"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

    1. Radiación electromagnética emitida ao ser decelerada (freada ou deflectida) unha partícula cargada, de alta enerxía, cando atravesa a materia. Gracias ao acelerador de partículas, foi posible producir e estudar a radiación de freada orixinada pola difusión (scattering) de partículas con muóns, pións e protóns. Cando a bremsstrahlung se produce como consecuencia dunha emisión β ou dunha captura electrónica, fálase de bremsstrahlung interna; no resto dos casos, de bremsstrahlung externa. Cando o campo que causa a freada é un campo magnético, fálase de bremsstrahlung magnética, aínda que é máis corrente falar da radiación de sincrotrón (cando as velocidades son relativistas) e da radiación de ciclotrón (cando non o son).

    2. Colisión inelástica entre un fotón e un electrón no campo dun ión, coa conseguinte absorción da enerxía do fotón polo electrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • País de Francia, considerado como parte de Borgoña, que comprende parte dos departamentos de Ain, Saône-et-Loire e Jura. É unha área de solos pobres, con bosque nas partes máis altas, cunha economía baseada na agricultura e, sobre todo, na gandería e na avicultura. Os centros comarcais son Louhans e Bourg-en-Bresse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico e fotográfico francés, sempre á marxe das correntes dominantes no cine do seu país. Traballou primeiramente como guionista e máis tarde dirixindo películas: Les anges du peché (Os anxos do pecado, 1943), Les dames du bois de Boulogne (As damas do bosque de Boulogne, 1944) e Le journal d´un curé de campagne (O diario dun párroco de campo, 1950). Progresou na depuración do seu estilo cara a un rigor e unha sobriedade ascéticas. Realizou tamén: Le diable probablement (O diaño probablemente, 1977) e L´argent (A prata, 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización italiana revolucionaria clandestina. Fundada no 1969 por Renato Curcio e formada por elementos de extrema esquerda, dende o 1970 cometeu unha serie de atentados contra altos cargos e instalacións do estado. Tamén realizou diversos secuestros, a miúdo acabados en asasinato, como no caso de Aldo Moro, secuestrado en 1978. Moitos dos seus dirixentes iniciais están en prisión -entre eles Curcio- ou xa morreron en encontros coa policía. A finais de 1981 secuestraron a un xeneral estadounidense destinado en Verona, que foi rescatado pola policía en 1982, e, como consecuencia, produciuse a detención de numerosos activistas e o conseguinte debilitamento da forza do grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político francés. En 1788 fundou a Sociedade de Amigos dos Negros e, ao producirse a Revolución Francesa, foi elixido deputado por París na Asemblea Lexislativa logrando que esta proclamase a igualdade de dereitos para os negros. Foi un dos dirixentes dos xirondinos. Morreu guillotinado. Entre os seus escritos salientan Teoría das leis criminais (1781) e Ós meus lectores (1793).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación inglesa, creada no 1831, que ten por obxectivo impulsar e sistematizar a investigación científica e divulgar os coñecementos científicos entre o gran público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1919. Dirixida por David W. Griffith, foi interpretada por Richard Barthelmess, Lillian Gish, Donald Crips e Arthur Howarc. Chen, un chinés emigrado a Londres, acolle a unha rapaza maltratada polo seu pai, quen, sentíndose traicionado, a mata. Chen acabará matando o pai da rapaza e, finalmente, suicidarase. Esta traxedia do mundo moderno tentaba reproducir algúns dos temas criticados polo director; a intolerancia, o racismo, a brutalidade e a maldade conviven nun mundo no que tamén teñen cabida os sentimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo. Foi un dos fundadores da revista Dau al Set (1948). Tivo unha grande influencia nos grupos vangardistas de Barcelona e colaborou con pintores, escultores, músicos e cineastas como Joan Miró, Pere Portabella ou Antoni Tàpies. No 1950 publicou o poemario Em va fer Joan Brossa e en 1951 estreou as pezas teatrais Farsa com si els espectadors miressin l’ escenari a vista d’ocell e Nocturns encontres. Reuniu a súa obra en Poesia i prosa (1994) e Teatre (1996). Recibiu o Premi Lletra d’Or (1981) e de Artes Plàstiques (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e musicólogo. Foi mestre de capela da catedral de Estrasburgo e, posteriormente, da de Meaux. Formou unha biblioteca musical riquísima que actualmente está gardada nos fondos da Bibliothèque Nationale de París. Sobre música publicou o Ditionnaire (1701 e 1703) e Lettre en forme de dissertation à M. Demotz sur sa nouvelle méthode d’ écrire le plain-chaint et la musique (Carta en forma de disertación a M. Demotz sobre o seu novo método de escribir o canto e a música, 1729). Compuxo, sobre todo, cantatas e motetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi un dos últimos representantes do estilo renacentista francés. En 1608 foi nomeado arquitecto da coroa. Traballou no castelo de Montceaux-lés-Meaux e edificou o Coulommiers, iniciado en 1613 e derrubado nos tempos de Luís XIV. Entre 1615 e 1630 levantou o palacio de Luxemburgo en París. Realizou tamén o acueduto de Arcueil (1624).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico militar francés, profesor na Universidade de París. Sostivo que as enfermidades eran secundarias a unha inflamación de aparello dixestivo, e elaborou unha teoría (broussaismo) segundo a que practicamente o único tratamento efectivo eran as sangrías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Membro activo da Primeira Internacional, foi expulsado de Francia polos feitos da Comuna (1871) e instalouse en Barcelona, onde participou na revolución republicana do 1871 e de onde tamén foi expulsado. Repudiou a violencia e, de volta a Francia, liderou o socialismo posibilista a partir de 1881, opóndose aos socialistas dirixidos por Lafargue e Guesde. Fundou Le Prolétaire, órgano dos posibilistas. En 1905 foi presidente do consello municipal de París e, en 1906, deputado da Asemblea Nacional. Publicou La propriété collective et les services publics (A propiedade colectiva e os servicios públicos, 1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e naturalista occitano. Foi deputado na primeira asemblea da Revolución Francesa, pero, sospeitoso de ser xirondino, tivo que exiliarse. Foi profesor de botánica na Universidade de Montpellier e escribiu traballos sobre ictioloxía e sobre botánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes mariños da familia dos soleidos ao que pertence a lirpa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e político. Foi catedrático de Pedagoxía na Sorbonne e ocupou diversos cargos políticos relacionados coa educación. No 1871 ocupou o posto de inspector de primaria e despois, chamado por Jules Ferry, pasou ao ministerio como director de ensino primario; participou na elaboración de leis educativas, promoveu a Liga dos Dereitos Humanos e recibiu o Premio Nobel da Paz en 1927. Gracias ás súas investigacións, a pedagoxía acadou en Francia nivel universitario, fundou as escolas normais superiores para a formación de inspectores e profesores, defendeu o ensino laico e obrigatorio, e a escola cívica. É autor, entre outras obras, de Ditionnaire de Pédagogie (Dicionario de Pedagoxía, 1882-1893), Nouveau ditionnaire de Pédagogie et de l’Enseignement Primaire (Novo dicionario de Pedagoxía e ensino primario, 1911) e La religion, la morale et la science dans l’education contemporaine (A relixión, a moral e a ciencia na educación contemporánea, 1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folla voante en dobre folio editada por Xoán Gherlinc aló polo ano 1496 en Monterrei. Presenta letra gótica, capitais lombardas a dous tamaños e cincuenta e unha liñas. Atópase na biblioteca da Hispanic Society en Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento fosilífero descuberto en 1907 por Charles D. Walcott nas Montañas Rochosas da Columbia Británica (Canadá) preto do paso de Burgess. Dos xistos de Burgess Shale proceden un conxunto de animais pertencentes á fila, xurdidos hai 550 Ma, totalmente descoñecidos hoxe na Terra; entre eles atópanse os xéneros Hallucigenia, Nectocaris, Opabiana e Pikaia, que habitaron os mares durante a era Precámbrica. Ademais, atopáronse anélidos relacionados coas actuais miñocas, priapúlidos, un tipo arcaico de verme de mar, e cordados primitivos. Os fósiles de Burgess Shale foron examinados por Harry Whittington e Conway Morris a partir dos anos sesenta e constitúen un dos feitos que sustentan a teoría continxente da historia da vida do paleontólogo Stephen Jay Gould.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e compositor inglés. Dedicado ao ensino, especializouse na fonética e na literatura e despois iniciou un labor moi prolífico como novelista, do que destacan títulos como A Clockwork Orange (A laranxa mecánica, 1962), levada ao cine por S. Kubrick en 1972, Nothing Like the Sun (Nada como o sol, 1964), Urgent Copy (Copia urxente, 1969), Earthly Powers (Poderes terreais, 1980) ou Enderby’s Dark Lady (A muller morena de Enderby, 1984). Cultivou o ensaio, estudiou a obra de J. Joyce e publicou unha biografía sobre Ernest Hemingway. No eido musical compuxo, entre outras pezas, Blooms of Dublin (Flores de Dublín, 1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Membro dunha familia de artistas, o seu bisavó, Thomas Burgess (activo 1766-1786), tivo academia propia en Maiden Lane, o avó, William Burgess (1749-1812) foi retratista e o seu pai H. G. Burgess (activo 1809-1844) foi pintor de paisaxes. Discípulo de sir William Charles Ross e J. M. Leigh, estudiou na Real Academia. Iniciouse con escenas de xénero e retratos. Viaxou a España e dedicouse por completo a pintar cadros de tema español. Entre as súas obras cómpre destacar Bravo, Toro (1865), Robada por los gitanos (1868), Concediendo la licenza a los mendigos de España (1877) ou La limosna de un artista (1886). Foi membro da Real Academia dende 1888, onde exhibiu desde 1850 a 1896.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado 4 km ao NO da cidade de València (3 km2; 34.061 h [1996]). A súa estrutura económica, tradicionalmente baseada no sector agropecuario, mudou para adoptar un perfil secundario e terciario, favorecido pola localización de actividades industriais e de servicios que provocou a expansión urbanística da capital. A agricultura ocupa só o 1% dos traballadores, destacando o cultivo das laranxeiras. As principais industrias son a téxtil, a do vidro, a construción mecánica e os xoguetes, a pirotecnia, o caucho e os mobles. Entre as principais empresas do sector servicios sobresae a televisión autonómica valenciana (Canal Nou), instalada no municipio. Burjassot, incluída dentro da área metropolitana de València, experimentou entre as décadas de 1960 e 1980 unha grande afluencia de inmigrantes, que a levaron a duplicar a súa poboación. A primeira referencia documental sobre a poboación data de 1237, cando trala conquista de...

    VER O DETALLE DO TERMO