"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
-
Relativo ou pertencente aos siluriformes.
-
Peixe da orde dos siluriformes.
-
Orde de peixes teleósteos, da clase dos osteíctios, co primeiro raio da aleta dorsal e das pectorais como unha espiña moi dura, ás veces dentada, que está relacionada con glándulas velenosas. Moitas veces presentan tamén unha segunda aleta dorsal adiposa. Teñen a pel núa ou con placas óseas, pero sen escamas, ata 5 pares de barbas e unha cola homocerca. Son depredadores, pero tamén comen detritos heteroxéneos e substancias vexetais, e habitan case exclusivamente nas augas doces continentais. Habitan practicamente en toda a zona tropical, sobre todo en augas interiores de América Central e meridional, Asia e África, así como en Europa.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos simbranquiformes.
-
Peixe da orde dos simbranquiformes.
-
Orde de peixes, da clase dos osteíctios, con aberturas branquiais pequenas e fusionadas ventralmente nunha soa fenda transversal, e con branquias parcialmente atrofiadas, polo que a súa respiración é sobre todo bucofarínxea e intestinal. Son propios de pantanos, covas e augas estancadas, sobre todo das augas doces tropicais do SL de Asia e de Australia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
panhipopituitarismo.
-
-
Método gráfico de determinación da área que está comprendida entre unha curva e o eixe, e que se aplica para a determinación do volume existente entre unha superficie curva e un plano. Foi inventado polo matemático inglés Thomas Simpson e emprégase para o cálculo do arqueo dos buques.
-
Método para aproximar a área limitada por unha curva y = f(x), o eixe OX e dúas rectas paralelas x = a e x = b. O método supón que os pequenos arcos da curva son aproximables mediante arcos de parábola que pasan polo punto medio e polos puntos terminais do arco considerado. Este método pode empregarse para aproximar calquera integral definida.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos singnatiformes.
-
Peixe da orde dos singnatiformes.
-
Orde de peixes, da clase dos osteíctios, co corpo xeralmente alongado e fociño tubiforme, ao que pertence a familia dos singnátidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Panonia inferior que corresponde á actual Mitrovica (Vojvodina). Colonia romana (s I), foi sede do gobernador da Panonia secunda. Centro do arianismo, celebráronse nela diversos concilios, dos que destaca o de 357, onde foi aprobada unha fórmula que rexeitaba toda mención do termo ïõóá ἱ á (substancia), mesmo na fórmula de compromiso homoioúsios da especulación trinitaria, e afirmaba a subordinación do Fillo ao Pai. Rexeitada en Ancira (359), foi avalada novamente polo Concilio de Sirmium de 359.
-
PERSOEIRO
Escritor chileno. Preocupouse pola renovación da linguaxe e incorporou experiencias persoais. Dos seus libros cómpre destacar El entusiasmo (1967), Tiro libre (1973), La insurrección (1981), en que trata a loita política en Nicaragua; El cartero de Neruda (1985), levada ao cine en 1995; Ardiente paciencia (1986) e El baile de la vitoria (Premio Planeta 2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta estadounidense. Das súas obras destacan Riprap (1959), Myths and Texts (1960), Regarding Wave (1971), Passage Through India (1984), Mountains and Rivers Without End (1996) e The Gary Snyder Reader (1999). Recibiu o Premio Pulitzer de Poesía (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Xosé Guillermo, a súa obra é de raíz expresionista e mostra, en ocasións, a influencia do muralismo mexicano. Nos debuxos emprega as cores intensas e achégase, ás veces, ao surrealismo pero sen afondar no onírico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de armadores de buques de arrastre, as parellas, constituída no porto de Bouzas (Vigo) en 1899. Promoveu un lock-out que amarrou a frota de arrastreiros por máis de tres meses, a fins de 1932. Continuou a funcionar durante a Guerra Civil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de armadores de pesca do palangre que actuou en Vigo durante a década de 1930. Mediou na conflitividade xurdida nos anos 1931 e 1932, cando a consecuencia do crack de Nova York (1929) se depreciou a sardiña e houbo enfrontamentos laborais entre mariñeiros e patronal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación musical creada na Coruña en 1904. É a máis antiga de Galicia e o seu obxectivo inicial foi a difusión da música clásica. Promoveu e organizou concertos de solistas e grupos de cámara, en que participaron Pau Casals, Arthur Rubinstein, Rachmaninoff, Andrés Segovia, Victoria de los Ángeles, Alfredo Kraus, Montserrat Caballé, a Orquesta Sinfónica de Madrid ou a Orquestra Sinfónica de Bratislava.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación musical creada en Vigo en 1915 no seo da sociedade La Tertulia. En 1918 independizouse e formou unha directiva propia. O seu obxectivo é organizar concertos e impulsar o desenvolvemento musical. Como sede empregou distintos auditorios da cidade e organizou concertos de solistas e grupos de sona internacional como Pau Casals, Arthur Rubinstein, Elly Amelling, a Orquestra de Cámara de Berlín, a Orquestra de Cámara de Praga ou a Orquestra Sinfónica de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación musical creada en Lugo en 1947. Fundouse co propósito de fomentar e difundir a música clásica na cidade lucense. Co Círculo de las Artes organizou o seu primeiro concerto e con el colabora desde 1962 na celebración da Semana de Música del Corpus. Ofrece concertos con figuras e orquestras, como Narciso Yepes, Teresa Coleman, Kenneth Spencer, Takas--hi Shimizu, a Orquestra Sinfónica de Alemaña ou a Orquesta Sinfónica de Madrid.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical creada en Ourense en 1947. Fundouse coa pretensión de fomentar a música clásica e ata 1968 mantivo unha intensa actividade. En 1971 iniciou unha nova etapa, en que incrementou o número de concertos. En 1980 fíxose cargo da sociedade unha nova directiva que conseguiu aumentar aínda máis o número de concertos e o número de socios. Colabora co Conservatorio de Música de Ourense e coa Sociedad Liceo Recreo Orensano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación musical creada en Celanova en 1975. Fundouse para promocionar a música na vila mediante concertos e audicións. Posteriormente crearon a Coral Polifónica Solpor, un grupo de baile e o grupo de teatro Solpor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñeceu nos países occidentais á organización soviética Medždunarodnaja Organizacija Pomožči Tvorcam Revol’ucii (Organización Internacional de Axuda aos Artífices da Revolución, MOPR). Creada en 1922, tiña por finalidade dar axuda material e xurídica e apoio moral aos presos e emigrados políticos, e ás familias dos revolucionarios mortos na loita. En España deu axuda aos perseguidos polos feitos de outubro de 1934 e traballou activamente a favor dos damnificados pola guerra na zona republicana. O seu órgano de expresión era a revista MOPR e, desde 1936, Edinstvo. Á fin de 1937, a dirección pasou a París e durante a Segunda Guerra Mundial cesou toda actividade, agás na URSS, onde se mantivo ata 1947.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Län de Suecia (6.062 km2; 256.033 h [estim 2000]). A súa capital é Nyköping.
-
-
Mostra de amabilidade ou cariño.
-
Calidade da persoa que adoita facer estas mostras de cariño para agradar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen amosa moita amabilidade e cariño.