"andi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 305.
-
-
-
Relativo ou pertencente á lingua madinga.
-
Lingua mandé do phylum níxer-congo que se fala en Gambia, Guiné-Bissau e Senegal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne ou fruticosa, de ata 3 m de altura, que presenta raíces tuberosas e follas dixitadas. É orixinaria de Brasil e cultívase en toda América tropical e en diversas zonas de Asia e África. Polo seu contido en glícidos, substitúe, en certos países, os cereais na dieta alimenticia. Os tubérculos empréganse na industria téxtil, na fabricación de explosivos e de alcohol, e das súas raíces extráese unha fécula denominada tapioca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
avelaíña.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e sindicalista. Militante do PSOE e UGT desde 1970, foi deputado polo PSOE no Congreso (1980-1986) e membro do Parlamento de Andalucía (1986-1987). A partir de 1986 foi elixido secretario xeral de UGT Andalucía. En 1994 substituíu a Nicolás Redondo Urbieta como secretario xeral da organización e foi elixido presidente da Confederación Europea de Sindicatos (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Actividade empresarial que forma parte da función de distribución e comprende todo o conxunto de accións que intentan adoptar as características do produto e a súa presentación ás necesidades e aos gustos do consumidor. Actúa fundamentalmente sobre o comercio polo miúdo, colaborando coas empresas deste último nivel de comercialización.
-
PERSOEIRO
Pedagogo. Realizou estudos de Veterinaria, Dereito e Maxisterio. Exerceu a docencia en diversas escolas e colaborou en diversos periódicos, ademais de estar vinculado á vida cultural galega do seu tempo. Rexeitou un ensino sumido na rutina e en locais incorrectamente acondicionados e avogou polo traballo manual como técnica pedagóxica. Da súa produción destacan La escuela primaria es libre. La escuela oficial obligatoria atenta a un derecho inalienable y a un deber sagrado del padre de familia, Santiago y Padrón e El trabajo manual educativo: Medios para implantarlo de un modo eficaz en las escuelas de primera enseñanza (1907), ademais dalgunhas composicións poéticas como o romance “O mayo” ou poema relixioso “A cruz de mayo” (1932). Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Recibiu a Medalla de Afonso XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que designa o modo de actuar de alguén.
-
PERSOEIRO
Pintor. Estivo influenciado por Cézanne, a pintura metafísica, o futurismo e o Valorici Plastici. Pintou naturezas mortas de obxectos familiares, a base de formas puras e uso de cores nítidas. Cultivou tamén a augaforte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘cos cambios necesarios’, ‘coas correccións necesarias’.
-
-
Relativo ou pertencente aos nandi e á súa lingua.
-
Individuo do pobo nandi.
-
Pobo da África oriental, de raza nilótica. Habitan a beira do lago Vic22toria, nos estados de Kenya e Tanzania. A súa cultura é basicamente gandeira, aínda que comezan a sedentarizarse e a practicar o cultivo da terra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos carnívoros da familia dos vivérridos. A este xénero pertence a especie N. binotata, de ata 1,10 m de lonxitude, incluída a cola, que é case tan longa como a cabeza e corpo xuntos, e máis escura que o resto do corpo. Ten unha coloración variable, entre grisácea e marrón, e a miúdo posúe dúas manchas cremosas entre os ombreiros. Teñen patas e orellas curtas, estas últimas redondeadas. Habita en África, desde Guiné-Bissau ata o S de Sudán e desde o S ao N de Angola e L de Zimbabwe.
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Seguidor de Vecchietta, traballou preferentemente en Siena, onde ata 1475 pintou asociado co F. di Giorgio Martini. O tema case único da súa produción foi a Virxe co Neno. Como escultor fixo un San Bernardino en Borgo a Mozzano, e unha Santa Caterina no oratorio da santa, en Siena.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Formou parte da milicia nacional. A súa andaina política comezou no progresismo, e pasou por diferentes tendencias como o autoritarismo (1868), o carlismo (1870) e o absolutismo. Foi deputado en numerosas ocasións entre 1844 e 1872 e ministro da Gobernación (1856-1857). Defendeu a necesidade dunha lei do funcionariado, o dereito da Igrexa a administrar os seus bens, e redactou a Lei da Imprenta (1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión histórica e antiga provincia do N de Francia, comprendida entre Picardie ao L, Bretaña ao S, e o canal da Mancha ao N (29.906 km2; 3.202.385 h [1999]). Está subdividida en dúas rexións administrativas e cinco departamentos: Alta Normandía, cos departamentos do Sena Marítimo e Aure (1.780.192 h [1999]), e Baixa Normandía, cos departamentos de Calvados, Orne e Manche (1.422.193 h [1999]). Está constituída por un conxunto de rexións naturais ben diferenciadas. No sector oriental do altiplano da Alta Normandía predominan as cretas brancas, recubertas por unha capa de arxilas. Na Baixa Normandía destaca unha plataforma calcaria. A costa normanda é variada, con sectores abruptos, como os acantilados de creta branca, e outros chairos, como a ampla baía do Mont-Saint-Michel. A industrialización do triángulo Rouen-Le Havre-Caen potenciou un incremento demográfico xa alimentado por unha alta taxa de natalidade. Dentro da economía agropecuaria destacan as producións de carne e leite....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ofensiva da Segunda Guerra Mundial (1939-1945), iniciada polos aliados o 6 de xuño de 1944, que lles permitiu ocupar unha parte da costa normanda e preparar o avance que desfixo a fronte occidental alemá. Dirixida polo xeneral estadounidense Dwight D. Eisenhower, no asalto participaron 156.000 homes, entre estadounidenses, ingleses e canadenses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de liques, da familia das verrucáceas, que presenta talo crustáceo, que está desapegado da maior parte do soporte en que se atopan, e son de cor verde intensa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo protectorado británico de África Oriental, independente desde 1964 co nome de Malawi.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Coñecido como Manoel de Oliveira, foi un documentalista relevante entre 1930 e 1940 (Douro, Faina Fluvial, 1931). Considerado o director máis importante do cine portugués, destacan os seus filmes, Aniki-Bobó (1942), Amor de perdição (1978), Francisca (1981), Le soulier de satin (1985), Os canibais (1988), Non ou a Vã Glória de Mandar (1990), A Divina Comédia (1991), O convento (1995), Inquietude (1998), O Princípio da Incerteza (2002), Um Filme Falado (2003) e O Quinto Império. Ontem como Hoje (2004). Recibiu o Leone d’Oro de Venecia pola súa carreira cinematográfica (2004) e o Premio Cineuropa de Santiago de Compostela (2004).
VER O DETALLE DO TERMO