"Nan" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1411.
-
GALICIA
Escritor e xornalista. Emigrado a Arxentina, desenvolveu nese país a súa actividade ata o seu regreso a España. Despois da Guerra Civil, e sobre todo nos anos corenta, alternou colaboracións en publicacións periódicas galegas, como La Voz de Galicia, e madrileñas. Das súas obras destacan Dicionario de El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha (1962), Dicionario del novelista (1983) e Antologia del pensamiento cinematográfico (1947?), primeira obra que un autor galego dedica á técnica cinematográfica e ás súas repercusións artísticas a partir de obras e artigos preexistentes, cunha estrutura didáctica na que relaciona frases máis ou menos coñecidas que serven para unha aproximación aos primeiros cincuenta anos do cine. Son rechamantes as reproducións de pensamentos de S. M. Eisenstein, nuns tempos no que todo o soviético estaba anatematizado cultural e politicamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Louis-Ferdinand Destouches.
-
PERSOEIRO
Escritor. Licenciouse en Ciencias Políticas e Económicas na Universidad de Madrid. Foi director do departamento de difusión do Instituto Nacional del Libro Español, director da revista El Libro Español e profesor na Escuela de Librería de Madrid. Publicou, entre outros libros, Edición y comercio del libro español 1900-1972 (1972) e Historia del Derecho español de prensa e imprenta 1502-1966 (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiadora da arte. Doutora en Historia da Arte Antiga e Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela (1995), ampliou estudios en Estrasburgo, París e Perugia. Profesora de historia da arte na facultade de Xeografía e Historia dende 1994, especializouse no estudo da iconografía da morte na escultura funeraria do medievo galego. Realizou traballos de investigación relacionados coa diocese de Tui-Vigo, como a confección do seu inventario mobiliario litúrxico e o estudo histórico e estrutural da catedral tudense. Colaborou, entre outras publicacións en Tuy. Museo y Archivo histórico diocesano, Museo de Pontevedra, Cuadernos de Estudios Gallegos e Archivo Español de Arte. Dirixiu a colección de historia da arte da Fundación Cultural Rutas do Románico. Foi coautora, entre outras obras, de A comarca do Deza (1998), Pola beira do Miño en Galicia e Portugal (1999) e Arte y poder en la Galicia de los Trastámara: la provincia de La Coruña (2000). Entre as súas obras destacan La catedral...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política. Graduada en Psicorientoloxía pola University of Laredo (Texas), realizou cursos de dereito na Université de La Sorbonne e de socioloxía en Helsingor (Dinamarca). Residiu en Suíza (1972-1975), onde ocupou o cargo de secretaria da Federación de Entidades Españolas dos cantóns de St. Gallen e Appenzell. Ao seu regreso integrouse na política local de Vilagarcía e ocupou a secretaría xeral da Xunta local do PP. Foi deputada do Parlamento galego, polo PP, na IV lexislatura (1993-1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Emigrado a Arxentina, ingresou no exército e participou como capitán das milicias de Río Negro na guerra con Portugal (1801) e na liberación de Bos Aires, ocupada polos ingleses en 1806. En 1814, como comandante militar da praza de Paysandú (Uruguay), axudou os exércitos españois que estaban asediados en Montevideo polos independentistas. Unha vez finalizado o proceso independentista, trasladouse a España.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de El Salvador (2.017 km2; 177.320 h [estim 1992), drenado polo río Lempa. A súa economía baséase na agricultura, principalmente nos cereais, a cana de azucre e o café. Teñen tamén importancia os xacementos de cobre e chumbo. A capital é Chalatenango (27.600 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e editor. Despois de fundar o xornal vigués La Oliva, xunto con J. Ramón Fernández en 1856, marchou a La Habana; alí constituíu unha librería e un obradoiro de publicacións. En 1868 fundou, xunto con Francisco de Armas Martínez, a revista El Ateneo. Máis tarde editou os semanarios El moro Muza, D. Juanípero, Juan Palomo e La Legalidad. Amais exerceu como correspondente en Cuba do xornal El Heraldo Gallego de Ourense. Na súa editorial La Propaganda Literaria publicou numerosos libros en galego, entre eles, Follas Novas (1880) de Rosalía de Castro, e Aires da Miña Terra (1880), de Curros Enríquez. Contribuíu, do mesmo xeito, á impresión de Historia de Galicia, de Murguía, e á edición de libros relacionados coa educación, a agricultura e a administración. Unha vez instalado o seu obradoiro en Madrid, tirou do prelo durante catro anos a publicación La Ilustración Gallega y Asturiana, co apoio do seu...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, historiador e xornalista republicano, fillo de Xosé María Chao Rodríguez. Trasladouse a Vigo coa súa familia por motivos políticos e cursou estudios nesta cidade ata que marchou a Santiago de Compostela, onde comezou a carreira de Farmacia; alí participou na acción da Lavacolla contra os carlistas; posteriormente colaborou na defensa do sitio da praza de Vigo por parte do comandante-xeneral de Pontevedra. Trasladouse a Madrid, onde se licenciou en Farmacia, e iniciou a súa andaina xornalística como redactor de La Gaceta. En 1854 foi elixido deputado por Ourense para as Cortes constituíntes, que por primeira vez non eran absolutamente monárquicas. Participou, xunto cos sarxentos do cuartel de San Gil, no levantamento popular de 1866, polo que tivo que exiliarse a Francia. Durante o seu exilio, entre xuño de 1866 e setembro de 1868, viaxou por toda Europa e axudou a organizar o movemento liderado polo xeneral Pierrand no Alto Aragón. Tralo triunfo da Gloriosa (18 de setembro de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador de arte. Licenciouse en Dereito e doutorouse en Historia. Profesor de Historia da Arte Contemporánea na Universidad Complutense de Madrid, foi director do Museo del Prado. A súa especialidade investigadora céntrase na arte renacentista en España. É colaborador de publicacións como Goya, Fragmentos ou Archivo Español de Arte. Publicou, entre outras obras, El coleccionismo en España (1985), o catálogo da exposición Juan de Herrera y el Clasicismo (1986), Carlos V y la imagen del héroe en el Renacimiento (1993), Felipe II: mecenas de las Artes (1993), Tiziano y la monarquía hispánica: usos y funciones de la pintura veneciana en España, siglos XVI y XVII (1994) e Carlos V: la imagen del poder en el Renacimiento (1999). É autor da Guía para el estudo de la historia del arte (1980), xunto a García Felguera e Morán Turina, El Renacimiento: formación y crisis del modelo clásico (1987), con Víctor Nieto Alcaide, e Arquitectura del Renacimiento en España 1488-1599 (1989),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Foi reivindicado polos artistas surrealistas como un referente do naïf e do onirismo. O Palacio Ideal (1879-1910) é unha obra produto da imaxinación de Cheval que mestura elementos arquitectónicos do románico, do barroco, da arquitectura exipcia, hindú, musulmana, etc. O carácter ecléctico do palacio reforzouse pola exhuberancia escultórica que incorpora figuras de animais exóticos e motivos bíblicos, entre outros símbolos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e historiador de arquitectura e de urbanismo. Estudiou arquitectura na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1936) e socioloxía e urbanismo na University of Columbia (EE UU). Foi catedrático da Escola Superior de Arquitectura e director do Museo de Arte Contemporáneo en Madrid (1958). Foi senador (1977-1979) e conselleiro do reino (1978-1979). Entre as súas obras destacan La catedral de Valladolid: una página del siglo de oro de la arquitectura (1947), La catedral nueva de Salamanca: Historia documental de su construción (1951), Museo del Prado: Guiones de arquitectura (1952), Historia de la arquitectura española (1965), Breve historia del urbanismo (1968), La crisis del lenguaje arquitectónico (1972), Historia de la arquitectura occidental (1974), Liberalismo, ideas y recuerdos (1989), El Palacio Real de Madrid (1993) e Arquitectura de Madrid, siglo XX (1999). Participou tamén nas obras colectivas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘borracheira’.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Ch’ungch’ ǒ ng Meridional, na República de Corea, situada ao S de Seúl (330.259 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bispo de Ourense. Ingresou de neno no mosteiro bernardo de Sobrado dos Monxes, onde tomou os hábitos; despois trasladouse ao colexio de San Bernardo de Salamanca. Licenciouse en Teoloxía na Universidade de Salamanca e acadou o grao de mestre (1692). Entre 1667 e 1670 exerceu como catedrático de Física nesta Universidade, en 1710 conseguiu a cátedra de san Anselmo e máis tarde a cátedra de Prima da universidade salmantina (1722). Foi, ademais, abade do colexio de San Bernardo de Salamanca e xeneral da súa congregación en Castela desde o ano 1724. En 1728 foi elixido bispo de Ourense, posto que desempeñou ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pedagogo. Doutor en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor no Colexio Universitario de Ourense (1979-1990) e, dende 1990, profesor de teoría e historia da educación na Universidade de Vigo. Foi director do Colexio Universitario de Ourense (1989-1990), vicedecano e decano da facultade de Humanidades e, dende 1998, vicerrector de Extensión Universitaria. En 1979 ingresou no Movemento Cooperativo da Escola Popular e, en 1983, contribuíu á fundación da Nova Escola Galega (NEG) baseada na pedagoxía de Célestin Freinet. Coordinou o suplemento pedagóxico “Na escola” (1988-1992) dos diarios La Región e Atlántico Diario, e promocionou as xornadas de educación para a paz (1985-1996), que intentou proxectar internacionalmente; unha síntese desta experiencia recóllese na obra Human Rights and values Education in Europe (Dereitos humanos e valores educativos en Europa). Dende a NEG promoveu a homenaxe aos mestres da ATEO, a Ferrer i Guàrdia, a...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Discípulo de Francesco Albani, a súa obra caracterízase pola minuciosidade e polo seu perfecto acabado. Realizou a decoración do palacio de Boloña, o fresco da Asunción da Virxe e o Paraíso na cúpula da catedral de Forlì. En 1711 converteuse no primeiro presidente da Accademia Clementina de Boloña. O seu fillo Felice Cignani (Boloña 1660 - 1724) e o seu sobriño Paolo Cignani (Boloña 1709 - 1764) foron tamén pintores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Perda da facultade de percibir a sensación de movemento por mor dun trastorno da sensibilidade profunda.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Formado na Escuela de Arquitectura de Madrid, exerceu como arquitecto municipal da Coruña (1863-1890) e como arquitecto diocesano desde 1887. Participou no deseño urbanístico e na construción pública da cidade herculina, onde implantou o eclecticismo arquitectónico. Foi un dos introdutores da galería tradicional segundo o estilo burgués. Entre outras obras, rematou o Teatro Principal (1869), deseñou os soportais da avenida da Mariña (1870), os alzados interiores dos edificios da praza de María Pita (1877), a ampliación do cemiterio municipal (1881) e construíu o Asilo das Irmás dos Pobres (1899). Proxectou a restauración das igrexas románicas da colexiata de Santa María do Campo (1879-1894) e da igrexa de Santiago (1897) e trazou os planos do hotel do balneario de Arteixo, construído entre 1898 e 1915. En 1890 abandonou o cargo de arquitecto municipal e centrouse nos encargos de obra privada, entre os que destaca a casa dos irmáns García Naveira en Betanzos (1879). Foi membro...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Traballou con Xoán González no pintado e dourado do retablo da igrexa do mosteiro de Santa María de Belvís, en Santiago de Compostela (1549).
VER O DETALLE DO TERMO