"Bol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín aparecido en maio de 1983 na Coruña, baixo a dirección técnica de Manuel Hernández Sánchez. Os catro colexios médicos galegos comezaron a editar esta publicación co fin de agrupar o colectivo de aproximadamente seis mil profesionais que exercen en toda Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín publicado entre maio de 1811 e o 17 de novembro de 1811. Tiña periodicidade irregular. Editábase na imprenta do Sexto Exército.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparecido en agosto do ano 1973, na cidade de Ferrol. O consello de redacción estaba integrado por Manuel Ojea Otero, Germán Otero Saavedra, Yáñez Martínez, Manuel Crespo Rivas, Xosé F. Querol Lombardero e Francisco Castro Damián. No que se refire aos colaboradores, pódense citar, entre outros, a Antonio Fernández Rodríguez, Manuel Iglesias Corral, Anxo Paz Gómez, Ramón Carballal Pernas e Xosé Seoane Iglesias. A temática deste boletín abranguía dende as leis de indias, pasando polo dereito matrimonial ou polo xuízo de faltas, ata as reflexións sobre determinados artigos do Código Civil. Os diferentes traballos que compuñan esta publicación estaban firmados polos maxistrados da audiencia territorial da Coruña e por avogados.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter profesional que xurdiu na Coruña en xuño de 1966 e que cesou en marzo de 1979. Saíu como continuador do Boletín Corporativo e seguiu a súa numeración. Tiña como colaboradores a Ricardo Díaz Fraga, Xosé Pérez Ardá, Xoán Manuel Liaño Flores e Pedro Pueyo Novo, entre outros. No sumario podíanse atopar seccións como “Política del derecho”, “Sección doctrinal”, “Sección legislativa”, “Práctica del derecho”, “Sección de jurisprudencia”, “Vida cultural del colegio”, “Avisos, ruegos y comunicados” ou “Mutualidad”. No número 11, con data de xaneiro de 1967, incluíase unha folla solta na que se anunciaba a constitución da Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación presidida por Manuel Iglesias Corral. Prometía dar cumprida conta desta información no seguinte número.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación anual editada polo Instituto de Estudios Vigueses, dependente da Fundación Provigo y su Área. Trátase dunha colección de artigos en lingua galega ou castelá recollidos baixo o epígrafe de Boletín Glaucopis. O seu primeiro número saíu no ano 1995 en Vigo. No seu limiar, o director do Instituto, Andrés Martínez-Morás y Soria, afirmaba a súa vontade de contribuír a un mellor coñecemento de Vigo, achegando diversa información aos vigueses e non vigueses, e facendo especial fincapé na historia da cidade. A Historia, a Arqueoloxía, a Toponimia, a Arquitectura, a Fotografía e a Filoloxía son algunhas das materias tratadas nos seus artigos. Entre os seus colaboradores figuran Xosé M. Souto González, Xoán C. Abad Gallego, Gerardo Sacau Rodríguez, Gerardo González Martín, Fernando J. Costas Goberna, Elisa Pereira García e Bernardo M. Vázquez Gil. Entre algúns dos seus artigos destacan “Vigo: problemas xeográficos e coñecemento da nosa realidade” (nº1, 1995), “As marcas nos muíños...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín mensual aparecido en Pontevedra no ano 1927. A Deputación fíxose cargo da publicación, mentres que a impresión se realizaba no seu establecemento tipográfico.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que viu a luz na Coruña mensualmente a partir de 1928. Ramón Fernández Cid dirixiu o Instituto e a publicación. A redacción tamén estaba composta por membros do Instituto como Rafael Fernández y Fernández, Xosé Manuel Pérez Alvarez, Xesús Mendieta y Anta, Federico Beato y González, Xosé Gimeno Nuñez e outros. No boletín afírmábase que colaboraban “todas las clases sanitarias”. Tiña apartados dedicados a “Orientaciones médico-sanitarias” ou a “Legislación”. Non obstante, este boletín destacou pola publicación de artigos, de ámbito nacional ou internacional, que incluían fotos en branco e negro, así como datos estatísticos en forma de táboas ou gráficos. Na última páxina levaba un aviso exhortando ás empresas a que se anunciasen nun medio que lle ofrecía seriedade e distinción. Na contraportada levaba impresa unha lista dos servicios que prestaba o Instituto, servicios que eran gratuítos para os pobres e que para os particulares supuñan unha taxa aprobada pola Excelentísima Deputación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aparecido no ano 1881. Tratábase dunha publicación divulgada polo Maxisterio da Coruña.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en Ourense no mes de maio de 1906, e cesou en decembro de 1912. Tiña como subtítulo “Órgano defensor de los intereses morales y materiales de los maestros de la provincia”. Os seus directores foron, nun principio, Rogelio Núñez de Couto e, máis tarde, Pío Ramón Ojea. A maior parte dos seus colaboradores eran mestres de Ourense, inspectores do ensino primario ou mestres da Asociación provincial do maxisterio. Destacan nomes como Joaquín Núñez de Couto, Xosé María González, Xosé Álvarez, Manuel E. Requejo Díaz, Xerardo Álvarez Limeses e Vicente Castro Legua. Este boletín decenal editábase en castelán, malia que nos últimos números contou con algún que outro poema en galego. Dentro das diversas seccións pódense subliñar os “Trabajos científicos y literarios de carácter pedagógico”, as “Disposiciones oficiales sobre los maestros de la Primera de las Secciones de Instrución Pública de la provincia”, “Sueltos y noticias”, ou unha sección dedicada aos “Trabajos y consejos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que xurdiu en Ferrol no ano 1886.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín anual que apareceu en Ourense en 1943 e que cesou en 1953. A iniciativa da súa creación correspondeulle ao grupo de colaboradores do Museo Marcelo Macías, entre os que estaban Xesús Ferro Couselo, Basilio Osaba e Ruiz de Erenchun que eran, ao mesmo tempo, directores do grupo e do boletín. A Xoán Fernández Pérez concedéuselle o título de director honorario. Tamén os colaboradores pertencían na súa maioría ao grupo do museo, persoas como Arribas Arranz, Florentino L. Cuevillas, Xosé Fernández Gallego, Olga Gallego Domínguez, Xosé Puga Brau, Vicente Risco, Carlos Vázquez Rodríguez ou Xesús Taboada Chivite. Só publicaba artigos en castelán e contaba con dúas seccións que se denominaban “Crónica del museo” e “Revistas de intercambio”. Aínda que se centrou na divulgación de traballos de investigación histórica ou arqueolóxica, tamén serviu como noticiario das actividades internas e de difusión do museo. Cómpre destacar que todos os artigos estaban ilustrados con láminas, fotografías,...
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade semanal aparecida ao redor de 1910 na Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación periódica que xurdiu en Ferrol no mes de maio de 1919. O colexio de practicantes desta cidade fíxose cargo da edición deste boletín, que se converteu no órgano de información dos auxiliares de medicina e cirurxía de toda Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter deportivo que apareceu nesta cidade no ano 1963, elaborado polo propio club deportivo de fútbol. Estaba redactado en castelán. O periódico cubría as crónicas dos encontros, lembraba as figuras do fútbol e as historias do club, do fútbol modesto e do xuvenil. Tamén conta cunha sección que se titula “Humor, fútbol y pasatiempos”. Destaca pola súa profusión en fotografías en branco e negro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter relixioso aparecida en Santiago de Compostela no último cuarto do século XX. Contaba con diversas colaboracións como a de Xosé González Paz, quen publicou un traballo titulado “Apuntes heráldicos de canónigos orensanos”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no ano 1933, non localizada, que introducía información dedicada ao campo e aos labores agrícolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter relixioso que naceu en Santiago de Compostela no ano 1942. Cualificouse como o suplemento do Boletín Oficial del Arzobispado. Nas súas follas podíanse ler todo tipo de artigos asinados polos membros do seminario; algúns deles levaban fotos en branco e negro. No anuncio para solicitar a subscrición afirmaba a importancia desta revista no movemento relixioso católico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no mes de agosto de 1982 en Melide. Aínda que non figurou baixo ningunha responsabilidade, os encargados da publicación foron o director do museo Xosé Manuel Broz Rei, o secretario Xosé Domingos Fuciños Gómez e os vocais Benedicto e Xulio Álvarez García. Este boletín deleitaba tanto cos poemas dos colaboradores Xosé Vázquez Pintor, Manuel Souto, Ramón Porto Trado ou Manuel Díaz, como coas traducións ao galego que Xosé María Monterroso Devesa fixo de Rabindranath Tagore ou de Henry Fellow. A pesar de que a súa finalidade era a recuperación, o estudo e a conservación do patrimonio histórico e artístico da comarca, tamén contou con artigos sobre Historia local, Etnografía, escavacións arqueolóxicas, Arte, Heráldica, música tradicional, onomástica da parroquia, etc. O boletín estaba ilustrado con debuxos e fotografías en branco e negro. A única mostra narrativa que se atopou é a publicación nun dos seus números dun relato de Exeria Branco. Na súa presentación afirmaban...
VER O DETALLE DO TERMO