"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Grupos armados organizados en Galicia no s XVI en substitución da antiga organización militar feudal. Ante a inexistencia dun exército regular, mobilizáronse nos casos de necesidade de defensa do territorio galego. O mando exercíano os nobres galegos e os postos inferiores ocupábanos a nobreza baixa, os fidalgos e os burgueses. Protagonizaron diversas campañas no s XVI, como a de dar apoio ás tropas do duque de Alba na invasión de Portugal ou a defensa de Vigo e A Coruña ante os ataques de Francis Drake. No s XVII dividíronse en distritos organizados en compañías e no s XVIII os Borbóns substituíronas polos terzos, feito que orixinou a oposición de parte da poboación ante a obriga dos terzos a actuar fóra de Galicia deixando o territorio galego indefenso. Dos nobres que loitaron á fronte das milicias destacaron os condes de Lemos, Monterrei e Soutomaior. Nos comenzos da Guerra Civil Española (1936) recibiron este nome os grupos armados formados en Madrid por republicanos galegos apoiados...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de militar.

    2. Conxunto de membros dun partido ou sindicato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cousa moi pequena ou de pouco valor ou importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de investigación fundado en 1921 pola Junta para Ampliación de Estudos para realizar investigacións relacionadas cos problemas da agricultura galega. Inicialmente estaba situado en Santiago de Compostela, nun local cedido pola Escola de Veterinaria, o seu primer director foi Cruz Gallástegui, pero posteriormente, en 1927, instalouse en Pontevedra. En 1939 integrouse no CSIC. Foi creado para realizar investigacións sobre a agricultura galega, posteriormente centrou as súas investigacións na mellora xenética de cultivos de zonas húmidas (millo, fabáceas e brasicáceas, fundamentalmente). Os seus obxectivos principais son atopar novas variedades que sexan menos agresivas co ambiente, para o que se estuda a diversidade xenética de especies cultivadas (prospección de recursos, conservación e propagación, entre outras), e selecciónase e mellórase as especies cultivadas (resistencia a pragas, enfermidades, e outras condicións de estrés ou novos usos de variedades).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Abadín, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, A Pastoriza, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada e O Valadouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi membro da orde dominicana e ensinou teoloxía nas universidades de Alcalá, Ávila (1582), Salamanca (1585) e Valladolid, onde foi rexente e reitor do Colegio de San Gregorio. Tamén foi corrector e cualificador do Santo Oficio. Escribiu os tratados teolóxicos De voto, De Juramento e De Simonía, para completar a obra do pai Juan de Orellana, De Fide et de Justicia et Jure.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Bóveda, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poder político absoluto que exerce unha persoa ou un grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distribución dos órganos sexuais, de plantas e fungos, nun mesmo individuo, pero en flores ou hifas distintas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dos corpos que presentan refracción simple, é dicir, que producen un único raio refractado a partir dun raio de luz incidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Foi director do Museo de Arqueología de Burgos e do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. Realizou estudos sobre a toponimia galega, pero destacou polo estudo da metalurxia en Galicia e a definición tipolóxica dos seus elementos máis característicos. Publicou Hachas de talón (1951), Nombres de túmulos y dólmenes en Galicia y Portugal (1954), Hispania Germánica (1966) e Hacha de tope tipo Senra A (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e profesor. Defendeu a doutrina liberal e pertenceu á Xunta Revolucionaria de Ribadeo tras a caída do réxime isabelino. Liderou o federalismo e defendeu a descentralización rexional e a secularización dentro do Partido Republicano. Foi un dos redactores do Proxecto de Constitución para o Estado Galaico de 1887, e deputado desde 1873 ata o golpe de estado de Pavia (1874). En 1907 incorporouse a Solidariedade Galega e en Ribadeo dirixiu o xornal Cuenca del Eo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. De nome Alessandro Boncivino, pertenceu á escola de Brescia, dentro da órbita das influencias da pintura veneciana e lombarda. A súa obra caracterizouse por un tardío misticismo, da que destacan as escenas relixiosas e os retratos. Pintou, entre outras, Natività e Ritrato maschile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. De raíces expresionistas, comezou a utilizar materiais non pitóricos e evolucionou cara á composición de instalacións. Nelas, recreou a escenografía das paisaxes e comezou a búsqueda da cor e utilización de materiais ensamblados. Realizou tamén carpetas de gravados, ensamblaxes e caixas-colaxe, obras derivadas do construtivismo. En 1980 fundou, xunto a Ignacio Basallo, a primeira asociación sindical de artistas plásticos de Galicia. Da súa obra destaca Vela (1982), Pozzu Cangiari’na testa no tutti i testi (1990) e a serie A Revolta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e avogado. Foi deputado (1869-1873), senador (1881-1882) e ministro de Ultramar (1871-1873), de Graza e Xustiza (1871) e de Fomento (1874). Desde 1883 foi senador vitalicio e formou parte do Consello do Estado desde 1888. Firmou o proxecto de lei que aboliu a escravitude en Puerto Rico. Defensor da democracia e partidario do sufraxio universal, interesouse pola lei hipotecaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político que se fundou en Galicia en xaneiro de 1976. Tivo a súa orixe no Movimiento Comunista formado en Euskadi en 1966. Defendeu a autogobernación galega nun discurso marxista e socialista, e pretendía unha revolución social que acabase coa dominación burguesa e establecese unha Galicia soberana. En 1976 integrouse no Consello de Forzas Políticas Galegas e aínda que expuxo textos para a formación do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia, non se presentou nas primeiras eleccións galegas (1981) por non estar legalizado. Editaba a publicación Galicia en Loita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político fundado por Alfonso Álvarez Gándara en Vigo. Fusionouse co Partido Socialista Galego para presentarse ás primeiras eleccións xerais da democracia (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político neofascista italiano, creado en 1947, que se baseou nos postulados da República Social Italiana. Entre 1948 e 1993 tivo representación parlamentaria, pero foi excluído das alianzas do goberno ata o afundimento do sistema de partidos políticos italianos da posguerra. Integrado en 1994 na coalición Polo delle Libertà, cambiou o nome polo de Alleanza Nazionale e conseguiu algún ministerio no goberno xurdido nas eleccións de marzo. En 1995 o partido renunciou explicitamente ao antisemitismo e aos elementos máis antidemocráticos do fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización nacionalista canaria que xurdiu en 1963 co propósito de loitar para acadar unha República Guanche Africana, independente e socialista. Entre 1975 e 1977 desenvolveu a súa máxima actividade armada, propagandística e diplomática tentando demostrar, no seo da Organización da Unidade Africana, a africanidade de Canarias e forzar a descolonización. Desde 1978, a mellora das relacións entre Madrid e Alxer e as disensións internas desmantelaron o movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao xurista romano Pluvio Mucio Escévola.

    2. Promesa ou garantía que se realiza por vía de estipulación, en virtude da que os legatarios instituídos baixo condición potestativa negativa poden entrar en posesión inmediata do obxecto legado, comprometéndose a restituír a herdanza aos coherdeiros ou substitutos, ou unha parte da que lles correspondía, se a condición se cumpría.

    VER O DETALLE DO TERMO