"Aso" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 411.
-
-
Quitar algo ou alguén o sosego a unha persoa.
-
Perder alguén o sosego.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de sosego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente de vidro ou aceiro de gran tamaño, en forma de vaso ou de botella, de paredes dobres, entre as que se realiza un baleiro moi elevado (~0,01 Pa), coa finalidade de eliminar a transferencia de calor por convección ou condución. A superficie interna das paredes está prateada para diminuír a transferencia de calor por radiación e ademais tapónase para evitar a evaporación. Inventado polo físico James Dewar, emprégase para conter líquido a temperatura distinta da temperatura ambiente. Tamén recibe o nome de termo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corticosteroide sintético con actividade glicocorticoide e antiinflamatoria. Preséntase en forma de pos brancos cristalinos, insolubles en auga e solubles nalgúns disolventes orgánicos.
-
-
-
Termo da teoría musical grega, medieval e renacentista, que designaba tanto o intervalo de oitava como a gama de sons comprendidos no ámbito dunha oitava.
-
Son de referencia convencional que condiciona a afinación dos sons restantes do sistema musical. A frecuencia-tipo oscilou segundo as épocas e os países; en 1859 fixouse en 435 períodos por segundo para la 3 e en 1939, na Conferencia Internacional de Londres, acordouse fixar o diapasón en 440 períodos por segundo.
-
Extensión dos sons dunha voz ou dun instrumento musical, do máis grave ao máis agudo.
-
-
Pequeno instrumento metálico con forma de forca que ao vibrar produce un son musical dunha altura determinada, habitualmente en la 3 . Inventado en 1711 por John Shore, serve para afinar os instrumentos, dar o ton aos executantes e efectuar experiencias acústicas.
-
Peza de madeira, xeralmente de ébano, fixada sobre o mastro dos instrumentos de corda fretada ou pulsada, sobre a que os dedos da man esquerda premen as cordas para facer variar a altura do seu son.
-
Instrumento metálico en forma de U que se utiliza na exploración e na diagnose dos trastornos auditivos.
-
Fonte sonora de ton fixo, constituída por unha variña dobrada pola metade e que vibra de maneira transversal. Utilízase como patrón.
-
-
PERSOEIRO
Escultor. Formado posiblemente en Italia, a súa obra mostra unha influencia de Michelangelo. Asociado cos tallistas J. De Tours e K. Massiques, realizou entre outros, os retablos de Mollet, Dosrius e Canyamars. Consérvanse, entre outras obras, o Enterrament de Jesús (Enterro de Xesús, 1542) na igrexa do Sant Esperit de Terrassa, a imaxe da Mare de Déu de la Vitòria (Virxe da Victoria, 1556), da capela do Palau Reial Menor de Barcelona e a Mare de Déu (Virxe) do altar maior de Sanaüja (1543). Atribúeselle a Mare de Déu de Montserrat (Virxe de Montserrat) do arquivo da igrexa dos Sants Just i Pastor de Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e retórico grego. Desenvolveu a súa actividade docente e literaria en Roma, onde se instalou entre os anos 29 e 30 a C. Escribiu unha Historia primitiva de Roma, desde as orixes ata o 264 a C, que foi o complemento da obra de Polibio. Formada por vinte libros escritos en grego, que comezaron a aparecer no 7 d C, só se conservan completos os dez primeiros e parte do once. Empregou como fontes do seu relato os analistas romanos, polo que a súa obra xustifica a actuación política e militar dos romanos fronte a outros pobos, incluído o grego. Entre as súas obras destacan Carta a Ameo, Sobre os retóricos antigos, Sobre a mímese, O estilo de Demóstenes e Sobre a unión das palabras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
disuasivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paso de Sierra Nevada, no estado de California, nos EE UU.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asunto iniciado no outono de 1894 ao descubrir o estado maior francés unha carta anónima que prometía o traspaso de información militar secreta aos alemáns. O capitán de ascendencia xudía Alfred Dreyfus foi acusado por este feito de alta traizón, sometido a consello de guerra e deportado á Île du Diable (Cayenne). En maio de 1896 descubriuse unha nova carta coa mesma caligrafía ca a primeira, escrita por Marie Charles Ferdinand Walsin Esterházy, un oficial de orixe húngara, que foi xulgado e absolto en xaneiro de 1898. Georges Clemenceau esixiu unha revisión do proceso a través do xornal L’Aurore, no que Émile Zola publicou unha carta aberta ao presidente da República (J’accuse, 13.1.1898), que lle deu unha importante resonancia á idea da revisión do proceso, pero que tivo como consecuencia o procesamento de Zola. O país dividiuse politicamente nunha dereita antidreyfusista, nacionalista e antisemita, e nunha esquerda, liderada por Clemenceau, partidaria dunha...
-
CIDADES
Cidade do estado de Texas, EE UU, na marxe esquerda do río Bravo (615.032 h [1998]). É un importante centro de transporte aéreo, terrestre e ferroviario. Tamén é o principal núcleo industrial e comercial dunha rexión mineira e agrícola, na que se cultivan algodón e produtos de horta. Na industria predominan o refinado de petróleo, o equipamento electrónico, os materiais de construción e os plásticos. O seu crecemento demográfico débese á súa situación nunha ruta transcontinental e ao turismo (recibe máis dun millón de visitantes ao ano, atraídos polo seu clima temperado e seco).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación constituída en Madrid o 22 de maio de 1990 que reúne a empresarios, executivos e profesionais autónomos galegos establecidos na Comunidad de Madrid. Ten por obxecto potenciar o intercambio comercial dos empresarios galegos de Madrid cos de Galicia, e tamén cos doutras asociacións da Federación de Empresarios Galegos no Exterior (FEGAEX), e facilitar aos seus asociados información de carácter económico. Entre as súas actividades cómpre salientar a organización de cursos, seminarios e conferencias, a celebración de actos de homenaxe a persoeiros relevantes do mundo empresarial, a sinatura de convenios de colaboración e a publicación dun Boletín e dun Directorio, no que se dan a coñecer a listaxe de socios e das empresas e actividades organizadas por temas.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, na marxe dereita do río Múrtigas, no límite con Badajoz (1.945 h [1996]). A agricultura (cereais) e a gandería son os seus principais recursos económicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi secretario de Carlos I e, como notario maior, autorizou a súa renuncia en Flandres en favor de Filipe II (1555). Foi secretario dos consellos de Indias e da Inquisición con Filipe II.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que é pouco ou insuficiente en cantidade ou número. Na tradición oral recóllense ditos como: “Abriles bos e bos fidalgos andan escasos. Lingua longa, sinal de man escasa”.
-
Que hai insuficiente cantidade ou número de algo que se expresa.
-
Que lle falta un pouco para estar xusto ou completo.
-
-
GALICIA
Xornalista e político. Coñecido como Antolín Faraldo Malvar, entre 1835 e 1842 realizou o bacharelato en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Academia Literaria de Santiago, a partir de 1843 incorporouse á Diputación Arqueológica Gallega. Entre os anos 1842 e 1845 traballou como redactor nos periódicos El Recreo Compostelano e El Porvenir, e colaborou en Santiago y a ellos e La Situación de Galicia, nos que asinaba co pseudónimo de Abehumeya. Formou parte do grupo de provincialistas que participaron no levantamento progresista de 1846, cando asumiu a secretaría da efémera Xunta Superior do Reino de Galicia, tralo que houbo de exiliarse en Portugal. En 1847 marchou a Madrid e participou na redacción do xornal progresista La Europa; ademais, escribiu artigos para o Boletín Mercantil e Industrial de Galicia, editado na Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Número complexo con información sobre o valor máximo e a fase dunha función sinusoidal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización estudantil creada en Santiago de Compostela en 1990. Ten como obxectivos, ademais do labor reivindicativo, a formación de asociacións xuvenís, a divulgación dos dereitos e deberes dos alumnos nos centros educativos, a organización de asembleas, conferencias e congresos (política educativa, política lingüística, etc) e a defensa dos alumnos galegos diante das diferentes administracións educativas. Foi a primeira forza estudantil de ensino secundario en Galicia con preto de 350 conselleiros escolares adscritos. Membro activo do Consello Escolar de Galicia e do Consello da Xuventude de Galicia, foi pioneira na celebración de encontros sobre política lingüística entre asociacións estudiantís, en colaboración co Colectivo de Estudiantes Vascos (CEV-EIK) e coa Associació de Joves Estudiants de Catalunya (AJEC). Integrouse na Unión de Estudiantes de España (UDE), e posteriormente no Colectivo de Asociaciones de Estudiantes Progresistas (CAEP), e no ámbito internacional pertence á...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación constituída en 1927 en Edimburgo para proporcionarlles aos bibliotecarios de todo o mundo un foro no que intercambiar ideas, promover a cooperación, a investigación e o desenvolvemento internacional nos diversos campos da actividade bibliotecaria. En 1971 estableceu a súa sede na Royal Library da Haia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: FIFA.