"Pin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 715.
-
PERSOEIRO
Compositor e organista. Relixioso franciscano, comezou os estudios musicais en Madrid e en 1909 trasladouse a Pontevedra. Foi membro fundador da Coral Polifónica de Pontevedra e director de diversas agrupacións musicais. Autor de numerosos artigos sobre música, das súas composicións destaca Colección de cantos religiosos, Romance de doña Alda, Camiña don Sancho, mañanciña fría, Alalá de Pontevedra e Este é o tempo. Así mesmo, publicou Canto popular gallego (1922), Año seráfico, o sea, santoral de la primera orden franciscana (1932) e Canto popular gallego. Colección de temas musicales y coplas gallegas (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiadora e política. Exerceu a docencia no ensino medio e na UNED de Pontevedra. Foi concelleira polo Partido Popular no concello de Vigo (1995-1999) e deputada por Pontevedra na IV lexislatura (1993-1997), durante a que presidiu a comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Radiólogo. Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela (1945). Especializouse en radioterapia e radiodiagnóstico. Mestre da primeira xeración de radiólogos modernos galegos, foi o primeiro catedrático de Terapéutica Física da universidade compostelá (1966) e xefe do departamento de radioloxía no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, no que organizou o primeiro servizo de radioterapia do hospital. Foi o primeiro catedrático, posto que ocupou ata a súa xubilación (1985). Foi un dos impulsores do cambio de denominación da asignatura a Radioloxía e Medicina Física.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado do SL de Asia, formado polo arquipélago homónimo, ao NL de Borneo. Limita ao N co estreito de Luzón, que o separa de Taiwán, ao L co Océano Pacífico, ao S co mar de Célebes e ao O co Mar da China Meridional (300.076 km2; 75.967.000 h [2000]). Está formado por máis de 7.000 illas, as máis grandes son a de Luzón, ao N, e Mindanao, ao S, seguidas por nove illas consideradas medianas (Samar, Negros, Palawan, Panay, Leyte, Mindoro, Cebu, Bohol e Masbate). Estas once illas representan o 92% do territorio de Filipinas. Esténdese entre os 21° e 5° de latitude N e os 116° e 127° de lonxitude L. A capital é Manila.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
Morfoloxicamente, Filipinas é o resultado de movementos oroxénicos recentes, debido á súa situación nunha área de subdución xeolóxica, onde a codia terrestre se funde e dá lugar á aparición de relevos moi montañosos e profundas fosas mariñas. Así, a maioría das illas son de orixe volcánica,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Operacións militares en Filipinas durante a Segunda Guerra Mundial. A ofensiva xaponesa (10 de decembro de 1941) obrigou a McArthur a abandonar as illas (marzo de 1942) e á rendición dos últimos continxentes norteamericanos en Bataan e Corregidor. A resistencia das guerrillas impediu o control total das Filipinas polos invasores. O contraataque aliado reconquistou o arquipélago e liberou Manila (4 de febreiro de 1945).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fosa do Océano Pacífico que bordea polo O o mar de Filipinas. De forma estreita e alongada, a súa profundidade máxima é de 10.541 m.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do Océano Pacífico comprendida entre as illas de Luzón, Samar e Mindanao ao SO, as Carolinas ao SL, as Marianas ao L, as illas Bonin e Volcano ao NO, as illas xaponesas de Honshū, Shikoku e Kyūshū ao N e a illa de Taiwán no extremo occidental.
-
-
Relativo ou pertencente a Filipinas ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Filipinas.
-
Lingua nacional e oficial de Filipinas, por estandarización do tagalo.
-
Arte desenvolvida nas Illas Filipinas. Coa conquista española introduciuse en primeiro lugar a arte barroca. En Manila construíronse a fortaleza de Santiago (1582) e a igrexa de Santo Domingo (1615). No s XIX destacou a obra neogótica de Felipe Roxas e a catedral neobizantina de Manila de Hervás; no s XX sobresae a obra de P. Antonio e C. Argüelles. A escultura iniciouse coa imitación da imaxinería castelá pero a partir do s XIX acadou valor propio con M. Asunción, J. Arévalo e J. Alcántara. A pintura desenvolveuse no s XIX coa creación da Escuela Superior de Bellas Artes de Manila; no s XX destacaron D. Lorenzo, A. García Llamas e R. A. Ocampo.
-
Literatura desenvolvida en Filipinas e escrita en tagalo, castelán e inglés. Produciu obras en tagalo dende o s XVI, en castelán destacou José Rizal e na literatura en inglés sobresaen as narracións curtas e as novelas.
-
Arte musical desenvolvida en Filipinas. Os expedicionarios de Magalhães (1521) documentaron instrumentos musicais autóctonos e a actividade musical principal eran as danzas rituais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Signo que aparece sobre todo na primeira fase da encefalopatía hepática, e que se caracteriza por un tremor peculiar, especialmente nas mans e nos dedos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-Romero en Mondoñedo. Foi a substituta de El Eco de Puentedeume.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario editado en Vilalba a partir de 1916. Cesou a súa edición en 1918. Subtitulouse “Revista pintoresca ilustrada” e contiña información sobre agricultura, turismo, socioloxía, arte e literatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao rapaz que con astucia, pero sen maldade, comete enganos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de doces ou froitos garapiñados.
-
-
Facer que un líquido se solidifique formando grumos.
-
Recubrir algo, especialmente froitos secos, cun xarope ou caramelo que cando se derrete forma grumos.
-
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Comezou a súa carreira co guión e dirección das obras, en formato vídeo, El incidente (1983) e Madrid-2 (1984). Codirixiu e foi guionista da longametraxe Urxa (1989). O seu último proxecto como director foi A barbería (1993). Nese mesmo ano fundou a empresa Síntese Vídeo Infografía. Ao longo da súa carreira traballou como crítico de cine no xornal La Voz de Galicia co pseudónimo Ocho y cuarto, e impartiu cursos de Iniciación á Linguaxe Audiovisual en Pontevedra, Marín e Vilagarcía de Arousa. Recibiu o premio de curtametraxes de ficción no Festival Internacional de Cine de Troia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e dramaturgo. A súa obra destaca por ter incorporado elementos vangardistas que van do surrealismo ao absurdo e pola presentación de temáticas de actualidade como as relacións de parella, sen renunciar a unha denuncia da situación política de finais dos sesenta e principios dos setenta. Escribiu Ocio, celo, pasión de Jacinto Disipado (1970), Gioconda-Cicatriz (1970), El taxidermista (1978) ou La sangre del tiempo (1980). A compañía Teatro de Ningures escenificou en 1986 o seu texto As mans limpas, con dirección de Manuel F. Vieites.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Garlopa pequena dunha soa folla que se emprega para desbastar a madeira.
-
-
Nome xenérico das hormonas que estimulan a actividade reprodutora das gónadas. A maioría destas hormonas prodúcense na adenohipófise. As gonadotropinas inclúen a hormona estimulante do folículo (FSH) e a hormona luteinizante (LH). Tamén recibe o nome de gonadotrofina ou hormona gonadotropa.
-
Hormona que produce a placenta dos mamíferos superiores despois da fecundación; a súa acción é a de manter a actividade do corpo lúteo ata que a placenta estea en condicións de suplir a súa función. O descubrimento de grandes cantidades de gonadotropina coriónica humana (hCG) nos ouriños da muller é a base das probas biolóxicas de embarazo.
-
-
CIDADES
Cidade do land de Baden-Württemberg, Alemaña (54.600 h [1990]). Situada ao pé do Jura, posúe industria química, téxtil e alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Áncora pequena que se emprega para rastrexar as redes do fondo do mar.