"RDA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 499.
-
-
Relativo ou pertencente ao Empordá ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de l’Empordá.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ligamento de cordas cheas de anzois que se emprega para pescar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de colocar unha rede de malla fina en espiral ao longo das cordas das bateas para protexer e amarrar as crías de mexillón á corda e impedir que caian por mor das correntes de auga.
-
-
Poñer ou colocar cordas a un obxecto, especialmente a un instrumento musical.
-
Atar ou suxeitar algo ou a alguén cunha corda, dándolle voltas ao seu redor.
-
Realizar un encordado no proceso de cultivo do mexillón nas bateas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen enfarda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de enfardar.
-
-
Formar fardos.
-
Empaquetar mercadorías.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de engordar un animal por medio dunha alimentación axeitada. Aplícase só aos animais e razas destinadas á produción de carne. O período de engorda depende do animal de que se trate e a duración deste período depende da raza, do peso que se queira conseguir e do alimento empregado.
-
-
Dar moita comida a un animal destinado á produción de carne co fin de que críe máis graxa e carne.
-
Facer que alguén aumente de peso.
-
Facer que algo se volva máis denso.
-
Prosperar economicamente grazas a outros.
-
Pórse gordo ou máis gordo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Pan alleo pouco engorda. Quen non engorda comendo menos engorda lambendo. O que non mata engorda. Se queres cedo engordar, come con fame e bebe de vagar. O ollo do amo engorda o cabalo. Quen vello engorda, dúas mocidades logra”.
-
-
-
Luxar algo con lorda, especialmente a roupa.
-
Mancharse con lorda, especialmente a roupa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
axordar.
-
PERSOEIRO
Humanista e teólogo. O seu verdadeiro nome era Geert Geerts, pero, seguindo unha tendencia humanística e interpretando que o seu nome viña do verbo medio-holandés ghëren ‘desexar’, cambiouno por Desiderius Erasmus Rotterdamus, latinizando o primeiro nome e grecizando o segundo. Formado en diversas escolas relixiosas de Goude e Deventer, profesou como agostiño no mosteiro de Steyn en 1488 e en 1492 ordenouse. Os seus estudios como latinista fixeron que se convertese en 1493 no secretario do bispo de Cambrai. En 1495 retomou os seus estudios na Universidade de París, onde entrou en contacto co humanismo platónico italiano e as doutrinas da devotio moderna. Entre 1496 e 1500 viaxou polos Países Baixos e Inglaterra, onde coñeceu o teólogo John Colet e o humanista cristián Thomas More, que o conduciron a unha síntese de platonismo e cristianismo e a unha piedade paulina e cristocéntrica. En 1500 publicou Adagiorum collectanea, colección de ao redor...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Desfacer unha morea de algo que estaba amontoado.
-
Falar sen reparo dicindo necidades.
-
-
-
Espantarse o gando.
-
Separarse un animal do rabaño extraviándose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Torcedura ou distensión violenta dunha articulación sen luxación, con posible ruptura dun ligamento ou de fibras musculares periarticulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Torcer violentamente unha articulación sen chegar a producir luxación.
-
-
Máquina de guerra medieval que proxectaba pedras e dardos.
-
Peza lixeira de artillería naval, do xénero das bombardas, que se empregou por primeira vez en 1304, trala súa incorporación polo almirante xenovés R. Grimaldi. Estaba fixada a unha longa armazón de madeira sostida por unha forquita metálica. Continuou empregándose nos ss XIV e XV.
-
Arma de fogo portátil de carga anterior, que se fixo común en Europa no s XV, en substitución da colobrina de man e que continuou empregándose ata finais do s XVI. A súa culata pechábase cun obturador móbil, fixado mediante unha chaveta, e incorporaba unha caixa de base plana que permitía apoiar a espingarda no ombreiro no intre de disparar, para conseguir unha maior puntería.
-
Arma portátil de canón moi longo, coa ánima lisa e chave de pedra de chispa, coa caixa traballada con incrustacións ou damasquinada. Foi empregada polos norteafricanos ata mediados do s XX.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘escopeta’.
-
-
-
Lado oposto ao dereito.
-
Man ou perna esquerda.
-
Sector dunha asemblea política situada á esquerda do presidente e formado tradicionalmente polos representantes dos partidos progresistas. O termo aplícase a aquela política, ideoloxía ou partido de tendencia progresista, cunha maior incidencia nas cuestións sociais e máis sensibilizado ante as demandas dos grupos máis desprotexidos. A orixe do termo alude ao lugar físico que ocupaban os grupos políticos na Estados Xerais (1789) durante a Revolución Francesa, á dereita os conservadores e á esquerda os progresistas. A ideoloxía de esquerdas fundaméntase nas liberdades e na igualdade social; a corrente marxista engadiu factores como a necesidade da acción social e a práctica revolucionaria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político que xurdiu en 1997 coa escisión de Esquerda Unida dun grupo, liderado por Anxo Guerreiro, desconforme coa dirección do partido, que non aceptaba presentarse en coalición co PSdG nos comicios autonómicos dese ano, aos que EdG se presentou finalmente en coalición co PSdG-PSOE e Os Verdes. Obtivo dous representantes no Parlamento, que lle permitiron constituír un grupo parlamentario propio. Definiuse como un partido socialista, democrático e republicano e as súas propostas estiveron vinculadas á defensa dos postulados da esquerda nacionalista. Nas eleccións de 2001 ofreceulle ao PSdG-PSOE un pacto para concorrer de novo xuntos aos comicios. A negativa dos socialistas, que só estaban dispostos a admitir a EdG se se integraba totalmente no partido, levounos a acudir en solitario aos comicios nos que non acadaron representación parlamentaria. Disolveuse en maio de 2002.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político xurdido durante a transición política española, liderado por Fernando García Agudín. O seu papel fundamental desenvolveuno na cidade da Coruña. Integrouse no Partido Popular Galego (PPG), xunto coa Unión Demócratica de Galicia, en maio de 1976. No ámbito estatal, vinculouse a Izquierda Democrática. Profesou unha orientación demócrata-cristiá e federalista, pero cun tímido senso nacionalista. Disolveuse trala desaparición do PPG en 1978.