"Nande" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 594.
-
GALICIA
Actriz. Participou nos espectáculos Sinxebra, estreado en 1948 polo grupo Santa Lucía da Coruña a partir dun texto de Armando Cotarelo Valledor, e Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, presentado en 1959 tamén na Coruña pola Asociación Teatral Iberoamericana.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e político. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidad de Valladolid. Fundador e director do xornal tradicionalista El Radical, posteriormente exerceu como redactor xefe e director de La Región. Continuou o seu labor xornalístico en El Heraldo Orensano. Foi presidente da Deputación de Ourense, director da Escola de Comercio e delegado de Educación e Descanso. Como investigador de temas relacionados coa historia local e provincial publicou Poesías de José García Mosquera (1817-1868) (1948) e Valentín Lamas Carvajal. Estudio biobibliográfico (1950). Recibiu un premio do Centro Gallego de La Habana polo seu traballo “Curros Enríquez, periodista”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre e político. Coñecido co alcume de Pedrosa, residiu en Ferrol onde, en 1890, fundou e dirixiu El Obrero, primeiro semanario socialista de Galicia, ao que substituíron La Voz del Obrero (1894), El Bien del Obrero (publicación que contou na súa xénese coa participación persoal de Pablo Iglesias durante a súa estadía en Ferrol en decembro de 1899) e La Antorcha Social (1902). En febreiro de 1891 fundou e presidiu en Ferrol a primeira agrupación socialista galega, integrada inicialmente por 40 persoas, das que 38 eran traballadores manuais e dúas mestres. Convertido en líder do socialismo ferrolán (na prensa da época fálase del como sucesor de Pablo Iglesias, con quen participou en numerosos mitins, tanto en Ferrol como na Coruña e Santiago de Compostela), acudiu como delegado, en representación das agrupacións de Ferrol e da Coruña, ao Congreso do Partido Socialista celebrado en València en 1892. Representou a candidatura socialista nas eleccións...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro naval, mariño e político. Como enxeñeiro traballou en Bazán (1970-1983) e dirixiu os estaleiros Astafersa (Astilleros y Talleres Ferrolanos SA, 1986-1990) e a oficina técnica naval Prior. No eido deportivo, ocupou a presidencia do Club Baloncesto OAR (1960-1994) e foi fundador e presidente da Asociación de Clubes de Baloncesto (ACB). Deputado pola Coruña no Parlamento galego na III e en parte da IV lexislaturas (1990-1995) polo Partido Popular, foi nomeado conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, cargo desde o que traballou na posta en marcha dos plans de electrificación rural, telefonía rural, residuos industriais, gasificación e o plan eólico. En 1995 fundou Independentes por Ferrol, formación pola que foi elixido concelleiro de Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor. Doutor en Pedagoxía pola Universidad Complutense de Madrid, profesor de piano e director de diversos coros dende 1983. Presidente da Conferencia de Evangelistas de España dende 1996, dirixiu o programa evanxélico na Radio e Televisión de Galicia Nacer de novo. Colaborador na revista Galicia viva, publicou Nacer de novo (1987), Didáctica de la lengua y enseñanza en Galicia (1987), Cambia de ritmo (1992), Con la música a otra parte (1999) e Cara a cara (2000). Editou os traballos musicais Melodías para sempre (1986), Al trasluz (1988), La visita (1990) e Grandes temas instrumentales de Navidad (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, fillo de Francisco Fernández Anciles. Exerceu a medicina e foi redactor de El Independente e Diario de Pontevedra. Da súa produción destacan numerosas poesías, o monólogo O vello paroleiro (1912) e a zarzuela O pote (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Director xeral de Caixanova. Ingresou na Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo e ascendeu na entidade bancaria ata converterse no seu director xeral en 1965 e no 2000 da nova entidade Caixanova. En nome da entidade formou parte do consello de administración de numerosas empresas e institucións (Confederación Española de Cajas de Ahorro, Ahorro Corporación Financiera, Caser); presidiu Lico-Corporación, SA e foi vicepresidente do Banco Gallego e de R Cable y Telecomunicaciones de Galicia SA. Baixo a súa dirección, produciuse unha expansión da Obra Social da entidade que levou a cabo numerosas realizacións de carácter cultural, docente e asistencial (Centro Cultural Caixanova, Escola de Negocios Caixanova, Escola de Administracións Públicas Caixanova). Foi socio fundador da Fundación Empresa-Universidad Gallega, da Fundación FIES (Fondo para a Investigación Económica e Social) e da Fundación Pro-Vigo, e membro dos padroados do Centro Galego de Arte Contemporánea e da Fundación...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e historiador. Interesouse en temas de historia local que publicou no Boletín da Real Academia Galega e en diversas revistas americanas. Das súas obras destacan Sobre insculturas rupestres en la provincia de Pontevedra (1916), Judiadas colonnianas: o La nueva fantasía sobre el hallazgo del libro náutico de Cristobal Colón (1924) e Arte rupestre galaico (1930). Membro correspondente das comisións provinciais de monumentos de Ourense e Pontevedra, da Academia Latina de Ciencias, Artes e Letras de París, da Real Academia de la Historia, da Sociedad Arqueológica e da Academia de Declamación, Música e Buenas Letras de Málaga.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Emigrou a Brasil onde comezou a desenvolver a súa vocación de pintor e instalouse en São Paulo. En 1901 viaxou a Nápoles e Roma, onde estudiou a arte clásica e, en Antícoli, coincidiu con outros artistas españois. Agobiado polas débedas regresou en 1903 a Galicia e, ao ano seguinte, trasladouse a Madrid coa intención de ser discípulo de Sorolla, pero só se dedicou a copiar os mestres españois do Museo del Prado e a asistir a clases de debuxo no Círculo de Bellas Artes. Regresou a Brasil e instalouse en Santos, onde realizou a súa primeira exposición individual en 1905. Os fracasos económicos, que non da crítica, foron a tónica das súas primeiras exposicións en São Paulo e Rio de Janeiro, ata que en 1907 conseguiu triunfar en Belén do Pará. Nesta época vendeu, Docas do mercado de Santos, Anaruxa, Icarahy, Pedra dos ladrões e Barbasán pintando en Antícoli, e moitas outras tanto da súa época italiana como brasileira. Dende entón realizou viaxes a España, onde se presentou a diversos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor galego. En Nós publicou O segundo premio (1918) e na colección Terra a nosa a novela curta Amor sinxelo (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo e ampliou estudios no Taller de Pintura Pablo Ruíz Picasso do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (1999). Recibiu, entre outras, a bolsa de paisaxe da Fundación Mondariz-Balneario (1997). A súa poética repensa a pintura como unha expresión lírica, nunha sorte de paixases emocionais, nas que as veladuras, as luces e sombras, recuperan valores pitóricos tradicionais sen esquecer a investigación constante da materia. Desde 1994 participou en exposicións tanto individuais como colectivas, como o Certame de Pintura Eixo Atlántico do Noroeste, Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1999) e no 2001 Bienal de Lalín, Mostra Unión Fenosa e 767 na Fundación Laxeiro. A súa obra está presente, entre outras, nas coleccións do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa e na Fundación Mondariz-Balneario.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico. Estudiou Ciencias Químicas na Universidad Complutense de Madrid, onde se doutorou en 1971. Profesor de química na Universidade de Santiago de Compostela, centrou o seu labor investigador especialmente no estudo dos nucleósidos carbocíclicos e da terapéutica antialérxica. Publicou numerosos artigos científicos en revistas especializadas e traduciu do inglés ao castelán os libros La química de alta presión (1967), Química orgánica básica (1968), Introdución a la nomenclatura química (1970) e Procesos sintéticos en química orgánica (1976). En 1993 entrou na Real Academia Galega de Ciencias, da que foi nomeado secretario (1993) e vicepresidente (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como Cochorro, especializouse en talla en madeira na Escola de Artes e Oficios da Coruña. En 1973 participou na II Experiencia da Escola Libre do Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos. Realizou exposicións individuais en diversas cidades galegas e participou, entre outras mostras colectivas, no I Encontro de Artistas Xóvenes de Vigo (1976), na Bienal de Pontevedra (1977), en O Gaiteiro nas Artes (1993-1995) e en Galicia Interior (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Na súa obra predomina a acción e a intriga. Publicou Poesías (1835), El bastardo y el rey (1851), Los desheredados (1865) e María (1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, economista e xornalista. Estudiou dereito en Santiago de Compostela e logo en Madrid. Colaborou nos xornais El Contemporáneo, El Español, La Gaceta Popular, La Ilustración Española y Americana, El Heraldo Gallego, El Eco de Orense e El Derecho. Publicou Retratos y semblanzas (1872) e Portugal contemporáneo: de Madrid a Oporto pasando por Lisboa. Diario de un caminante (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Iniciou o seu labor periodístico como director do semanario Las Riberas; posteriormente exerceu como redactor de El Regional e de El Pueblo Católico. En Santiago de Compostela, ademais de traballar como secretario da Universidade, colaborou en Gaceta de Galicia e foi redactor de El Eco de Santiago. Escribiu Prosa de la vida (1901), Lucha de sentimientos (1903), Senda de amargura (1911) e Gallegos ilustres. Montero Ríos (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Camilo Valdeorras, foi actor e director teatral e vinculouse co colectivo Rompente. Escribiu Progreso e andrómena de Antroido. Farsa veraz e alegoría festiva (Premio Abrente 1977), unha recreación das loitas labregas dos anos setenta a partir de técnicas propias do teatro documento e do teatro de axitación social.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, escritor e músico. Comezou a súa formación en Santiago de Compostela, onde asistiu a clases de solfexo na Escola de Artes e Oficios e estudou violín co mestre Manuel Valverde. Co seu irmán Mario fundou a revista SIR (Sociedad Infantil Revolucionaria), da que saíron tres números. En 1928 recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña e trasladouse a Madrid para continuar os seus estudios de violín na Escuela Superior de Música do Real Conservatorio, centro que tivo que abandonar no derradeiro curso por mor da ruína do seu pai. En Madrid asistiu aos parladoiros político-literarios de La Granja del Henar, do Café Negresco ou El Molinero, e, en 1933, incorporouse ao grupo político que dirixían Juan Andrade e Andrés Nin, que deu lugar á Oposición de Izquierda. No eido literario colaborou nas revistas Nueva España e Leviatán, e como crítico musical en PAN (Poetas Artistas Navegantes). Ao final do servizo militar e trala Revolución de Asturias, foi condenado...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Comezou a súa formación artística en Santiago de Compostela da man de Camilo Díaz Baliño. Con 13 anos fundou co seu irmán Eugenio a revista SIR (Sociedad Infantil Revolucionaria) na que colaboraban, entre outros, C. Maside, L. Seoane e F. Rolán. En 1928 realizou as súas primeiras mostras individuais na Sala Liste de Santiago de Compostela e na Sala Turismo de Pontevedra e anos despois participou na Exposición Rexional Permanente de Santiago. En 1931 trasladouse a Madrid coa súa familia, onde recibiu clases de pintura da man de Federico Rivas na Universidad Popular e onde asistiu aos parladoiros de La Granja del Henar, o Café Madrid e o café do Hotel Gran Vía, xunto co seu irmán e outros intelectuais galegos. Foi un dos integrantes do grupo de arte e teatro Avance e participou nunha exposición no Ateneo con R. Alberti e A. Rodríguez Luna. Traballou nas oficinas do mercado central de Madrid e colaborou no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM) e na revista Comunismo....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Director musical e compositor. Realizou estudios musicais no Real Conservatorio de Música de Madrid e en 1963 ingresou no corpo de directores de bandas de música civís. Posteriormente, trasladouse a Suíza, onde residiu quince anos, e alí dirixiu a Harmonie Ste. Cecile d’Orbe, Unión Instrumental de Payerne e a Harmonie Municipale de Monthey. Foi profesor cantonal de música para cursos de perfeccionamento no cantón de Vaud, profesor nas escolas de música de Moudon e Payerne e do Conservatorio de Friburgo. Dirixiu concertos en Tübingen, Múnic, Stuttgart, Dijon, Nîmes, Baune, Basilea, Alstatten, etc. Dende o seu regreso a España (1979) ata o seu nomeamento como director da Banda Municipal de Música da Coruña, foi director titular da Banda Municipal de Música de Lugo. Conta con varias gravacións discográficas, é autor do himno Ville de Payerne e das súas composicións destaca A Freixa, A ruliña, Panxoliña, Saúdo e O cantar do vento. Director...
VER O DETALLE DO TERMO