"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Designación non sistemática do ión hidroxenosulfato ou sulfato ácido HSO-4.  

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aditivo alimentario (bisulfito sódico, bisulfito potásico, metabisulfito sódico e outros derivados do dióxido de xofre) utilizado como conservador e antioxidante en viños, derivados de froitas, glicosa líquida, produtos de pastelería, confeitería e panadería, galletas e certos derivados cárnicos.

    2. Designación non sistemática do ión hidroxenosulfito ou sulfito ácido HSO - 3 .

    3. Composto químico empregado nos procesos de revelado fotográfico como constituínte do metabisulfito, en baños de parada e fixadores ácidos, ou como elemento conservador en reveladores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación non sistemática do ión hidroxenotartrato ou tartrato ácido COOH(CHOH)2COO-.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medida reguladora que serve como padrón.

    2. Banda en forma de anel, xeralmente cun deseño gráfico, que rodea os cigarros puros e que as fábricas lles colocan como distintivo.

    3. Cada un dos modelos de cigarros puros que se distinguen pola lonxitude, grosor e configuración.

    4. Ancho dunha peza de madeira.

    5. Esquema para calibrar as balas de canón ou de fusil.

    6. Aparencia dunha persoa que orixina unha determinada impresión sobre ela. OBS: Ás veces tamén se pode referir ao aspecto dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da República de Macedonia, situada no S do país, preto da fronteira con Grecia e Albania (75.386 h [1994]). É un núcleo comercial. Ten sona pola elaboración de alfombras artesás tradicionais e tamén pola súa industria do moble. Outras das súas actividades industriais son a fabricación de material eléctrico e a refinería de azucre. É tamén unha encrucillada de estradas e de ferrocarril. Durante a dominación romana tivo importancia pola súa situación na vía de Dyrrachium, a actual Durrës (Albania). Posteriormente, pasou a mans de macedonios, búlgaros, serbios e gregos. Conquistada polos turcos en 1382, permaneceu baixo a seu dominio ata 1912, cando foi ocupada polos serbios. A cidade integrouse en Iugoslavia ao acabar a Primeira Guerra Mundial e, desde 1992, forma parte do novo estado de Macedonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gravado fotomecánico tramado, composto de dúas pranchas, que en tiraxes sucesivas imprime a dúas tintas de distinto ton pero da mesma cor, a fin de conseguir unha maior valoración da gama cromática.

    2. Tinta especial que nunha soa impresión produce o mesmo efecto de dúas tiraxes sucesivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición ou fragmento musical que ten as características da bitonalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilización nun fragmento musical de dúas tonalidades e, por extensión, de dúas modalidades. Constitúe o caso máis sinxelo da polimodalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de obtención de segundos viños, consistente en engadir ao bagazo sen prensar unha cantidade de auga (cun contido de 10 a 12 kg de azucre e 200 g de ácido tartárico por 100 litros) igual ás dúas terceiras partes do viño en flor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Profesor na Universidade e na Escola de Enxeñeiros de Oslo, destacou polos seus traballos sobre hidrodinámica. A súa obra Remarques historiques sur la théorie d’un ou plusieurs corps, de formes constantes ou variables, dans un fluide incompressible (Observacións históricas sobre a teoría dun ou moitos corpos, de formas constantes ou variables, nun fluído incomprensible, 1875), valeulle o ingreso na Académie des Sciences de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Membro da Cámara dos Comúns en 1761 e en 1768, patrocinou a reforma do dereito penal inglés. Levou a fórmulas xurídicas as ideas de Locke e exerceu grande influencia nas colonias inglesas. A súa principal obra é Commentaries (Comentarios).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das xencianáceas ao que pertence a centáurea amarela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Produtor e realizador cinematográfico inglés. Establecido nos EE UU, fundou en 1897 Vitagraph con Albert E. Smith. Entre a súa abundante produción resulta interesante a invención, en 1908, do chamado plano americano e a sistematización da montaxe. En 1911 fundou a primeira revista de cine nos EE UU. Trátase duns dos pioneiros do cine a nivel mundial. Dirixiu, entre outras películas, The burglar on the roof (O ladrón no tellado, 1898), The battle cry of peace (O berro loitador da paz, 1912), The happy warrior (O guerreiro feliz, 1925) e The passionate quest (A procura apaixonada, 1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Estudiou Dereito no Saint John’s College de Oxford. Especializado en dereito sindical, comezou a carreira de avogado en 1976 e abandonouna en 1983 ao ser elixido parlamentario do Partido Laborista por Sedgefield. Foi voceiro da oposición nos departamentos do Tesouro e de Economía (1984-1987), Industria (1987-1988), Enerxía (1988), Traballo e Industria (1989-1992) e Interior (1992). En 1994 foi elixido presidente do Partido Laborista e acadou a xefatura do goberno en 1997. Levou a cabo unha política de descentralización rexional coa celebración de sendos referendos en Escocia e Gales (1997) encamiñados á creación dos seus respectivos parlamentos. O 10 de abril de 1998 asinou o Acordo de Stormont, no que se deseñaba unha solución pacífica ao conflito de Irlanda do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Ampliou estudios en París con Nadia Boulanger e estudiou dirección con Sergiu Celibidache e Igor Markevich, con quen colaborou frecuentemente. Dirixiu o coro de RNE e posteriormente o coro de RTVE. Entre a súa produción destacan Sonata para piano (1956), Sexteto e diversas cancións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. A súa infancia e adolescencia decorreron en Ourense, nunha atmosfera urbana pero, ao mesmo tempo, chea dos ecos do campo que tiña a cidade das Burgas neses anos. O ambiente que rodeaba a súa casa natal, moi preto da sé catedralicia, será logo descrito en moitas das súas obras. A Auria de A esmorga ou a de Xente ao lonxe non serán senón nomes que encobren este Ourense dos seus anos mozos, presente, tamén, nas súas obras La catedral y el niño, Los miedos ou Os biosbardos. A importancia que o espazo da cidade adquire na súa obra é tan grande que pasará a ser un dos trazos definitorios da súa fabulación e unha das teimas da súa creación narrativa. A súa infancia estivo fondamente marcada pola separación dos seus pais, a súa mala saúde e por unha infancia que el mesmo definiu como triste e solitaria. Realizou estudios de bacharelato no Instituto de Ourense onde tivo como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestre e pedagogo. Desenvolveu o seu labor profesional entre Santiago de Compostela e Madrid. Publicou Cartas y poesías inéditas de Gabriel y Galán (1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Ingresou aos oito anos como neno de coro da basílica luguesa, onde recibiu as primeiras leccións de solfexo de mans do mestre de capela Francisco Reyero e do organista Francisco Mariano Mogrovejo. Por mor dunha trasnada perdeu o posto de neno do coro (infantiño). Abandonou a catedral e continuou estudiando música, entrando como frautista na Banda da Milicia Nacional. Viaxou a Madrid e ingresou no Real Conservatorio, onde foi discípulo de Pedro Albéniz (Piano), Antonio Aguado (Harmonía) e Ramón Carnicer (Composición). Simultaneou os estudios do conservatorio cos de órgano co compositor e organista Román Jimeno. En Écija foi profesor de música das fillas do marqués de Peñaflor; alí dirixiu zarzuela e gañou a praza de organista da igrexa de Santa Bárbara, onde permaneceu uns cinco anos ata que volveu a Lugo e acadou a praza de organista da Catedral. Deu concertos de órgano no Casino e no Teatro, e actuou como cantante. Presidiu a sección de música do Liceo Artístico e Literario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Logo de estudar Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e Madrid, onde tamén se licenciou en Filoloxía Clásica, especializouse en Arqueoloxía Clásica con Antonio García y Bellido, completando a súa formación nas universidades de Oxford e Heidelberg. Traballou no Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e foi catedrático de Arqueoloxía, Epigrafía e Numismática na Universidad de Sevilla e de Arqueoloxía na Universidad Complutense de Madrid. Dirixiu as escavacións de Ceal e La Guardia (Jaén). Escribiu as obras: Musa Alemá (1961), con Celso E. Ferreiro, Excavaciones en el Cerro Salomón (1970) e Historia de Sevilla: la ciudad antigua, de la prehistoria a los visigodos (1984). Ademais colaborou na prensa especializada con numerosos artigos, algúns deles en Cuadernos de Estudios Gallegos. É membro da Real Academia de Historia, da de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia Galega. En 1983 obtivo o Premio Nacional Fray Luis...

    VER O DETALLE DO TERMO