano os bioelementos máis comúns son, en orde decrecente, o osíxeno, o carbono, o hidróxeno, o nitróxeno, o calcio e o fósforo. Os bioelementos teñen funcións estruturais, catalíticas e osmóticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fotólise.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello para avaliar a adaptación visual á escuridade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bioluminiscencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo bioindicador que permite unha análise cuantitativa das condicións do medio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
dixestor.
-
-
Espacio ocupado por unha biocenose. O biótopo está interrelacionado coa biocenose que o ocupa por interrelacións múltiples e constitúen un ecosistema.
-
Zona delimitada de pesca protexida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Toxina producida por un organismo vivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
biocircuíto.