"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • GALICIA

    Empresario. Fundou en 1958 Prefabricados Eiros, empresa pioneira na fabricación de bloques de formigón de Galicia. A partir da aplicación das técnicas do moldeado de cemento traídas polos portugueses ao N de Lugo na década dos cincuenta, deseñou e puxo en funcionamento a primeira das máquinas de bloques da empresa. Alcalde de Meira (1982-1983), conseguiu o establecemento dun instituto de bacharelato e creou a Biblioteca Municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecta. Estudiou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona e da Coruña, onde se licenciou en 1985. Diplomouse en historia da arquitectura na Oxford University (1995) e ampliou estudios no eido da conservación arquitectónica na Oxford Brookes University (1996). Entre as súas intervencións arquitectónicas destacan os seus traballos de rehabilitación no centro histórico de Santiago de Compostela (1999), na casa Abraira en Pousadoira (Miño, 1999-2001), na casa do Vilar (Mondariz, 2001) e na casa do Castro (Poio, 2001-2002). As súas investigacións centráronse no campo da arquitectura tradicional galega do s XIX. Realizou a catalogación da arquitectura doméstica na comarca da Terra Chá (1763-1936), pola que recibiu o Premio Constanza de Castro (1999). Colaborou, entre outras obras, na Encyclopedia of Vernacular Architecture of the world (Enciclopedia da arquitectura vernácula no mundo, 1995) e La Galicia de los Pazos (2002). Escribiu tamén A casa grande...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio convocado en 1997 pola Asociación Galega de Editores e pola Asociación Portuguesa de Editores e Libreiros e patrocinado pola asociación Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Os orixinais poden presentarse tanto en lingua galega como portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor de orixe vasca. Activo en Araba, Gipuzkoa, La Rioja e Navarra, realizou, entre outros, os retablos de San Andrés en Elciego (Araba, 1646) e o da Asunción de Labastida (Araba, 1680?).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Realizar as modificacións necesarias nun mecanismo, aparato, máquina ou industria para que funcione por electricidade.

    2. Dotar de electricidade un lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio das correntes de acción do músculo cardíaco e o método de obtención do rexistro gráfico. A electroxénese cardíaca vai ligada ás modificacións físicoquímicas que ocorren no tecido miocardíaco pola propagación da onda de excitación, que vai seguida dun proceso inverso que restablece as condicións de repouso. A electrocardiografía permite facer un exame da función do corazón, proporciona información sobre a posible existencia de patoloxías cardíacas, e é útil no diagnóstico e control das arritmias, do infarto de miocardio ou da anxina de peito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que se emprega para obter electrocardiogramas. Constitúese, basicamente, por un galvanómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico que representa a actividade do músculo cardíaco. Obtense por medio do electrocardiógrafo, mediante electrodos situados sobre determinadas zonas da superficie corporal do paciente, principalmente nos brazos, nas pernas e no tórax. Consta dunha serie de ondas que se designan, de xeito sucesivo, coas letras P, Q, R, S, T e U, que representan cambios na polaridade das células das cavidades do corazón, aurículas e ventrículos. O electrocardiograma permite analizar e estudar a orixe dos latidos cardíacos, a frecuencia e o ritmo dos mesmos. Os cambios que se producen no patrón normal poden indicar irregularidades ou patoloxías. O primeiro electrocardiograma humano realizouse no ano 1887.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Meter mercadoría, persoas ou calquera outra cousa nunha embarcación, avión, tren ou noutro medio para proceder ao seu transporte.

    2. Meter a alguén nun negocio ou asunto que pode implicar algún risco.

    3. Traballar nunha embarcación que está longos períodos en mar aberto.

    4. Subir a unha embarcación, avión, tren ou calquera outro medio de transporte para emprender unha viaxe.

    5. Comezar alguén a traballar a bordo dun barco.

    6. Meterse nun negocio ou asunto arriscado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quedar unha embarcación detida nas rochas do fondo ou na area.

    2. Quedar un vehículo atoado na lama ou nun lugar accidentado e abrupto do que non pode saír.

    3. Facer que unha embarcación quede atrapada na area ou nas rochas.

    4. Facer que un vehículo quede atascado no barro ou noutro lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar forma de bico a algo facéndoo picudo.

    2. Facer o curucho ao palleiro.

    3. abicadar.

    4. Dirixir un barco cara o porto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar ou meter unha cousa na boca ou na entrada doutra.

    2. Entrar algo ou alguén por un lugar.

    3. Facer que algo entre por unha abertura estreita.

    4. Colocar os beizos na boca dun instrumento de vento.

    5. Colocar o freo ás cabalerías.

    6. Ir dar a algún sitio.

    7. Entrar un barco pola boca ou entrada dun río, porto, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar fóra o contido dun recipiente.

    2. Poñer boca abaixo ou inclinar algo.

    3. Dar a volta ou inclinarse algo cara a un lado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Esconder xente para realizar unha operación militar ou para atacar por sorpresa a alguén.

    2. Agocharse nun lugar para asaltar a alguén por sorpresa.

    3. Ocultarse na espesura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modificación do ritmo do corazón que tende a asemellarse ao do corazón fetal.

    VER O DETALLE DO TERMO