"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Instrumento dos ferradores para rebaixar os pezuños do gando vacún e equino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Doutor en Dereito e catedrático de Filosofía do Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Socio fundador da Sociedad Española de Filosofía Jurídica y Social, membro numerario da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e do Seminario de Estudos Galegos na área de ciencias xurídicas, e presidente do padroado da Fundación Alfredo Brañas, foi vogal e secretario da comisión redactora do Anteproxecto de Lei Orgánica do Estatuto de Autonomía de Galicia. Colaborador en diversas publicacións e obras colectivas, das súas obras destacan El derecho y el estado en Nietzsche (1966), El derecho hispánico (1973) e Derechos Humanos (1983), Filosofía do dereito: leccións de historia da xurisprudencia galega (1997) e editou ou coordinou, entre outras obras, Los espacios regionales en el marco de la Comunidad Europea (1991), Cuaderno de prácticas de filosofía del derecho (2001) e Los derechos en el constitucionalismo histórico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Henan, China, situada na parte alta do río Huang He, ao NL de Zhengzhou (175.988 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo francés. Oficial de artillaría do exército francés, comezou na fotografía como amateur a partir de 1889. Considerado un dos fundadores do pictorialismo en Francia, foi membro do Linked Ring Brotherhood e do Photo Club de París (1894), que presidiu en 1921. Empregou o desenfoque óptico como técnica de distanciamento para “baleirar” as imaxes e crear atmosferas impresionistas ou simbolistas. Escribiu varios tratados sobre o material e técnicas fotográficas como a goma bicromatada en Les Procédés d’Art (1906), con Demachy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da República Democrática Popular de Corea (2.741.260 h [1993]). Situada á beira do río Taedong, no centro da principal zona mineira, converteuse no primeiro núcleo industrial do país, coa industria siderúrxica, química, téxtil e alimentaria. Foi fundada polos chineses en 1122 a C e, ocupada polos xaponeses en 1592, sufriu grandes prexuízos na Guerra Chino-xaponesa (1894) e Ruso-xaponesa (1904). A finais da Segunda Guerra Mundial foi capital da zona de ocupación soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas arbustivas, da familia das rosáceas,con follas alternas, numerosas flores brancas aparelladas e froito carnoso. A especie P. coccinea cultívase como ornamental. Alcanza ata os 3 m de altura. É orixinaria de Asia Menor, pero en España, ademáis de cultivarse como planta ornamental, crece de forma natural en puntos illados de Galicia e Catalunya. Outras especies menos cultivadas son P. angustifolia, nativa de China, P. crenulata, nativa do Himalaia e P. koidzumii, nativa de Taiwán, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Ky ǒ ngsang Setentrional, República Democrática de Corea, situada ao NL de Taegu (508.899 h [1995]). Ten industria siderúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Democrática Popular de Corea (11.577 km2; 2.653.000 h [estim 1987]). A súa capital é Pyŏngsan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Democrática Popular de Corea (12.191 km2; 2.380.000 h [estim 1987]). A súa capital é Sinŭiju.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto arquitectónico (ss V-VII) dedicado a san Simeón Estilita, a 34 km ao NO de Alepo (Siria). Está formado por catro basílicas situadas dentro dun patio e orientadas en dirección aos puntos cardinais. A igrexa principal, construída arredor da columna na que viviu o santo, é un dos exemplos máis antigos de fusión da planta basilical coa de cruz grega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán mameluco de Exipto (1500-1516). Membro da dinastía burxita, fracasou no intento de frear a política expansionista dos portugueses no Índico. Enfrontouse con Selim I preto de Alepo e foi derrotado e asasinado polos otománs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Afganistán (225.500 h [estim 1988]). Situada a 500 km ao SO de Kābul, forma un oasis entre os ríos Tarnak e Arghandāb. Foi devastada en 1222 por Xenguis Khan e no s XIV por Timūr Lang. Entre os ss XVI e XVII disputárona o gran mogol e os persas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Afganistán (47.676 km2; 598.000 h [estim 1982]). A súa capital é Qandahār.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado ao almirante en xefe otomán. O primeiro que o empregou foi Barbarrubia. Membro do diván (consello imperial), o cargo perdurou ata a primeira metade do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos qarakhánidas.

    2. Membro da dinastía turca, tamén coñecida como il-khan, que reinou en Asia Central desde mediados do s X ata comezos do s XIII. Foron islamizados no s X por influencia dos samánidas. Formaron dous khanatos, o de Qäshqär, que pronto pasou a ser un importante foco de islamización cara as fronteiras de China e Mongolia, e o khanato occidental que sufriu repetidos ataques dos selxúcidas, ata que a finais do s XI tivo que aceptar a súa soberanía. O territorio do derradeiro khan, ‘Utmān ibn Ibrāhīm, reduciuse ás terras próximas a Bukhara e Samarcanda, e os seus descendentes remataron recoñecendo a soberanía de Xenguis Khan.

    3. Primeira literatura islámica en lingua turca, que xurdiu durante a dominación qarakhánida. O Qudatgu bilig (A ciencia que leva á felicidade), escrito por Yūsuf Khāṣṣ Ḥājib en 1070, é a primeira obra coñecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Karaman-Oghlu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Kerkenna Arquipélago da costa de Tunisia, fronte a Sfax, formado polas illas de Rharbi, Chergui, Kerkenna e un grupo de illotes. Conquistadas polos cataláns en 1286 foron sempre gobernadas conxuntamente coa illa de Gerba. En 1335 foron reconquistadas polos tunisianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banū Qasī.

    VER O DETALLE DO TERMO