"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacios que mandou construír Alexandre Farnese en Roma e Caprarola. O romano iniciouno Sangallo o Mozo (1514), continuono Michelangelo (1546) e finalizouno Giacomo della Porta (1580); foi decorado polos Carraci. O palacio de Caprarola realizouno A. Vignola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guerra civil, coñecida tamén como Guerra dos Farrapos, acontecida no S do Brasil en 1835, de carácter federalista e republicano. A revolución estalou nas provincias do Rio Grande do Sul e de Santa Catarina, e culminou coa proclamación da República Riograndense ou do Piratini (1836) e da República Catarinense ou Juliana (1839). Trala vitoria das tropas do goberno central asinouse a Paz de Ponche Verde o 28 de febreiro de 1845.
-
GALICIA
Músico e compositor, fillo de Mauricio Farto Parra. Estudiou no Conservatorio da Coruña e profesionalmente foi pianista. Establecido en Ferrol, exerceu a docencia e dirixiu varias orquestras. Compuxo numerosas rondallas e cancións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, musicólogo e director coral. Comezou os estudios musicais no seminario de Valladolid e, posteriormente trasladouse á Coruña para ingresar na Banda do Rexemento de Zamora establecida na cidade. Seguiu a carreira militar, fundou a rondalla Blanco y Negro, dirixiu o orfeón coruñés El Eco, e fundou o orfeón Cantigas da Terra e os coros Queixumes dos pinos e Saudade. Da súa produción destacan as pezas Froleos, Lolita, Foliada de Augasantas, Risas e bágoas, Quer que lle quer, Unha bágoa, Polvorita e Foliada de San Benito de Angoares. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e académico numerario da de Belas Artes da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplanamento ou concrescencia teratolóxicos de talos, pólas ou raíces.
-
-
Disposición en fascículos.
-
Contracción involuntaria de diversas fibras musculares que son innervadas por un único filamento nervioso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de fascinar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación política e social italiana que xurdiu a finais do s XIX. Os máis coñecidos foron os fasci dei lavoratori, de carácter socialista e en loita contra os latifundistas, e os fasci di combattimento, que xurdiron por iniciativa de Mussolini (1919), dos que naceu o partido fascista. En 1919, os fasci di combattimento transformáronse na base miliciana do movemento fascista baixo a denominación de Fasci Italiani di Combattimento, coñecidos popularmente como camisas negras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de trematodos, da subclase dos dixéneos, ao que pertence a especie Fasciola hepatica causante da fasciolose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade orixinada por trematodos hepáticos. Ten como axente produtor a Fasciola hepatica, o trematodo máis importante dos ruminantes domésticos. Aparece en todos os países que posúen condicións ambientais apropiadas para o caracol hospedeiro intermediario. O fígado é o órgano de localización do hospedeiro no seu estadio adulto. Os ovos procedentes dos parasitos adultos, localizados nos condutos biliares do hospedeiro, pasan ao intestino e elimínanse cos excrementos. A fasciolose é unha das enfermidades máis difíciles para o veterinario no campo da parasitoloxía.Ten grandes repercusións económicas polas perdas que ocasiona no sector gandeiro. Existen tres formas diferentes de presentación da fasciolose ovina relacionadas coa carga da infestación, duración do período de infestación e o momento do ano. OBS: Tamén se denomina fígado danado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de fascistizar.
-
PERSOEIRO
Historiador armenio. Foi autor dunha historia de Armenia escrita en grego (344-392), da que só se conserva a copia armenia co título Patmut‘iwn Hayoc‘.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento ecuménico protestante fundado en Edimburgo en 1910. Celebrou a súa primeira conferencia mundial en Lausanne en 1927. En 1948 integrouse no Consello Ecuménico das Igrexas.
-
-
Relativo ou pertencente aos feacios.
-
Individuo deste pobo.
-
Pobo mitolóxico de mariñeiros descendentes de Féax. Orixinarios do país de Hiperia, de onde foran expulsados polos cíclopes, chegaron ata a illa de Esqueria, xa desde a Antigüidade identificada con Corcira (Corfú). O seu rei, Alcínoo, acolleu a Ulises cando volvía de Troia e se dirixía a Ítaca, e deulle un navío no que efectuaría a última etapa da súa viaxe. Non obstante , Posidón, co permiso de Zeus, castiga os feacios transformando en rocha a nave e rodeando a capital dos feacios cunha montaña. Tamén chegaron a terras feacias os argonautas, e alí celebrouse a voda entre Xasón e Medea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Insurrección dunha parte do exército paraguaio (febreiro de 1936), dirixida polo coronel Rafael Franco contra o presidente Ayala a causa da desmobilización decretada por este trala guerra do Chaco. Franco formou un goberno que tentou aplicar un plan de reformas, pero un golpe de estado organizado polos militares conservadores púxolle fin (13 de agosto).
-
-
Acción de fecundar.
-
-
Proceso inherente á reprodución sexual, en que se produce a unión de dúas células haploides ou gametos co fin de orixinar unha célula diploide ou zigoto. Os núcleos haploides únense e o zigoto que se forma constitúe a célula inicial para o desenvolvemento dun novo individuo. En canto á procedencia dos gametos, ambos poden provir dun mesmo individuo (autogamia), ou ben se poden orixinar en individuos diferentes, como no caso da fecundación cruzada. Os gametos que se unan, aínda que se orixinen en individuos diferentes, poden ser iguais morfoloxicamente e fisioloxicamente, e nestes casos fálase de isogamia, ou ben diferentes, e entón fálase de heterogamia. A isogamia supón unha absoluta identidade sexual entre todos os individuos dunha determinada especie; isto comporta a non existencia de sexo. A heterogamia, pola contra, supón a existencia, nunha mesma especie, de dous tipos de aparatos reprodutores, o aparato reprodutor masculino, que produce un tipo de gameto pequeno e móbil, o espermatozoide,...
-
fe-cundación artificial
Fecundación que ten lugar de forma allea aos procedementos estritamente naturais. Son exemplos de fecundación externa a inseminación artificial e a fecundación externa.
-
fecundación diferida
Tipo de fecundación en que o embrión se implanta no seo materno, moito despois de que teña lugar a cópula. Ten lugar nalgúns mamíferos, como corzos e visóns, e aparece como unha adaptación a latitudes frías ou temperadas.
-
fecundación externa/extrauterina/in vitro [FIV]
Técnica de reprodución asistida que consiste na fecundación do óvulo polo espermatozoide fóra do seo materno. Extráese o ovocito por medio dunha laparoscopia baixo anestesia xeral, e deposítase nun medio completo de cultivo a 37°C; ademais, recóllese o esperma masculino e póñense en contacto os espermatozoides co ovocito durante unhas horas para que se produza a fecundación. Unha vez que se realiza, transfírese o ovo fecundado a outro medio de cultivo, onde comeza a segmentación ao cabo dunhas 30 horas. O embrión en fase de blástula reimplántase no seo materno vía vaxinal sen anestesia e, se non se produce un rexeitamento, prosegue o seu normal desenvolvemento e implántase nas paredes do útero. Este procedemento está indicado en casos de infertilidade de orixe tubárica, por exemplo cando hai unha obstrución das trompas.
-
-
alogamia.
-
-
-
Acción de federar ou federarse.
-
Forma de agrupación estatal que se basea na unión dunha serie de estados baixo unha mesma constitución política. Esta respecta a súa autonomía en asuntos internos e establece un poder superior, o Estado federal, que estende a súa soberanía sobre todos eles e que ten reservadas todas aquelas materias que afectan á orde xeral.
-
-
Agrupación de diversas asociacións ou organizacións noutra superior que as representa, co obxectivo de defender intereses comúns.
-
Organización que agrupa os practicantes (clubs, atletas, técnicos, árbitros e xuíces) dunha mesma disciplina deportiva, que organiza as súas competicións e establece as regras, normas e bases polas que se rexen.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de sindicatos agrícolas de inspiración católica que concentraron a súa maior actividade entre 1918 e mediados da década de 1920. Aínda que chegaron a existir sete federacións espalladas por toda Galicia, que englobaban a máis de 400 sindicatos agrarios (aínda que moitos deles tiveron escasa afiliación e vida efémera), contaban cunha maior implantación nas zonas gandeiras da Coruña e Lugo. Reunían asociacións profesionais, con fins técnicos e cooperativos, corporativas, interclasistas, paternalistas, apolíticas (aínda que en realidade tiñan un carácter defensivo e contrarrevolucionario), tradicionalistas e, polo tanto, antiliberais. A súa liña de actuación centrouse na defensa da propiedade campesiña, a divulgación de innovacións técnicas (como fertilizantes, insecticidas ou maquinaria industrial) e a difusión do cooperativismo. En 1930 fundouse a Unión Regional de las Federaciones Católico-Agrarias de Galicia, co fin de racionalizar os cometidos das tres federacións que aínda...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en 1932 por 26 sociedades campesiñas dos concellos de Cambre, Culleredo, Oleiros e Carral. Foi a única federación comarcal integramente campesiña con que contou a Confederación Regional Galaica. O seu principal alicerce foi a Unión Campesina Republicana de San Pedro de Nós (Oleiros, 1931), composta por veciños retornados de América. En 1933 agrupaba a 1.600 afiliados. Foi reorganizada durante a Fronte Popular debido á represión posterior á folga xeral convocada pola CNT en nadal de 1933 e ao fracaso da revolución de Asturias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización pertencente á FAI constituída en Vigo no mes de xaneiro de 1936. Estivo composta por unha ducia de grupos afíns de Vigo, Tui, A Guarda, Chapela, O Porriño e Moaña que reunían a uns 70 militantes.