"Ain" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 537.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. De orixe vasca, trasladouse a Sevilla onde introduciu o plateresco. Traballou nas obras da casa do concello da cidade (1527) e, en 1535, acadou o cargo de mestre maior da catedral, onde rematou a sancristía dos Cálices (1537) e construíu a sancristía maior con trazas de Riaño. En 1541 proxectou a Capela Real da catedral e en 1545 o Hospital de la Sangre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ida que leva a persoa que non traballa e que anda sempre de festa.

    2. Feito que se fai para divertir ou divertirse.

    3. Ruído que provoca un grupo de persoas que se divirten.

    4. Persoa á que non lle gusta traballar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘testículo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romain Kacew.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e escultor. Coñecido como Edgar Degas, nome co que asinaba as súas obras. Recibiu a influencia de Ingres, aínda que a súa formación se debeu principalmente ao estudo dos antigos mestres no Musée du Louvre e ás súas estancias en Italia (1854-1859). Formou parte do grupo do Café Guerbois (1866) e foi un dos organizadores da primeira exposición dos impresionistas (1874). Participou nas outras mostras impresionistas, agás a de 1882. Comezou facendo cadros de historia, entre outros, Jeunes filles spartiates provoquant des garçons à la lutte (1860), pero centrouse no retrato, dos que destaca La famille Bellelli (1858-1867), e nas carreiras de cabalos, como Joquies davant les tribunes (1869-1872). Asiduo á l’Opéra de Paris, pintou escenas de ballet e danza, entre outras, L’École de danse (1874) e Danseuse à la barre (1880), que tamén cultivou na escultura, entre outras, La petite danseuse de quatorze ans (1881). As...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zoólogo e paleontólogo francés. Foi profesor no Museo de Historia Natural de París, e creou o museo zoolóxico do Jardin des Plantes. Protexido por Napoleón, participou como científico nas expedicións a Exipto (1798) e Portugal (1808). Estudiou os organismos monstruosos e chegou a formular unha teoría completa sobre esta nova ciencia que denominou teratoloxía. Foi distinguido cunha cátedra na Sorbonne e dedicouse ao ensino, ás buscas paleontolóxicas, e á publicación de artigos e libros entre os que destacan Philosophie anatomique (1818-1822), Principes de philosophie zoologique (1830) e Études progressives d’un naturaliste (1835). Algunhas das súas observacións e doutrinas foron recollidas por Darwin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado desde 1956, foi ministro de Finanzas (1962-1966) no goberno de De Gaulle, e de Economía e Finanzas (1969-1974) con Georges Pompidou, a quen sucedeu como presidente da República (1974). Desde o seu goberno traballou pola consolidación dun maior vínculo entre os países europeos e estableceu un programa de revitalización da economía. A crise económica mundial e o rexurdimento da esquerda levárono a perder as eleccións presidenciais de 1981. En 1988 foi designado presidente da Union pour la Démocratie Française, coalición de centro-dereita pola que foi elixido parlamentario europeo en 1989. O Consello Europeo nomeouno presidente da Convención Europea, encargado da reforma das institucións da UE, creada no 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre.   Coñecido tamén como Owen Glendower e descendente dos últimos príncipes de Powys e Deheubarth, foi o líder da rebelión galesa contra a dominación inglesa (1400-1415). Proclamado príncipe de Gales ao inicio da revolta, foi recoñecido como tal por Francia, Escocia e os líderes irlandeses. Tras reunir o primeiro parlamento de Gales en Machynlleth (1404), foi derrotado polo exército inglés. Foi considerado un heroe nacional tralo rexurdimento do nacionalismo galés dos ss XIX e XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e economista. Director xeral do grupo Radio Vigo (Cadena SER), realizou estudios de publicidade e graduouse en dirección de empresas polo ICADE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés, marqués de Gouvion-Saint-Cyr. Loitou na Revolución Francesa e, posteriormente, integrouse no exército do Rin, onde ascendeu a capitán (1792). Nomeado xeneral en xefe do exército de Roma (1797), participou coas forzas napoleónicas nas campañas de Italia, España e Rusia, onde foi nomeado mariscal (1812). Ministro de Guerra de Luís XVIII (1817-1819), deixou o cargo trala morte do duque de Berry pola oposición dos realistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sementes miúdas dalgunhas plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. Discípulo de F. Busoni, destacou como intérprete de música contemporánea. Da súa produción destacan as pezas Molly on the Shore (1921) e Händel in the Strand (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de leguminosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto de montaña dos Alpes Peninos, situado na fronteira entre Suíza e Italia (2.477 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor canadense. Da súa produción destacan Les îles de la nuit (1946), Rivages de l’homme (1948), Poèmes (1944-1957) (1963) e Visages du monde (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘casa’.

    2. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘fonda’.

    3. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘alcaldía’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisaría de Colombia (72.238 km2; 37.162 h [estim 2000]). A capital é Inirida (3.555 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse en Italia e traballou en Saint-Gervais e Saint-Eustache de París. Foi autor do monumento do Pont--au-change (1467), dedicado a Luís XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia insular de China, na rexión do Centro-Sur (34.000 km2; 7.870.000 h [estim 1999]). A súa capital é Haikou (280.153 h [2000]). Está separada da península de Liuzhou polo estreito de Qiongzhou. O centro e o S, de montañas de granito, están ocupados polos hakka e os maios e a rexión costeira e o N por chineses (2/3 da poboación). A súa economía baséase en explotacións forestais, xacementos de ferro, ouro, estaño e uranio, e cultivos de arroz, caucho, azucre, tabaco, ananás, café e té.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Bélxica, na rexión de Valonia (3.786 km2; 1.279.467 [estim 2000]). A súa capital é Mons.

    VER O DETALLE DO TERMO