"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Editorial que se creou en Vigo en 1984 co obxectivo de espallar a cultura galega. Dirixida por Carlos del Pulgar, dedícase á publicación de libros de arte en todas as súas manifestacións, así como á recuperación de documentos históricos sobre Galicia para a súa edición facsimilar. En 1997 iniciou o proxecto Artistas Galegos, unha colección de 27 volumes onde se recollen as obras e os artistas máis importantes do ámbito galego. Desde 2000 realiza as edicións en galego e portugués da colección Nova Galicia Arte, compilación de monografías dos pintores máis importantes da historia universal, dirixida por Antón Pulido. Destacan as súas coleccións A Nosa Terra 1916-1936, A Nosa Terra Exilio 1942-1972, O Tio Marcos d’a Portela e Nós.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • orde de Avís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente doutrinal que se orixinou no Cisma de Novaciano (s III). Baseou a súa doutrina no rigorismo das formas, e mesmo negou á Igrexa o poder de perdoar os pecados e de readmitir aos caídos nas persecucións. Sobreviviu en todo o Imperio Romano polo menos ata finais do s VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e antipapa (251). Foi ordenado presbítero do Papa Fabián, contra a vontade do clero local, posto que estaba bautizado soamente de forma clínica. Deu orixe ao Cisma de Novaciano. Da súa produción destaca De Trinitate, primeiro tratado teolóxico sistemático latino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Novaciano ou ao novacianismo.

    2. Seguidor do novacianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tempo de proba, ao inicio da vida relixiosa, que se pasa antes de facer os votos.

    2. Lugar de residencia onde están instalados os novizos.

    3. Conxunto de novizos.

    4. Réxime e exercicio dos novizos.

    5. Período de tempo durante o que unha persoa se inicia nunha arte, materia ou actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra a partir de 1888 que non cesou antes de febreiro de 1889. Subtitulado “Defensor d’os intereses gallegos”, estivo dirixido por Juan Manuel Rodríguez de Cea, quen tamén exerceu de colaborador, xunto a Ricardo Barros Pintos. De carácter rexionalista, conviviu algúns anos coa revista O Galiciano. A literatura galega tivo unha importante presenza nesta publicación, en que abundaron a prosa e a poesía de López Pinal, Lourido Sánchez, Marcial Valladares, Barcia Caballero, Pérez Placer ou Leyes Pose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. De novo emigrou a Cuba onde dirixiu o xornal Las Hijas de Eva e cando volveu a Galicia foi nomeado o primeiro director de El Correo Gallego. Foi deputado provincial pola Coruña e director do Gran Hospital de Compostela. Escribiu o prólogo de Poesías gallegas y castellanas, de Francisco Añón, El capricho de mi esposa (1875) e o poemario Romancero de Galicia (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Foi catedrático de Dereito, maxistrado da Audiencia e coronel do Batallón de Voluntarios de Jesús del Monte en La Habana. Escribiu Idea del Estado, como sujeto de la Hacienda pública, Legislación de Bolsa, Estudio sobre el fundamento y sobre las fuentes del Derecho internacional e Por Galicia: cuartillas y apuntes (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e psicóloga. Foi deputada nas Cortes por Ourense polo PSdeG-PSOE entre a III e a VI lexislaturas (1986-2000) e senadora pola mesma cidade na VII lexislatura (2000-2004). Pertenceu á comisión executiva galega do PSdeG-PSOE e foi coordinadora provincial do partido en Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Emigrou coa súa familia en 1938 a Uruguay, onde estudou arquitectura. En 1942 iniciouse na arte coa cerámica e cofundou a revista Apex, onde publicou contos, e a que lle permitiu coñecer ao pintor J. Torres García, clave para a súa formación intelectual. A súa obra caracterizouse por unha figuración construtivista de cores planas e carácter costumista en escenas urbanas, rurais ou naturezas mortas. Pouco despois achegouse á abstracción en que lle deu moita importancia ao material ata que evolucionou cara á plenitude da súa obra coa incorporación do espazo e a luz. Trasladouse a Bos Aires (1947) e desde 1953 comezou a expoñer coa axuda de Luís Seoane. Colaborou coa revista Galicia Emigrante, regresou a Montevideo (1957) e traballou en xornalismo. Destacou polos seus murais de grandes dimensións como o do estadio de Montevideo, Mural del Cerro (1962-1964), onde apareceron de forma explícita as características construtivas do artista, cun emprego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Especialista en neuroloxía, doutorouse en 1971 na Universidade de Santiago de Compostela e foi catedrático e xefe do servizo de neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Publicou máis dun centenar de traballos en diversas revistas como Revista clínica Española, Revista Médica de Galicia, Revista de Psiquiatría y Psicología Médica, Medicina clínica ou Gaceta Clínica de Bilbao, Revista clínica de geriatría y gerontologia. Algúns dos artigos publicados nestas revistas son “Síndrome de Turner con coartación de aorta y hemorragia subaracnoidea” (1971), “Atrofía cerebral idiopática” (1972), “Hipertensión intracraneal benigna” (1977) ou “El diagnóstico de las hemorragias cerebelosas” (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, situado nos contrafortes orientais do sistema prebético valenciano (6.587 h [2001]). Os cultivos de secaño teñen pouca extensión, e destaca o cultivo de oliveiras e de ervellacas. O regadío, dedicado case exclusivamente ás laranxeiras, benefíciase das fontes de Favara e do Planet. A actividade agrícola tradicional foi absorbida polas actividades dependentes do turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que Martín Ruiz de Gamboa lle deu ao arquipélago de Chiloé en 1567, en recordo da orixe de Rodrigo de Quiroga, gobernador de Chile. Ese mesmo ano fundou a cidade de Santiago de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do vicerreinado de Nueva España que comprendía os actuais estados de Jalisco e Nayarit e parte de Zacatecas, Aguascalientes, San Luis Potosí e Durango. Conquistado por Nuño Beltrán de Guzmán, a capital estableceuse en Compostela (actual Nayarit). Na práctica funcionou como un reino independente. Coa nova organización de Carlos III foi intendencia de Guadalajara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Vigo a partir do 16 de maio de 1927, da que posiblemente só saíu un número. Subtitulada “Revista ilustrada, gráfica e informativa”, estivo dirixida por Víctor Fraiz Villanueva, mestre fusilado en 1937. Incluíu fotografías, contos, notas de sociedade, artigos e literatura. Firme defensora dos valores democráticos e de Galicia, tamén deu conta das actividades do Ateneo de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Madrid a partir do 17 de maio de 1937. Cesou en novembro de 1938, despois de trasladar a súa redacción a Barcelona por mor da guerra en xaneiro dese ano. Subtitulado “Portavoz de los antifascistas gallegos”, estivo dirixido por Xosé Gómez Gayoso e Manuel Moure. De tendencia comunista e antifascista, apoiou a Segunda República e fixo chamamentos para que os galegos se unisen e traballasen pola liberación de Galicia e pola creación do Frente Popular Antifascista Gallego. Nel colaboraron Ramón Cabanillas, Arturo Cuadrado ou Basilio Álvarez, promotor de El miliciano gallego, co que o semanario acabaría converxendo tras un período de convivencia de dous meses. En setembro de 1937 Castelao incorporouse á revista cos seus debuxos de guerra e textos de denuncia das atrocidades cometidas polos falanxistas en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Ourense a partir do primeiro de xaneiro de 1862. Cesou antes dos seis meses. Subtitulado “Periódico destinado a la defensa de los intereses morales del país”, creouse co obxectivo de promover a construción do ferrocarril entre Vigo e Ourense, sen esquecer os intereses locais da provincia. Saíu dúas veces por semana (mércores e domingo) dos obradoiros de Cesáreo Paz y Hermano. Incluíu artigos de fondo, variedades e soltos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Ferrol a partir de xullo de 1931. De carácter infantil e distribuída gratuitamente, tivo moi pouca duración. Dirixida por Pedro Guimarey Filgueira, contou coas colaboracións de Fernández Barreiro, López Bouza, Manuel Macías ou Manuel Vázquez Ogando. Incluíu artigos sobre educación infantil, pedagoxía, contos e galego para nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo poboamento ou cidade dos celtiberos, famosa porque constituíu un dos centros principais da resistencia deste pobo contra a ocupación romana durante o s II a C. As ruínas, escavadas en boa parte, están no Cerro de Garray, preto de Soria. O seu poboamento remóntase ao Bronce. No momento da conquista romana era a capital dos arevacos. A primeira fase da loita provocouna o acollemento que os numantinos deron aos belos que loitaban contra os romanos. Numancia foi atacada, mais chegouse a unha paz negociada (151 a C). A segunda fase da loita derivou do alzamento de Viriato, a quen os celtiberos se uniron (143 a C). Despois de resistir diversos ataques, Publio Cornelio Escipión Emiliano, que acababa de arrasar Cartago, estableceu un asedio sólido durante dez anos ata que Numancia tivo que renderse pola fame (133 a C). Durante a época romana a cidade continuou existindo. As súas ruínas amosan a organización da cidade ao redor de dúas rúas paralelas, cruzadas por outras once, de xeito que...

    VER O DETALLE DO TERMO