"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Naturalista italiano. Foi o autor do primeiro tratado de parasitoloxía. Ideou e realizou unha longa serie de experimentos para descartar a falacia da pretendida xeración espontánea. Escribiu Osservazioni intorno agli animali viventi che si trovano negli animali viventi (1684).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto inglés. Proprocionou o uso de ladrillo na arquitectura inglesa. Foi autor do King’s College de Cambridge, a torre do reloxo de Elton College (1517), o claustro de Saint Stephen de Londres (1525) e o plano do castelo de Hampton Court.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tambor de caixa prolongado que se emprega en orquestras e bandas militares.

    2. Músico que toca este instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Corcubión. Construída a finais do s XII e comezos do s XIII, ten planta rectangular cunha soa nave e unha ábsida cuberta con bóveda de canón. Da época románica só conserva o arco triunfal, a ábsida, unha pequena fiestra no testeiro e os canzorros que sosteñen o aleiro do tellado. O arco triunfal é peraltado. A fachada remata nunha espadana dun corpo con dous arcos de medio punto peraltados, con frontón, dous acroterios piramidais e unha cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Redondela. Construída no s XV, foi transformada ao longo do tempo.Ten unha soa nave, dividida en cinco tramos separados por arcos perpiaños apuntados, ábsida poligonal cuberta cunha bóveda de nervios e capelas laterais abovedadas. A portada principal é abucinada e sobre ela sitúase un rosetón circular. O conxunto remata nun frontispicio coroado cunha escultura de Santiago Matamouros. En 1712 engadíuselle a torre campanario de planta cadrada e formada por tres corpos decrecentes en altura separados por balaústres: o inferior liso, o intermedio cadrado con ventás e o superior octogonal rematado nunha pequena cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Redondela ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Redondela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Doutor en Ciencias Económicas, foi vicedecano da facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela e director xeral do Instituto Galego de Vivienda e Solo. Escribiu Aplicación del análisis espectral al estudo del comportamiento bursátil (1981) e Introdución a las finanzas de la empresa (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director. Fundador da agrupación teatral Tespis, dirixiu O casamento á forza (1970), de Molière; Conto dos cinco camiñantes (1979, premiada no I Certame de Teatro de Lugo); Pinocho (1983), de C. Collodi; e Verbas de si para si (1983), en que recolle diversos textos de Álvaro Cunqueiro. Ademais, dirixiu os grupos de teatro independente Breogánia, Nova Vida, Os Gaiteiriños, Abrente e Brétema, cos que estreou diversas obras teatrais de R. Carballo Calero, E. Blanco-Amor, L. Olmo, R. Cabanillas ou Castelao. Foi galardoado co Premio Nacional de Teatro (1966) e co Premio da Crítica ao mellor actor (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (5.860 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, sobre todo desde a expansión do regadío a partir da década de 1960. O secaño baséase no barbeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Repetición innecesaria de palabras ou conceptos.

    2. Exceso de caracterización a calquera nivel da lingua. A redundancia axuda a cubrir a perda de información que hai na transmisión da mensaxe lingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta redundancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao soldado que permanece no exército despois de cumprir o servizo militar ou outro reenganche.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Volver enganchar.

    2. Continuar alguén voluntariamente no exército despois de cumprir o servizo militar ou ao termo do contrato subscrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de reenganchar ou reengancharse.

    2. Duración de cada contrato dos reenganchados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • factor de reflexión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito armado que estalou en México en 1858, tras a promulgación da Constitución de Querétaro (1857) e que supuxo unha guerra civil. Enfrontou os grupos conservadores, liderados por Félix María Zuloaga e contrarios á nova constitución, e os liberais, que a defendían e que estaban representados por Benito Juárez, quen asumiu a presidencia da república en 1858. Ao mesmo tempo, os conservadores nomearon como presidente da república a Zuloaga -substituído desde 1859 por Miguel Miramón-, de xeito que o conflito armado se tornou inevitable. Mentres que Zuloaga derrogaba desde Ciudad de México a lexislación anterior, Juárez radicalizou o programa de reformas que emprendera en 1856 e que comprendía as Leyes de la Reforma, de marcado carácter anticlerical e laico. En 1859 obtivo o recoñecemento estadounidense do seu goberno e a partir dese ano a guerra virou ao seu favor. En 1860, o xeneral liberal Jesús González Ortega derrotou as tropas de Miramón en Guanajuato e Tlaxcala, logrando entrar en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cortegada. Dependeu do mosteiro de Celanova e está arrimada á casa prioral do s XVIII, formando un só corpo con ela. O seu muro frontal común caracterízase pola pureza de liñas, a sobriedade e a elegancia. O seu oratorio converteuse no s XIX no templo parroquial, cunha nave de tres tramos e cuberta de madeira, imitando un teito abovedado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Frase sentenciosa de forma fixa baseada nas reflexións da sabedoría popular.

    2. erso ou conxunto de versos que se repiten ao final de cada estrofa nunha composición. Foi un elemento característico das cancións de baile e interveu noutros xéneros de forma constante. Posto ao final da estrofa ou ao principio do poema, repetíase, todo ou en parte, ao final de cada cobra, seguindo diversos procedementos segundo as épocas e os xéneros. A máxima difusión das primitivas cancións con refrán produciuse do s XIII ao s XIV, e constátanse diversas innovacións e derivacións nos ss XV e XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de refráns.

    2. Colección ou recompilación de refráns.

    VER O DETALLE DO TERMO