"Mac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘fumar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘cigarro’ e ‘tabaco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arma ofensiva en forma de porra ou machete, co mango feito de madeira dura e o gume de pedernal, que usaban os indios americanos.

    2. Acción ou dito disparatado e sen tino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado na divisoria de augas das concas dos ríos Tordera e Onyar-Ter (4.010 h [2001]). A gandería ten unha importante tradición no municipio, e destaca a produción de madeira e de corcho e a extracción de granito. Posúe industria téxtil, metalúrxica, química, alimentaria e de materiais de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Amapá, Brasil, situado ao N da desembocadura do Amazonas (270.077 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que procede da advocación mariana de Nosa Señora da Esperanza, que na tradición popular recibe a denominación de a Macarena dado que a súa imaxe se venera na igrexa de San Xil, no barrio sevillano da Macarena. A súa festividade celébrase o 18 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anacoreta. Coñecido como o Grande, viviu no deserto de Scete onde se encargaba da asistencia espiritual doutros anacoretas. A súa festividade celébrase o 15 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Antioquía. Atribúenselle longas viaxes e peregrinacións a diferentes puntos de Europa. A súa festividade celébrase o 10 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Foi arcebispo de Novgorod e metropolitano de Moscova (1543). Tivo moita influencia sobre o tsar Iván IV o Terrible. Recolleu a tradición rusa en varios volumes sobre a vida dos santos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que deriva do grego Makarios ‘beato, feliz’ -que pasou ao latín cristián como Macarius-, e este do adxectivo makarios ‘feliz, aventurado’. Dos santos que levan este nome, destacan san Macario de Alexandría (s IV), anacoreta exipcio na Tebaida, que se celebra o 15 de xaneiro; san Macario de Gante, santo lendario nacido en Antioquía que se celebra o 10 de abril; e o mártir san Macario de Sevilla (s IV), que se celebra o 28 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión fitoxeográfica situada no Atlántico Norte, xunto a Europa e o N de África que comprende catro arquipélagos Canarias, Açores, Madeira e Cabo Verde así como os illotes denominados Salvaxes. Todos os arquipélagos teñen a súa orixe en volcáns oceánicos, xa que nunca estiveron unidos aos continentes senón que xurdiron de erupcións volcánicas. Caracterízase por un elevado número de especies endémicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Macaronesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariedade de pasta de fariña en forma de tubo de diferentes tamaños, formas e grosores, que se prepara cocida para formar parte de diversas preparacións culinarias. OBS: Adoita empregarse en plural.

    2. Tubo delgado de plástico que se emprega para recubrir cables eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á lingua ou á produción literaria dun autor na que se atenta gravemente contra a pureza do léxico ou as regras gramaticais.

    2. Linguaxe fiticia construída cun léxico vulgar e dialectal, pero con morfoloxía, sintaxe, métrica e prosodia latinas, que se usaba en composicións poéticas burlescas ou satíricas.

    3. Literatura escrita nun latín macarrónico. Comezou na Idade Media, en obras burlescas (cantos dos goliardos, sermóns joyeux, farsas, etc), e fíxose definitivo a finais do s XV, en Italia, co Baldus de Folengo. Na Península Ibérica publicáronse a Macaronea latino-portugueza (1791) e a Metrificatio invectivalis contra studia modernorum (1794).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar estadounidense. Foi comandante das forzas estadounidenses en Extremo Oriente durante a Segunda Guerra Mundial, e resistiu o ataque xaponés en marzo de 1942. Comandou a ofensiva do Pacífico, e nomeado xefe de todas as forzas aliadas do Pacífico (1945) conseguiu a vitoria sobre Xapón. Dirixiu as tropas da ONU en Corea pero foi destituído por Truman en 1951. Regresou a EE UU e apoiou a candidatura de Eisenhower á presidencia da nación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Macau, situada na costa S de China (342.548 h [1991]). Foi construída ao estilo europeo sobre unha escarpada península. Posúe un porto para viaxeiros de pouco calado. Ten establecementos de xogo e diversión no barrio chinés. É un bispado católico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de China localizada na costa SL, ao O de Hong Kong, no mar de China Meridional (436.686 h [estim 2001]). A capital é Macau. Comprende a península de Macau e as illas de Taipa e Colane. A poboación é chinesa cunha minoría portuguesa. A actividade principal da poboación é a pesca. A economía baséase no porto e no turismo. Foi dominio portugués desde 1557, e desde mediados do s XIX experimentou unha certa decadencia coa aparición da colonia británica de Hong Kong. Declarada Provincia de Ultramar de Portugal en 1951, adquiriu o estatuto de territorio especial en 1976. En decembro de 1999 produciuse a súa devolución a China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, historiador e crítico literario. Foi deputado whig na Cámara dos Comúns (1830), cargo desde o que contribuíu á reforma parlamentaria de 1832, e secretario de Guerra (1834-1841). Escribiu History of England from the Accession of James the Second (1849-1861) na que demostra o seu liberalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que deriva do inglés Macbeth, forma anglicanizada do antigo nome persoal escocés Mac (prefixo patronímico gaélico) e Bheatha (nome persoal derivado do gaélico beatha ‘vida’).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Escocia (1040-1054) e conde de Moray. Cabeza do Partido Céltico, opúxose ao Rei Duncan I, e despois de matalo, gobernou o reino. Cando Siward de Northumbria invadiu o país, foi derrotado e perdeu Escocia meridional. Continuou a loita ao N, pero foi asasinado por Malcolm, fillo do Rei Duncan.

    VER O DETALLE DO TERMO