"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

    1. Acción e efecto de argumentar.

    2. Conxunto de argumentos para soster ou contradicir unha opinión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen argumenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expor razoamentos para demostrar ou refutar algo.

    2. Presentar argumentos sobre unha cousa ou persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do discurso oratorio na que se concentra e resume a materia tratada, expóñense as razóns aducidas en defensa dunha posición determinada (probatio) e desmóntase a opinión contraria (refutatio).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Razón aducida como proba dunha proposición, para convencer a alguén dalgunha cousa.

      1. Razoamento destinado a probar ou refutar unha proposición dada.

      2. Nunha función lóxica, variable independente.

      1. ariable ao nome ou un valor que aparece como un dato de entrada dun proceso que corresponde ao cálculo dunha función, e que ten como resultado a execución da función, e como dato de saída, o valor da función. Para diferencialo dun parámetro (ou argumento fiticio), tamén se denomina argumento efectivo.

      2. alores pasados a unha función ou procedemento por un programa.

    2. No ámbito literario resumo que se fai dunha obra seguindo o fío narrativo. Oponse ao tema, que informa do núcleo xenético da obra.

      1. Ángulo formado por un vector e o eixe de referencia.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Siberia oriental, límite entre a China e Rusia (1.530 km), que se une ao Silka para formar o Amur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos fasiánidos ao que pertence o argo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que tanto nos seus ditos como feitos manifesta un entendemento fino, enxeñoso e ocorrente.

    2. Persoa amiga de empregar argucias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina inglesa. Dende 1935 a 1938 foi estrela do Sadler´s Wells Ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo condado de Escocia cara á canle do Norte, que tiña por capital Lochgilphead.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico escocés. Describiu unha síndrome, chamada síndrome de Argyll-Robertson, caracterizada pola perda de reflexos fotomotores da pupila, coa conservación dos reflexos de acomodación e de converxencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título concedido en Escocia no 1701 a lord Archibald Campbell, décimo conde de Argyll. O condado fora creado no 1475 para Colin Campbell, lord Grande Chanceler de Escocia. Os condes de Argyll exerceron durante xeracións o cargo de Xustiza do Reino de Escocia ata que o oitavo conde dooullo ao Rei Carlos I de Inglaterra. Despois da execución deste Rei, coroaron ao seu fillo Carlos II (1650). Os duques de Argyll conservan o cargo herdado de Master da casa do Rei en Escocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bolboretas diurnas da familia dos ninfálidos, moi vistosas, que se caracterizan por ter, na parte inferior das ás, unhas manchas nacaradas, de tons claros; pero na parte superior son de tons máis escuros, con manchas e raias negras e avermelladas. Hai moitas especies europeas, e outras, de medidas máis grandes, son americanas e asiáticas. En Galicia pódese atopar a especie A. paphia, de 6 cm de envergadura e con tres fileiras de puntos negros no bordo das ás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos esternoptícidos ao que pertence a machada luminosa espiñenta e a machada luminosa horizontal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos esciaénidos ao que pertence a corvina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso dos Alpes austríacos entre Vorarlberg e o Tirol (1.793 m). Separa a conca do Rin e a do Inn. A rexión de Arlberg é o lugar de orixe da escola alpina de esquí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e inventor. Centrou a súa actividade no campo da industria armamentística e fundou os famosos talleres Elswick (1847). No 1854 presentou o canón que ten o seu nome, de retrocarga e alma raiada, co que revolucionou as técnicas de artillería. Aplicou con éxito a forza hidráulica á artillería de mariña (1870). En 1897 constituíu a sociedade Armstrong, Whitworth and Co, Ltd, que se transformou na Vickers-A.-Limited Company. En 1877 recibiu o título de barón Armstrong of Cragside.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania Setentrional-Westfalia, Alemaña (75.600 h [estim 1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés romántico. Foi o fundador do primeiro xornal romanés Albina romineasca (A abella romanesa, 1929), promoveu organizacións culturais en lingua romanesa e escribiu novelas históricas, dramas e poesías, fortemente influídas polo clasicismo renacentista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Baviera, Alemaña, á beira do Main (63.600 h [1990]). Centro industrial (confección de roupa de home, tractores, produtos químicos). Destaca o seu castelo, orixinalmente romano, reconstruído (1605-1614) por Georg Riedinger, mostra importante da influencia renacentista francesa. Antiga cidade dos alamanos (Civitas Ascapha), dende o s X ata 1803 pertenceu ao arcebispado de Maguncia. A causa da súa participación nas revoltas campesiñas foi desposuída dos seus privilexios en 1525. En 1803 converteuse en capital do principado instituído a favor do príncipe primado da Confederación do Rin, Carles Teodor von Dalberg. En 1815 incorporouse a Baviera e en 1866 foi escenario dunha vitoria prusiana sobre os aliados dos austríacos na guerra austro-prusiana.

    VER O DETALLE DO TERMO