"Loxia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 396.

  • Especialidade da botánica consagrada ao estudo dos liques. A súa creación parte da obra do sueco Erik Acharius (1757-1819). O seu labor de descrición e ordenación das novas especies, baseada aínda sobre caracteres macroscópicos pero feita segundo criterios modernos, foi ampliada por Elias Magnus Fries (1794-1878). Posteriormente, o italiano De Notaris empregou os caracteres microscópicos e Fréderic Nylander (1822-1889) engadiu a utilización de reaccións coloreadas. Simon Schwendener (1826-1919) demostrou a composición dobre dos liques. Actualmente, trabállase intensamente na química, a fisioloxía e a ecoloxía dos liques.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da xeoloxía que estudia as características físicoquímicas das rochas, así como as condicións baixo as que se formaron. A litoloxía e a mineraloxía comezaron sendo ciencias de observación dedicadas ao estudo das propiedades ópticas das rochas e minerais (cor, brillo, dureza ou tamaño dos grans). A ansia investigadora dos humanistas dos ss XV-XVI foi a que fomentou o desenvolvemento das denominadas Ciencias da Terra. A xeoloxía, estudo da orixe das rochas e da súa disposición, non sería abordada en profundidade ata finais do s XVII, aínda que importantes precursores como Bernard Passily ou Leonardo da Vinci iniciaron o estudo de fósiles mariños. O extraordinario desenvolvemento da química desde comenzos do s XIX permitiu definir con claridade as nocións de rocha e de especie mineral, feito que fixo posible unha clasificación racional dos tipos de rochas e dos seus compoñentes. A aparición de novas técnicas de análise no laboratorio (raios-X, novos métodos de difracción ou a...

    2. Parte da medicina relativa aos cálculos e ás concrecións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos frinxílidos, que se caracterizan por ter aspecto groso, coas mandíbulas do peteiro cruzadas, ás e cola negra, e o resto da plumaxe vermella nos machos ou verde acastañada nas femias. A este xénero pertencen especies como L. pytyopsittacus (cruzabico cabezón), L. curvirostra (cruzabico común), moi raras en Galicia, ainda que houbo algún rexistro ocasional delas no pasado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da zooloxía que estudia os moluscos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da zooloxía que estudia os mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que estudia as mamas, a súa fisioloxía e as súas patoloxías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da psicanálise proposta por S. Freud que se dedica ao estudo da psique e da súa relación coa realidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estuda a atmosfera e os fenómenos que teñen lugar nela. É considerada unha parte da física e ten un marcado carácter de observación, xa que xeralmente é imposible a experimentación e a reprodución dos fenómenos que teñen lugar na atmosfera. Ten un ámbito de estudo moi parecido ao da climatoloxía, pero diferénciase en que esta trata dos valores e as pautas que segue a atmosfera durante longos períodos de tempo e, pola contra, a meteoroloxía fai referencia ao estado das variables nun momento determinado. Os primeiros estudos meteorolóxicos foron feitos no s IV a C por Aristóteles e foi no s XVII cando se fixeron as primeiras observacións da temperatura, da presión e da choiva. A finais do s XVIII e a principios do s XIX un grupo de científicos europeos estableceron unha rede de estacións meteorolóxicas e apareceron os primeiros mapas do tempo. Foron os meteorólogos escandinavos, dirixidos por V.F.K. Bjerknes e polo seu fillo, quen desenvolveron a teoría das masas de aire e das...

    2. Aplicación da meteoroloxía a diferentes campos, como é o caso da meteoroloxía agrícola, meteoroloxía marítima, meteoroloxía médica ou meteoroloxía legal.

    3. Parte da meteoroloxía que estuda as leis de movementos da atmosfera e os mecanismos de formación e desenvolvemento dos sistemas ou perturbacións meteorolóxicas de diferentes escalas, mediante a aplicación das leis da dinámica de fluídos na atmosfera. Así, a predición meteorolóxica mediante modelos numéricos é unha das partes principais da meteoroloxía dinámica. Nos estudos prácticos de diagnóstico e de predición, utilízanse mapas e diagramas que representan o estado da atmosfera a unhas horas determinadas e sobre unha extensión restrinxida.

    4. Parte da meteoroloxía que estuda a radiación solar, primeira fonte de enerxía do sistema Terra-atmosfera, e a súa transformación noutros tipos de enerxía que interveñen nos fenómenos meteorolóxicos, a termodinámica da atmosfera, a física das nubes, os procesos que dan lugar ás precipitacións, as tempestades e os meteoros eléctricos e ópticos.

    5. Conxunto de estudos prácticos que se aplican diariamente para a previsión do tempo. A micrometeoroloxía estuda os procesos que se dan na parte máis baixa da atmosfera, denominada capa límite, onde teñen lugar os intercambios de materia e enerxía coa superficie terrestre e onde os fenómenos de viscosidade, turbulencia e, en definitiva, o rozamento do aire coa terra, son máis importantes. A aeroloxía estuda as capas atmosféricas máis altas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia do método.

    2. Estudo dos métodos de coñecemento, investigación e interpretación das ciencias. Segundo o obxecto que se considere podemos falar de diversas metodoloxías como a científica, a filosófica, a histórica e a pedagóxica.

    3. Aplicación coherente dun método.

    4. Parte da lóxica que ten por obxecto o estudo a posteriori dos métodos. I. Kant opuxo a metodoloxía ao conxunto da lóxica ao dividir, dunha banda, a estética e a lóxica transcendentais, e por outra, a metodoloxía transcendental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da ciencia e da técnica que se dedica á definición dos patróns de medidas e á determinación dos fenómenos físicos que os fomentan. A través da evolución da ciencia a metroloxía aplicouse á substitución dos modelos das unidades fundamentais de medida (denominados patróns) por modelos obtidos de fenómenos físicos inalterables e de fácil reprodución. A determinación dos patróns de medida son a base obxectiva das unidades fundamentais e, por tanto, dos sistemas de medida que se deriven.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da botánica que se dedica ao estudo dos fungos. Os estudos clásicos parten dos traballos de J. C. Schaeffer (1718-1790) e de P. Bulliard (1752-1793). Elias Magnus Fries (1794-1878) puxo as bases da taxonomía moderna. A micoloxía diversificouse moito, e nela destacan Rolf Singer, A. von Arx, C. S. Alexpoulos e F. K. Sparrow no estudo dos fungos acuáticos e R. W. G. Dennis e R. P. Korf no dos ascomicetos. En España cabe destacar as achegas de Telesforo de Aranzadi (1860-1945), Blas Lázaro Ibiza (1858-1921) e Romualdo González Fragoso (1862-1928). En Galicia os primeiros pasos en micoloxía deunos o botánico M. P. Colmeiro, que durante o s XIX fixo unha recompilación de citas sobre macromicetos, pero non foi ata o s XX, durante as décadas de 1940 e 1950, cando se iniciaron os primeiros estudos de carácter científico na Universidade de Santiago de Compostela. Durante esta etapa creouse o Centro Rexional de Ensinanzas e Investigacións Forestais de Lourizán, que tivo moita importancia no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio que se creou en 1982 en Pontevedra, organizado por Francisco Fernández de Ana Magán, coa finalidade de potenciar os novos investigadores de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da bioloxía que estuda os microorganismos. Ocúpase da descrición dos numerosos tipos de microorganismos, do estudo das súas condicións e medios de vida, da súa relación co medio, de todos aqueles casos en que os microorganismos actúan como patóxenos no home, nos animais e nas plantas, dos procesos industriais que mediante microorganismos producen alimentos (lévedos de panificación, iogures), e da produción industrial de antibióticos, aminoácidos e disolventes orgánicos. Está relacionada cos fenómenos de biodeterioración. Leeuwenhoek (1632-1723) foi o primeiro observador das bacterias do vinagre, do leite e da cavidade bucal. Pasteur (1822-1895) estableceu que os microorganismos son axentes produtores de cambios químicos importantes e descartou a teoría da xeración espontánea, probando que unha materia estéril illada da atmosfera non se descompón. A microbioloxía industrial naceu coa intención de obter métodos para conservar os alimentos, conseguíndose as técnicas de esterilización,...

    2. Estudo das relacións entre os microorganismos e os alimentos. Estas relacións poden ser beneficiosas (alimentos obtidos por fermentación) ou prexudiciais (contaminacións microbianas que deterioran ou intoxican os alimentos). As fermentacións industriais de interese alimentario débense a bacterias lácticas, bacterias acéticas (vinagre) e lévedos (bebidas alcohólicas, pan), entre outras. A deterioración biolóxica dos alimentos débese a microorganismos (bacterias ou lévedos). As contaminacións por bacterias patóxenas ocasionan toxiinfeccións (salmonelose) ou intoxicacións (estafilococia ou botulismo), que se poden evitar cunha preparación ou conservación adecuadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo dos corpos de tamaño microscópico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da paleontoloxía que estuda os fósiles que requiren do uso do microscopio para ser identificados e estudados, principalemte os organismos unicelulares fósiles e os restos esqueléticos microscópicos de protozoos, algas unicelulares, algúns briozoos e fragmentos de esqueleto de certos organismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado sobre as moscas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda os minerais. A mineraloxía non soamente se ocupa das substancias que forman a codia terrestre, senón que tamén comprende os meteoritos e os minerais extraterrestres. O documento máis antigo sobre minerais é o Tratado das pedras, do filósofo grego Teofrasto (372-287 a C). No s I, Plinio compilou moitos coñecementos de historia natural e describiu moitos minerais que entón se utilizaban como xemas, colorantes ou minerais metálicos. Durante a Idade Media a mineraloxía non tivo apenas importancia, e o interese por esta ciencia non rexurdiu ata o Renacemento. Unha obra clásica deste período é a de G. Agricola; despois del destaca a figura de Niels Tensen, coñecido como Stenon, que en 1669 enunciou a lei de constancia da simetría (ou dos ángulos diedros), que pon de manifesto a importancia da forma cristalina e dá pulo ao desenvolvemento da cristalografía. Durante o s XVIII os progresos foron lentos, pero constantes; entre os investigadores cómpre destacar...

    VER O DETALLE DO TERMO