"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Golpe que dá unha persoa a outra na cara coa man do revés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar unha losqueada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñerse algo de cor loura.

    2. Secar ou perder algo a humidade.

    3. Madurar os cereais.

    4. Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde ás voces ‘desentullar’ e ‘confesar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de teatro creada en 1987 por Dorotea Bárcena. Destacan os espectáculos Mullieribus (1987), Cabaret alén (1991), De picas cruces e carabelas (1992),   A irmandade do Graal (1993), Entre bastidores (1996),As troianas (1997) e Ultimamente non durmo nada (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Beauvais e mártir. Predicou os Evanxeos na Galia e morreu decapitado (290) baixo Xuliano o Apóstata. Na iconografía leva a cabeza nunha man, como san Denís. A súa festividade celébrase o 8 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do condado de Luimneach, Irlanda, Munster, situada na ribeira meridional do esteiro de Shannon (52.039 h [1996]). Ten industria alimentaria, téxtil, do curtido e do calzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Irlanda, situado en Munster (2.756 km2; 165.042 h [1996]). A capital é Luimneach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cooperativa teatral creada na Coruña en 1980. En 1981 abriu a Sala de Teatro Luís Seoane, onde ofreceu unha programación cultural permanente centrada no teatro, na música e nas artes plásticas, e presentou ao público compañías como Zascandil, Georoa, Karraka, Teatro de la Ribera, Márgen ou Guirigay. Dos espectáculos presentados pola compañía, e dirixidos por Manuel Lourenzo e Xosé Manuel Rabón, destacan Dansen (1980), A casa das tres lúas (1981), A esperar por Godot (1982), Edipo rei (1983), Fausto (1984), A larva furiosa (1985) e Forzas eléctricas (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do län de Norrbotten, Suecia (68.294 h [estim 1993]). Está situada no golfo de Botnia, na desembocadura do río Lule, e foi fundada en 1621 por Gustavo Adolfo II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giovanni Battista Lulli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Teixeira baixo a advocación de san Salvador, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos gasterópodos pulmonados basomatóforos, da familia dos limneidos, que presentan cuncha espiraliforme moi alongada. Habitan en auga doce e en Galicia está presente a especie L. peregra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Na primeira etapa do seu pensamento, exemplificada en Économie libidinale (1974), propuxo unha relectura do marxismo partindo de Freud. Con La condition post-moderne iniciou unha segunda etapa en que realizou a primeira e máis valiosa descrición da posmodernidade. Outras obras importantes súas son Le différend (1983), Le postmoderne expliqué aux enfants (1986) e L’enthousiasme (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado, firmado o 7 de febreiro de 1992, polo que se ratificaban os acordos da reunión do Consello Europeo celebrada na cidade de Maastricht en decembro de 1991. Modificou ou complementou acordos anteriores como o de París e Roma ou a Acta Única Europea, para dar paso á constitución da Unión Europea. Supuxo un avance en política exterior, defensa común, nas competencias do Parlamento Europeo e a Comisión, nas forzas de cohesión, na cooperación xudicial, no dereito de voto e de candidatura nas eleccións xudiciais e europeas e na unión económica e monetaria. O tratado implicou, coa súa entrada en vigor (1993), a reforma das constitucións nos diferentes estados. As dificultades para o cumprimento dos acordos subscritos, e a incapacidade para a formulación dunha actuación comunitaria en política exterior e seguridade, levaron á celebración da Conferencia Intergobernamental de Reforma (marzo 1996). En 1997, o Consello Europeo elaborou o Tratado de Amsterdam, unha revisión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso beneditino e historiador francés. Foi o fundador da ciencia diplomática moderna (De re diplomatica, 1681) e do ideal do monxe investigador (Traité des études monastiques). Como historiador da orde de san Bieito escribiu Annales Ordinis Sancti Benedicti e Acta Sanctorum Ordinis Sancti Benedicti (1688-1701). Foi liturxista e, ademais, editor de textos antigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi un activo defensor da independencia de Irlanda, e en 1946 fundou o Republican Party. Foi ministro de Asuntos Exteriores en Irlanda (1948-1951) e desde 1950 ocupou altos cargos internacionais no Consello de Europa, na Organización das Nacións Unidas (ONU) e na UNESCO. Cofundou Amnistía Internacional, organización que presidiu (1961-1974). En 1974 concedéuselle, compartido con Eisaku Sato, o Premio Nobel da Paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz estadounidense. Coñecida como Shirley MacLaine, foi cantante e bailarina, e a súa grande expresividade permitiulle interpretar tanto comedias coma dramas. Da súa filmografía destacan Ask Any Girl (Silbenen Bär en Berlín, 1959), The Apartament (Premio en Venecia, 1960), Irma, la Douce (1963), Desperate Characters (Silbenen Bär en Berlín, 1971), The Turning Point (1977), Terms of Endearment (1983, Oscar á mellor actriz, 1984), Madame Sousatzka (Premio en Venecia, 1988), Steel Magnolias (1989), Bruno (2000) e Carolina (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Caria, a carón do río Leteo, afluente do Meandro. Fundada polos magnesios de Tessalia, foi conquistada polos persas en 530 a C. Despois da loita entre os diáconos no s III a C, manifestou a súa fidelidade a Roma e foi declarada cidade libre por L. C. Sula. Entre as súas ruínas destacan as dun templo construído na época helenística por Hermóxenes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de reaccións non enzimáticas que teñen lugar en aminoácidos e azucres redutores. Prodúcese por quentamento ou durante un almacenamento prolongado, e ten un dobre interese no ámbito da tecnoloxía alimentaria xa que é unha das causas da deterioración de moitos alimentos e é un proceso provocado para obter unha aparencia e un sabor característicos.

    VER O DETALLE DO TERMO