"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

    1. Relativo ou pertencente ás Antillas.

    2. Habitante ou natural das Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo das illas Virxes que ata que foron vendidas aos EE UU no ano 1917 estiveron baixo a soberanía danesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliñación oroxénica submarina que prolonga os relevos de Terra do Fogo en dirección leste ata os relevos volcánicos das illas Sandwich do Sur. Desde alí, bordeando polo S a fosa do Meteoro (8.264 m de profundidade), ten lugar unha inflexión de 180° para enlazar, polas illas Orkney do Sur, cos relevos dobrados da Terra de Graham, na Antártida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Conxunto de illas do mar Caribe que constitúen unha unidade autónoma dependente dos Países Baixos (800 km2; 189.474 h [1992]). Comprenden dous grupos de illas: por unha parte, Curação (444 km2; 144.097 [1992]) e Bonaire (288 km2; 10.187 h [1992]) situadas fronte ás costas de Venezuela; por outra, Saba (13 km2; 1.130 h [1992]), Sint Eustatius (21 km2; 1.839 h [1992]) e a metade meridional (a outra metade pertence a Francia) da illa de Sint Marteen (34 km2; 32.221 h [1992]) nas Pequenas Antillas, situadas ao L de Porto Rico. A capital é Willemstad (43.517 h [1992]), na illa de Curação. O Reino dos Países Baixos está representado por un gobernador responsable das relacións exteriores. O neerlandés é a lingua oficial e o florín a moeda oficial. A economía baséase na refinería de petróleo procedente de Venezuela e México, que emprega ao 25% da poboación ocupada de Curação. A agricultura e gandería son pouco importantes e só destacan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Cadea de illas que se estenden desde a península da Florida ata as costas nororientais de América do Sur en forma de arco, e que separan o golfo de México e o mar Caribe (ou das Antillas) do Océano Atlántico (240.000 km2; 28.000.000 h). Divídense en tres grandes grupos: ao N, as Bahamas e as illas Turks e Caicos, as Grandes Antillas no centro e as Pequenas Antillas ao S. As Grandes Antillas están formadas por Cuba, Xamaica, La Española -dividida entre Haití e a República Dominicana-, Porto Rico e as illas Caimán. As Pequenas Antillas están formadas por dous arquipélagos: as illas de Barlovento ao L, e as illas de Sotavento, ao S, fronte á costa venezolana.
    Xeografía física
    A maioría das illas son cumes emerxidos a partir dun sistema de drobamentos, que enlazan cos macizos de Yucatán, Guatemala e Honduras. As Pequenas Antillas están en relación coas montañas de Venezuela. Nas Grandes Antillas as cadeas montañosas sobrepasan os 2.500 m e rodean...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou mar Caribe Parte do Océano Atlántico situada ao N de América do Sur, ao L de América Central, ao S das Antillas e ao O do arquipélago das Pequenas Antillas (1.950.000 km2). Situado ao S do Trópico de Cáncer, entre os 9° e os 22° de latitude N e os 61° e 88° de lonxitude O, únese ao golfo de México polo canal do Yucatán; a través do canal de Panamá xúntase co Océano Pacífico, servindo de paso aos barcos mercantes. O fondo ten unha media de 3.000 m, con puntos de gran fondura, como o Bartlett Trough, ao S da illa do Gran Caimán (7.680 m), ou a fosa de Xamaica (7.238 m) entre esta illa e a de Cuba. Está dividido en dúas concas pola plataforma submarina de Beata (a 200 m de profundidade), que vai dende a costa de Honduras e Nicaragua ata as de Xamaica e Haití. A salinidade é baixa en relación coa do Océano e a temperatura relativamente alta (24°C) e con pouca variación anual. A corrente do Golfo ten parte da súa orixe no mar das Antillas, con augas que penetran...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán dos Andes, ao norte da Arxentina (6.100 m de altitude). Situado ao norte do Salar de Antofalla, na Puna de Atacama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e compositor. Estudiou violoncelo e guitarra clásica; con nove anos destacaba como contralto na Masa Coral de Madrid. No 1939, dirixiu o coro Anaquiños da Terra. Foi membro da Orquesta Ibérica de Madrid e formou parte do quinteto Nebot e da Orquesta Clásica de Sevilla. Dende o ano 1947, logo do seu ingreso na Orquesta Sinfónica de Caracas, intensificou a súa relación coa música galega, que materializou coa fundación e dirección do Coro Castelao do Centro Galego, para quen fixo a montaxe da zarzuela Maruxa de Vives, de ambiente galego, e estreada no Teatro Municipal de Caracas. En 1953, estreou Canto a Castelao, sobre texto de Eduardo Blanco Amor, obra que seguiu a interpretarse cada ano no mes de xaneiro. No ano 1964 fundou e dirixiu a agrupación folclórica galega Airiños da Terra, coa que acadou grandes éxitos en Venezuela. En abril de 1979 fundou e dirixiu a coral Aires Galegos, da Irmandade Galega. En 1980 estreou a súa composición “Adiós ríos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortificación construída entre os ríos Forth e Clyde por orde do Emperador Antonino Pío (140?) para protexer os territorios británicos baixo dominio romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actuar ou comportarse coma un pallaso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dispositivo ou estado que modifica, reduce ou suprime a transmisión dunha forza ou dunha radiación entre dúas rexións do espacio.

    2. Efecto de pantalla pola cal un medio ou un conxunto de partículas debilitan unha determinada interacción. O apantallamento ten grande importancia na física do estado sólido (teoría BCS) e nas disolucións de electrólitos (apantallamento de Debye).

    3. Blindaxe ou protección dunha fonte de radiacións.

    4. Diferencia entre o número atómico real dun atómo e o número atómico efectivo, consecuencia da nube de electróns de apantallamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Producir apantallamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traveseiro de madeira no que descansa o mastro da vela dunha dorna e serven para protexer a pesca almacenada na cadeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aparellar.

    2. Dise do fonema que pertence a unha serie correlativa de oposición fonolóxica bilateral, como por exemplo longo/curto, xordo/sonoro (p/b), oclusivo/fricativo (p/f), etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen aparella.

    2. arquitecto técnico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aparellar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Preparar os arreos ou aparellos para pórllos aos cabalos, bois, etc.

    2. Gornecer a embarcación cos aparellos necesarios, -cordame, árbores, enreixados e velame- para as faenas de pesca ou para emprender a navegación. Pode ser aplicado igualmente a un pao, unha vara, etc.

    3. Preparar, dispoñer os elementos necesarios para realizar unha operación, unha obra.

    4. Preparar unha superficie, normalmente parede, para pintar sobre ela ou revestila con outro material.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na antiga Esparta, asemblea do pobo, composta por todos os cidadáns de máis de 30 anos, que se xuntaba unha vez ao mes baixo a dirección dos éforos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das liliáceas, representado por unha soa especie, A. monspeliensis, formadora de céspede e de flores azuis ou violáceas, típica de ambientes secos da rexión mediterránea occidental europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dirixirse, principalmente os rapaces, nas zonas con porto de mar, aos peiraos, ramplas ou praias onde se descargaba o peixe con cadanseu caldeiro, cesto ou calquera outro recipiente para recollelo. Esta actividade precisaba dun labor de vixilancia previa dende os lugares mellor situados e cando os aparellos ían ser enxaugados acudían en masa ata o lugar de descarga dende onde o peixe era levado á fabrica ou á lonxa. Este transporte facíase nuns caixóns aburatados que dous mariñeiros levaban ao lombo colgado dun varal e que sufrían a escolta dos rapaces que agardaban que algunha sardiña escorregase e caese ao chan (isto sucedía cando os mariñeiros non levaban ben o paso). Requiría dunha certa habilidade para coller a sardiña no aire e fuxir a un mesmo tempo. Outro xeito de apillar era o de introducirse no mar cando o aparello estaba sendo arrastrado a terra polos mariñeiros e sacar o peixe por entre as mallas sen que o patrón puidese facer nada para impedilo ao estar ocupado na manobra de...

    VER O DETALLE DO TERMO