"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Escribiu novelas sobre a vida chilena como Martín Rivas (1862), El ideal de un calavera (1863), e outras como Los trasplantados (1904) e El loco Estero (1909), de recordos autobiográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Formou parte do grupo Nova Dereita da narrativa francesa coas súas novelas L’Europe buissonnière (A Europa de monte, 1949), Les enfants du Bon Dieu (Os nenos do Bo Deus, 1952) e L’humeur vagabonde (O humor vagabundo, 1955), Un singe en hiver (Un mono en inverno, 1959), Monsieur Jadis (Señor Jadis, 1970) e os relatos de Quat’ saisons (1975) reflicten o seu espírito bohemio. Cultivou tamén o ensaio coa obra Certificats d’études (Certificados de estudios, 1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Indiana, EE UU, ao SO de Chicago (51.972 h [1990]). Ten un centro de ensino superior, a Indiana University, fundada no ano 1852.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora que utilizou en ocasións o pseudónimo Mary Pollock. Mestra de profesión, dedicouse á literatura infantil e xuvenil. En 1924 casou con Hugh Pollock de quen se divorciaría en 1942. Un ano despois, casou con Kenneth Darrell Waters. Escribiu libros de diversos xéneros e para distintos grupos de idade. O seu primeiro libro, publicado en 1922, era de poesías: Child Whispers (Murmurios de nenos). Da súa produción destacan: Noddy, as series Famous Five (Os cinco famosos), Secret Seven (Os sete segredos), Mystery Series (Series de misterio), e os libros ambientados en colexios, Torres de Malory e Santa Clara. Colaborou na revista Teacher’s World e dirixiu as súas propias publicacións entre 1926 e 1959: Sunny Stories e Enid Blyton’s Magazine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade romana das boas colleitas, que se converteu no deus da boa sorte e dos éxitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación alegórica de Xesús como un pastor que leva aos ombros unha ovella. A súa orixe sitúase no reparo dos primitivos cristiáns para representar a figura de Cristo, acudindo neste caso á figura do pastor que guía o seu rabaño, o pobo cristián. O modelo iconográfico deriva do crióforo grego. As primeiras representacións están nas catacumbas (frescos das catacumbas Domitila) e nos sarcófagos; despois realizáronse esculturas exentas (Bo Pastor das catacumbas, museo de Letrán). No xacemento romano de santa Marta de Lucenza (Ourense), atopouse unha figura do Bo Pastor realizada en mármore ou alabastro. Perdeu a parte inferior e hoxe aparece decapitado; de procedencia italiana, dátase nos ss IV ou V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Franciscano. Foi maxistral de Lugo e de Santiago de Compostela, reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1656) e administrador do Gran Hospital Real (1664-1670). Foi elixido bispo de Valladolid e ingresou como franciscano en san Lorenzo de Santiago o 13 de decembro de 1670, días antes de morrer. É autor da elexía dedicada a Filipe IV titulada Oración fúnebre en las exequias que la majestad de nuestro rey y señor Felipe IV el Grande hizo la Santa Apostólica Iglesia del Señor Santiago, único y singular Patrón de las Españas (1666).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor, actor e director teatral brasileiro formado na Universidade de Columbia en Nova York e no Actor’s Studio. En 1955 volveu a Brasil e asumiu a dirección do Teatro Arena de São Paulo, onde principiou unha longa traxectoria na procura de formas teatrais específicas para denunciar a opresión e a loita pola transformación social e pola mellora das condicións de vida das clases máis desfavorecidas. Este posicionamento foi a causa da súa estadía na cadea e do seu posterior exilio en Arxentina e noutros países europeos, onde desenvolveu unha intensa actividade pedagóxica centrada na análise e exploración dos seus modelos de “teatro invisible”, “teatro documento”, “teatro estatua” ou “teatro foro”. Entre os seus traballos teóricos cómpre sinalar Técnicas latinoamericanas de teatro popular (1975), o prontuario Duzentos e tal Exercícios e Jogos para o actor e o não actor con ganas de dizer algo através do Teatro (1978) e o volume Teatro do oprimido (1975), que segue...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparencia externa que porta algunha cousa ou alguén.

    2. Balbordo ou bulla que se produce, xeralmente, en aclamación a unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Estudiou a Filosofía do Dereito como ciencia xurídica no ámbito da filosofía analítica e, posteriormente, na liña dun neopositivismo xurídico. Foi director, xunto con Abbagnano, da Rivista di Filosofia. En 1984 foi nomeado senador vitalicio. O seu pensamento reflicte un enorme interese pola defensa dos dereitos humanos, clave, segundo el, para a diferenciación entre a dereita e a esquerda. Trala crise do Comunismo, manifestou a súa identificación co Socialismo, tendencia política que el sinala como defensora da tolerancia e dos devanditos dereitos humanos. Escribiu ensaios de teoría política como Politica e cultura (Política e cultura, 1955), Da Hobbes a Marx (De Hobbes a Marx, 1965), Quale socialismo? (Qué socialismo?, 1976), Il futuro della democrazia (O futuro da democracia, 1984), Etica e politica (Ética e política, 1984), O tempo dos dereitos (1991), Igualdade e liberdade (1993), As claves do debate:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte de 1.470 m de altitude, situado na parroquia de Mormentelos, no concello de Conso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte de 364 m de altitude, situado na parroquia de Serres, no concello de Muros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Panamá (8.917 km2; 123.655 h [estim 1996]). A capital é Bocas del Toro (2.515 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, pintor e teórico da arte. Foi un dos principais representantes do Futurismo. A partir do ano 1898 entrou en contacto co Cubismo e co Divisionismo. No ano 1910 asinou o Manifesto dos pintores futuristas e no 1912 o Manifesto técnico da escultura futurista, do que foi redactor. Co libro Pitture e no-sculture (Pintura e non-escultura, 1914) converteuse no teórico do movemento. A pintura Elasticidade (1912) é unha síntese das novas invencións plásticas, que influíron especialmente na obra de Medardo Rosso. Cun lirismo barroco, introduciu nas súas obras o tempo e o movemento. Está considerado un dos principais innovadores da escultura contemporánea. A súas teorías sobre escultura anuncian as creacións posteriores: propuxo o uso dos novos materiais como as luces e o cristal así como a introdución de motores eléctricos. Entre as súas obras salientan: Retrato da miña nai (1912), Desenvolvemento dunha botella no espazo (1912) e Formas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor grego. Segundo Plinio, foi o autor dun grupo de prata que representa a un rapaz cun ganso. Descoñécese se un Hermes de Dioniso, firmado por Boetos de Calcedonia, era deste mesmo escultor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, poeta e novelista romántico. Promoveu a Renaixença catalana. Escribiu L’orfeneta de Menargues o Catalunya agonitzant (1862), primeira novela romántica en catalán, e recompilou poesías románticas en Los trobadors nous (Os novos trobadores, 1858). Entre os seus traballos históricos destaca a Historia crítica de la guerra de la Independencia en Cataluña (1886-1887). En colaboración con Adolf Blanch, é autor de Gramática de la lengua catalana (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade administrativa baixo soberanía alemá creada por Hitler en marzo de 1939, cando se produciu o desmembramento de Checoslovaquia. Comprendía as provincias checas de Bohemia e Moravia, excepto os territorios dos Sudetes, que xa pertencían ao Reich dende os acordos de Múnic (setembro do 1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo atómico proposto por N. H. D. Bohr en 1913 para describir o átomo de hidróxeno. Baséase na hipótese de que o átomo só pode existir nuns certos estados estacionarios, nos que o seu electrón ocupa unhas órbitas (ou niveis enerxéticos) ben definidas. A emisión e absorción de enerxía polo átomo non ten lugar de forma continua senón que se realiza de forma discreta. O modelo atómico de Bohr representa a ponte conceptual entre a Mecánica clásica e a Mecánica cuántica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno polo que o equilibrio de disociación da oxihemoglobina en hemoglobina e osíxeno se despraza cara á formación de hemoglobina cando aumenta a presión parcial do dióxido de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO