"lus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

  • Revista publicada na Coruña a partir de 1924, que alternou a súa redacción con Madrid, e que cesou en outubro de 1937. Fundada e dirixida por Manuel Sanz Nogués, apareceu baixo o subtítulo “Revista mensual hispanoamericana”. Incluíu numerosos artigos sobre Galicia escritos en castelán e poemas en galego de Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Aurelio Ribalta. De tendencia ultraconservadora, apoiou o bando franquista durante a Guerra Civil Española, loando as actuacións da falanxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes cartilaxinosos, da familia dos triáquidos, que presentan o corpo alongado e fusiforme, boca con numerosos dentes dispostos en mosaico e a pel recuberta de pequenos dentículos dérmicos. A este xénero pertencen o cazón branco (M. asterias) e o cazón liso (M. mustelus).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos lamelibranquios, da familia dos mitílidos, que se caracterizan por presentar unha cuncha con dúas valvas, alongadas e de cor escura, e que están adheridos ao substrato duro pola glándula do biso. As especies máis coñecidas en Galicia son o M. edulis e o M. galloprovincilialis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada en Cisxordania (130.000 h [estim 1995]). Fundada por Tito Flavio Vespasiano (72), moi preto de Siquem e do monte Garizim, foi unha vila palestina importante, coñecida como Flavia Neopolis. Ocupada por Israel desde 1967, Xordania renunciou a ela en 1988, e, a raíz dos acordos de paz de 1993, pasou a depender da Autoridade Nacional Palestina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos cefalódopos, da familia dos nautílidos, que teñen unha cuncha externa, enroscada sobre o dorso, da que só son visibles as dúas últimas espiras, que cobren as máis internas; a última cámara é a que alberga o animal. Presenta unha gran cantidade de tentáculos sen ventosas, moi poucos contráctiles, e un par de ollos grandes, situados no extremo duns curtos pedúnculos. A natación débese á contracción do sifón e á retracción do corpo, de tal xeito que emite un chorro de propulsión. Son epibentónicos e móbiles. Está activo de noite e repousa de día, en posición vertical, coa cuncha cara a arriba. Aliméntase de crustáceos e pode atoparse en augas frías desde a superficie ata uns 600 m de profundidade, no O dos océanos Pacífico e Índico. As especies presentes na actualidade son N. pompilius, N. belauensis, N. macromphalus e N. stenomphalus, que son coñecidas comunmente baixo o nome de náutilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro submarino de propulsión nuclear construído por EE UU (1954). Foi o primeiro en chegar ao Polo Norte por debaixo do casquete polar (agosto 1958). O seu nome remite ao   submarino imaxinario que aparece na obra Vint mille lieues sous les mers (1870), de Xulio Verne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Europa centroriental, afluente pola esquerda do río Oder (224 km de lonxitude). Nace en Bohemia, República Checa, e xunto co Oder, parte do seu curso forma a liña fronteiriza entre Polonia e Alemaña establecida polos acordos de 1950 (Oder-Neisse).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresión latina que significa ‘non máis alá’, que segundo a tradición figuraba inscrita nas lendarias columnas de Heracles.

    2. Grao máximo de perfección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe e escritor suízo. Mestre e bibliotecario do mosteiro de Sankt Gallen, contribuíu ao desenvolvemento do texto e das melodías das secuencias relixiosas. Consérvanse as Gesta Caroli Magni, un amplo Martyrologium e unha Notatio de illustribus viris sobre diversos comentadores da Biblia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos mitófidos, co corpo duns 10 cm, de cor uniformemente negra, que presentan liñas de fotóforos na parte alta do lombo e por debaixo da aleta dorsal, que é longa e triangular. Viven durante o día entre os 500 e os 1.000 m e durante a noite ascenden ata os 50 ou 100 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos quirópteros, da familia dos vespertiliónidos, que presentan as orellas anchas, curtas e arredondadas, o fociño ancho, coas ás longas e estreitas e o pelame denso e suave. Habita en bosques claros e campos de cultivo e migra no outono. En Galicia está presente a especie Nyctalus noctula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ocluír ou ocluírse.

    2. Peche das marxes dunha abertura natural, como a dos beizos ou a das pálpebras.

    3. Trazo articulatorio que consiste nunha interrupción completa da corrente fónica nun punto calquera das cavidades supraglóticas e mesmo infraglóticas , nalgunhas linguas. Durante esta interrupción pode haber vibracións vocálicas e abertura simultánea da canle rinofarínxea.

      1. Burbulla ocluída que aparece na superficie sólida dunha peza metálica de fundición.

      2. Fenómeno que consiste na disolución de gases en metais que orixina compostos intersticiais.

      3. Inclusión de anións ou catións estraños no seo dun precipitado a causa do crecemento demasiado rápido deste. Pode ser considerada como un tipo de coprecipitación.

    4. Límite de aire que se forma cando unha  fronte fría alcanza a unha fronte cálida e eleva o aire cálido situado detrás del.

      1. obliteración.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce oclusión.

    2. Que se caracteriza, articulatoriamente, por unha interrupción completa e momentánea da corrente fónica. As oclusivas típicas constan dunha fase de oclusión ou silencio e dunha fase de distensión explosiva. En galego /p/, /t/, /k/ son fonemas oclusivos xordos e /b/, /d/, /g/ sonoros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Foi deputado nas Cortes do Estatuto Real, e presidente do goberno (novembro de 1843). Intentou formar un goberno progresista, e para conseguilo recorreu á disolución das Cortes. Esta decisión provocou unha reacción fortísima na corte e foi destituído e exiliado. Participou en todas as conspiracións que conduciron á Revolución de Setembro de 1868. Foi embaixador en Francia (1840, 1854 e 1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves paseriformes, da familia dos oriólidos, que presentan o corpo de tamaño medio, a plumaxe de cores rechamantes e un voo ondulante e rápido. En Galicia aparece o ouriolo (O. ouriolus), que vive sobre árbores frondosas e en bosques de ribeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos espáridos, ao que pertence o ollomol (P. bogaraveo), a breca (P. erythrinus) e o pancho bicudo (P. acarne).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pantanos ou marismas.

    2. Que habita en lugares pantanosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos basidiomicetos, da orde dos agaricais, que presentan un sombreiro acampanado, de cor parda ou gris, coa cutícula moi lisa, láminas pequenas pardas ou negras, e o pé delgado e grisáceo. Algunhas especies deste xénero teñen efectos alucinóxenos como P. sphintrinus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das tricolomatáceas, ao que pertence a especie P. stypticus (pementa de monte), que se caracteriza por ser de textura fibrosa, ter láminas pálidas, non libres, que están unidas ao pé, e por carecer de anel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Panteón situado na igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Acolle as tumbas dalgúns dos máis destacados personaxes galegos do campo político, literario e artístico. A iniciativa xurdiu dos emigrados en Cuba, que contactaron con Xoaquín Díaz de Rábago, presidente da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, para que os restos de Rosalía de Castro fosen os primeiros en trasladarse ata o lugar, feito que ocurreu o 25 de maio de 1891. Posteriormente, trasladáronse as cinsas de Alfredo Brañas e alí foron enterrados Francisco Asorey, Ramón Cabanillas e Domingo Fontán. O 28 de xuño de 1984 os restos de Afonso R. Castelao foron trasladados ata a antiga capela do Santo Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO