"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o estreito do mesmo nome entre Vilaboa e Redondela. A súa construción iniciouse en 1973 e rematou en 1977 aínda que non se inaugurou ata 1981. Supuxo a maior obra de enxeñaría de Galicia e por ela discorre un tramo da AP-9. Foi obra de Florencio del Pozo Frutos, coa colaboración de Fabricio de Miranda e Alfredo Passaro. Trátase dunha ponte atirantada cunha lonxitude no tramo central de 695 m e unha anchura de 23,46 m, suspendida sobre dous piares que acadan os 128 m de altura sobre o nivel do mar, e cunha luz de 400 m.
-
VER O DETALLE DO TERMO
arrandear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
arrandeadoiro.
-
CIDADES
Cidade de Xutlandia, Dinamarca, na beira do Gudenå e antes de formar este río o fiorde de Randers, en Kattegat (62.205 h [2001]). É un porto e centro comercial, con industrias metalúrxicas e alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Calvos de Randín baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela (1984-1989), onde se graduou en artes aplicadas na sección de esmaltes. Na súa obra fúndense diversos estilos e influencias como o expresionismo, o surrealismo e a nova figuración. Emprega diversas técnicas e materiais, como o acrílico e as colaxes sobre tea ou papel. Participou en diversas ocasións na Bienal de Pontevedra e noutras mostras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento estatístico utilizado para distribuír os individuos ao azar en distintos grupos de ensaio.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Tui baixo a advocación de santa María da Guía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa Comba. Trátase dunha vivenda de planta cadrada, coa fachada principal realizada en cantaría e cun portalón de entrada con arco de medio punto con grandes doelas. No seu interior conserva restos dunha antiga escalinata. Ten unha fiestra nunha esquina e o balcón da parte posterior sitúase sobre tres canzorros de granito. Estivo vinculada ao pazo de Cícere. Foi declarada BIC en 1994.
-
-
Proído moi intenso nunha parte do corpo.
-
rañouta.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Mariz (Guitiriz). O seu cumio acada os 520 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘xurel’.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Álceme (Rodeiro). O seu cumio acada os 580 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Aparello de labranza formado por un mango de madeira que remata en tres ou catro dentes curvos e que se usa para sachar a terra.
-
Aparello de pesca formado por un mango que remata en dous ganchos, e que se usa para a pesca do polbo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma altamente esponxosa ou finamente dividida de níquel que se obtén por tratamento de aliaxe de 50% de aluminio e 50% de níquel, con hidróxido sódico acuoso ao 25%. Emprégase como catalizador de hidroxenación.
-
-
Relativo ou pertencente aos ranfástidos.
-
Paxaro da familia dos ranfástidos.
-
Familia de paxaros da orde dos piciformes, de 30 a 62 cm, co pico comprimido lateralmente, alto, curvo na punta, máis longo que a cabeza e frecuentemente tanto como o corpo, constituído por un tecido óseo moi esponxoso, coa ranfoteca de cores vivas e as beiras a miúdo dentadas. Son sedentarios, aliméntanse de froita, insectos, pequenos vertebrados e ovos, aniñan nos furados das árbores e son facilmente domesticables. Habitan, en pequenos grupos, nas selvas americanas, desde o S de México ata Paraguay e o N de Arxentina. Reciben o nome común de tucanos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revestimento córneo que recobre as mandíbulas dos paxaros, xunto coas que forma o peteiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera cousa que se estraga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro programa norteamericano de exploración automática esencialmente gráfica da superficie lunar, mediante unha serie de sondas cósmicas que levaban o nome do programa, e que transmitiron as imaxes obtidas mentres se aproxiamaban e ata que facían impacto co seu solo. Os Rangers 1 e 2 foron lanzados en 1961 para ensaiar as máquinas e os foguetes. Cos Ranger 3, 4 e 5 intentáronse depositar cápsulas con instrumentos na superficie da Lúa; o Ranger 5 fixo impacto no hemisferio oculto. O Ranger 6, destinado a obter imaxes, foi lanzado en 1964 pero fallou. O Ranger 7 funcionou correctamente e conseguiu imaxes do solo lunar. Os Rangers 8 e 9 cerraron o programa para dar paso ao Surveyor e ao Lunar Orbiter.