"OCI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 818.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de separación e segmentación do citoplasma que ten lugar na última fase da mitose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á citocinese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura existente nalgunhas dinofíceas, en forma de cavidade, cun líquido tóxico a presión e un filamento enrolado en espiral, moi semellante ao nematocisto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula urticante característica dos cnidarios, que ten unha función ofensiva e defensiva. Distínguese, ademais do núcleo e do citoplasma, o nematocisto, composto dunha cápsula que contén un líquido urticante e un filamento enrolado no seu interior. O contacto cun corpo estraño fai que se desenrole o filamento e que, por un buraco que hai no extremo, lle inxecte o líquido urticante á presa ou ao atacante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das células típicas das esponxas que forman o endoderma. Son troncocónicas e están provistas dun longo flaxelo, rodeado na base dun colar de lanuxe microscópica, que forma un mecanismo de filtración. A función dos coanocitos é a de capturar as partículas nutritivas e dixerilas.
-
-
de cocer ou cocerse.
-
Preparación culinaria feita con carnes, legumes e hortalizas cocidas xuntas, que varía substancialmente segundo as rexións e que se adoita tomar precedido dunha sopa. O cocido galego inclúe carnes de porco (lacón, costela, touciño, panceta e cacheira), chourizos e patacas (antigamente, no seu lugar, empregábanse castañas ou nabos); e, xeralmente, carne fresca de tenreira, grelos, verzas, nabizas, repolo, garavanzos ou fabas. Os ingredientes varían segundo as zonas, dispoñibilidades estacionais e costumes tradicionais, como o de incluír o bolo, o petelo ou o petote no Entroido dalgunhas zonas de Galicia. En Lalín (o domingo anterior ao de Entroido) e en Cee (agosto) celébranse unhas festas gastronómicas do cocido. Entre os restantes cocidos ibéricos o referente principal é a olla podrida castelá, versión rica do máis sinxelo puchero, que se adoita preparar con garavanzos, carne de vaca ou carneiro e algo de touciño ou xamón; ás veces,...
-
Aroma pronunciado e acaramelado que poden presentar os viños feitos con uvas maduras en veráns moi cálidos, que evoca o das cereixas ou o dalgúns confeitos.
-
-
-
-
Número que resulta da división dun número (dividendo) por outro (divisor); así, o cociente de 24 por 8 é 3. Polo xeral, o dividendo é igual ao produto polo divisor máis o residuo ou resta.
-
conxunto cociente
Establecida unha relación de equivalencia R nun conxunto C, conxunto C/R das clases obtidas pola relación antedita R; isto é, que cada clase está formada por todos os elementos de C relacionados entre eles.
-
-
Relación que se pode establecer entre a cantidade de substancias nutritivas consumidas por un organismo e a masa que incorpora como resultado da asimilación. Para representar a eficiencia no fluxo de enerxía total nos niveis heterotróficos, adóitase calcular o cociente asimilatorio en unidades de enerxía.
-
Cifra que representa a intelixencia e que se obtén mediante a división entre a idade mental dun individuo (conseguida por medio de determinados tests de intelixencia) e a súa idade cronolóxica, multiplicada por cen. W. L. Stern introduciu o concepto en 1912 e L. Terman adaptouno á revisión da escala de Binet-Simon. Aplicado aos adultos, Wechsler definiu o concepto como a proporción entre a intelixencia e o nivel medio correspondente á súa idade e ao seu grupo social. Esta relación ten unha extensa gama de valores: considérase 100 o punto medio, por debaixo de 70 como de deficiencia intelectual, e unha intelixencia superior por riba de 130. Ten un valor relativo xa que os patróns utilizados son moi variables.
-
Índice do nivel xeral da actividade metabólica dun organismo, determinado pola medida do consumo de osíxeno, indicativo dos procesos catabólicos de oxidación que se levan a cabo. Cando se mide en condicións de repouso físico e mental, e de 12 a 18 horas despois da última comida, chámase cociente de metabolismo basal.
-
Relación do volume de dióxido de carbono producido co de osíxeno gastado na respiración nun mesmo tempo. Esta relación depende directamente dos principios inmediatos que se oxidan, xa que estes, ao teren diferentes proporcións de carbono e de hidróxeno, precisan diferentes cantidades de osíxeno para oxidar un volume determinado.
-
Número de individuos que, por cada cen de sexo feminino, son concibidos (cociente sexual primario), nacen (cociente sexual secundario) ou acadan a idade adulta (cociente sexual terciario).
-
-
-
Estancia da casa onde se prepara e cociña a comida. A disposición tradicional na casa rural constaba de lareira, rodeada de bancos ou escanos, a miúdo cun apoio alto e movible, que servía de mesa. A carón do lume situábase o barreño e o forno do pan. O vertedeiro con pía de pedra, o alzadeiro e o burro amoblaban a cociña. A aparición dos fogóns elevados comportou a protección e a decoración da parede con azulexos. A miúdo figuraban na cociña a artesa e o armario do pan. A moderna progresión dos aparatos electrodomésticos desfigurou totalmente a antiga cociña.
-
Forma de elaboración culinaria propia dun país ou rexión. En Europa pódese distinguir o sector nórdico, caracterizado pola cociña da manteiga, o uso da cervexa como bebida e os produtos afumados; e a cociña mediterránea, que emprega aceite de oliva, viño e produtos conservados por salgadura. En Francia, o desenvolvemento da gastronomía levou a identificar a maior parte da cociña francesa como cociña internacional. As cociñas orientais (indonesia, xaponesa e chinesa) caracterízanse pola súa multiplicidade de combinacións e polo emprego de produtos do mar (peixes e algas) e prebes elaborados a partir de soia.
-
-
Aparello calorífico con distintos fogóns que se emprega para a elaboración da comida. Ex: A nosa cociña de ferro quenta moito no inverno.
-
cociña económica
Cociña de ferro para aproveitar mellor a calor; constaba dun forno, un depósito de auga e de dous ou máis fogóns.
-
-
Departamento das fábricas de estampar onde se preparan e cociñan as cores en pequenas caldeiras quentadas ao baño maría.
-
Cuarto elemental construído no fondo dun terreo, xeralmente cunha soa planta baixa ou un só andar; a parte anterior do terreo quedaba sen edificar, en forma de patio, desde a rúa. A palabra apareceu xa no s XVII e perdurou nos títulos de propiedade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, un piñeiro de sinople, ao que está encaramado unha rapaza, perseguida por unha serpe e ferida por un cabaleiro.
-
GALICIA
Político e empresario. Iniciou a súa andaina política no ano 1969 como presidente do sindicato mixto local de actuacións diversas. En 1971 foi elixido concelleiro en Ribadeo polo terzo sindical, cargos que renovou democraticamente na candidatura de Coalición Democrática. Foi parlamentario, pola circunscrición de Lugo, na primeira e na segunda lexislatura galega polo Partido Popular. Foi tamén tenente de alcalde e alcalde da súa vila natal. Director da Caixa Rural de Lugo en Ribadeo, é membro da confederación de empresarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
) Xornalista. Estudiou dereito en Santiago de Compostela e foi presidente da Academia Literaria. Fundou, xunto con Tiburcio Faraldo, o xornal El Centinela de Galicia (1843) e dirixiu El Oriente, de Madrid (1853). Publicou Un sueño en Estambul en el año 1550 (1840), Lecciones críticas de la historia del derecho romano y español (1841) e o Discurso pronunciado por el presidente de la Academia Literaria en la sesión general de la reposición de cargos del año 1842 (1842). Atribúeselle tamén a Reseña histórica de los últimos acontecimientos de Galicia (1846).
VER O DETALLE DO TERMO -
CABOS
Cabo do litoral da parroquia de Suevos, no concello de Arteixo, situado ao N da enseada da Becha.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta que constitúe o extremo NL da illa de Onza, no S do arquipélago das Ons, na parroquia da Illa de Ons (concello de Bueu).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Someter a unha fonte de calor un alimento para a súa elaboración. Pode ser en seco (na grella, no lume vivo e na prancha), con graxa (fritido ou salteado), en líquido (fervido, escalfado ou ao vapor), ao forno ou cunha técnica combinada (refogado, estufado, rustridos, etc). Cada método de cocción consegue unha transformación característica do alimento que inflúe na súa dixestibilidade, características nutricias e propiedades organolépticas. O asado confírelle un gusto característico pola transformación que experimentan os azucres e as aminas expostas a unha calor intensa (ademais, se se fai sobre lume de carbón ou madeira pode adquirir un aroma afumado); sen embargo, pode causar endurecemento nas estruturas proteicas (carnes e peixes). O guisado extrae da vianda a graxa e outras materias solubles, de maneira que se mellora a dixestibilidade pero pode perderse valor nutricio. É adecuado para viandas fibrosas -carnes pouco nobres-, porque a calor pouco intensa e prolongada converte o coláxeno...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten como profesión cociñar. Ex: O cociñeiro deste restaurante é moi bo.
-
RIOS
Río do Epiro, afluente do Aqueronte. Pertencente á mitoloxía grega, Virxilio describiuno como o principal río dos infernos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación política nacida en 1977 no seo do Partido Socialista Galego (PSG). Os seus integrantes, entre os que figuraban Xosé Luís Rodríguez Pardo, Ceferino Díaz e Fernando González Laxe, postulaban un achegamento entre os socialistas galegos e españois para, deste xeito, acadar a unidade da esquerda en Galicia. Como consecuencia desa proposta, foron expulsados do PSG e moitos deles ingresaron no PSOE galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervención cirúrxica plástica que se efectúa sobre a vaxina e a vexiga urinaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio do número e das características das células de escamadura fisiolóxica da vaxina. Emprégase para a investigación das fases do ciclo ovárico e os seus trastornos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo rexional da ONU creado o día 9 de agosto de 1973, como sucesor da Oficina Económica e Social das Nacións Unidas en Beirut e refundado o 26 de xullo de 1985. O seu programa de traballo caracterízase pola dimensión rexional das súas actividades, específicas para cada país e centradas no ámbito social.