"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Guerrilleiro. Coñecido como Moncho, despois da Guerra Civil Española permaneceu encarcerado por un delito de traizón ao pasar as filas republicanas. Ingresou no Partido Comunista (PC) en 1941. Dirixiu a IV Agrupación (1947-1951) e o PC, ao desmantelar as guerrillas, decidiu envialo a Francia, onde despregou unha intensa actividade partidaria, foi delegado do V Congreso do PCE que se realizou en Praga (1952) e, en 1964, trasladouse a La Habana. O seu compromiso coa revolución cubana levouno a participar nos Comités de Defensa da Revolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Formou parte en 1974 dun grupo de renovación pedagóxica que promovería a creación do Movemento Cooperativo da Escola popular Galega, xerme do Movemento de Renovación Pedagóxica de Galicia. Pertenceu ao Consello Escolar de Galicia e ao Equipo de Formadores en Didácticas Específicas que elaborou o Plan Galego de Formación Continuada do Profesorado de Niveis non Universitarios, e foi director do Centro de Formación Continuada do Profesorado de Santiago de Compostela. Entre as súas obras, enfocadas cara á programación didáctica e de formación docente, destacan, A planificación da formación do profesorado en Galicia (1992), A Reforma educativa: contribución a un debate, claves para unha análise da reforma educativa (1991), Guías para a elaboración de proxectos curriculares de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria (1994) e La Función directiva en los centros educativos en el marco de la LODE,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de danza fundada na Coruña en 1949 por X. M. Rey de Viana. Desde os seus comezos promoveu espectáculos baseados na cultura tradicional galega e coidou moito a estética nas súas actuacións. En 1971, o seu fundador e director cedeu a titularidade do ballet á Deputación Provincial da Coruña, que en 1991 traspasou a xestión do mesmo ao Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). X. M. Rey de Viana foi o director e coreógrafo da compañía desde a súa creación ata a súa morte en 1995, data en que se fixo cargo da compañía a súa muller, Victoria Canedo, ata ese momento subdirectora. En 1999 o ballet iniciou unha nova etapa caracterizada pola estrea anual dun grande espectáculo baseado na cultura tradicional galega, coa participación dun amplo equipo técnico (iluminación, escenografía e vestiario) do IGAEM, acompañado polo Grupo de Música Tradicional deste mesmo organismo. Realizou máis de cincuenta montaxes coreográficas, das que destacan Danzade, Ultreia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bailarín e coreógrafo. Formouse como bailarín nas máis prestixiosas escolas de danza centroeuropeas con importantes mestres como Kurt Jooss ou Aurel Millos. En 1949 fundou o Ballet Galego Rey de Viana, do que foi director e coreógrafo ata a súa morte. En 1971 cedeulle a titularidade do mesmo á Deputación Provincial da Coruña e posteriormente pasou a depender do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). Foi galardoado coa medalla de ouro da Cidade da Coruña, co Pedrón de Ouro (1966) e coa orde civil de Alfonso X El Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e poeta. Redactor de El Imparcial, colaborou, entre outras publicacións, en La Ilustración Gallega y Asturiana. Escribiu Una epístola y un poema (1880) e Hierro y fuego (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor, neto do fundador de La Voz de Galicia Xoán Fernández Latorre. Propietario e presidente da Corporación Voz de Galicia, un dos maiores grupos de comunicación de Galicia, que engloba La Voz de Galicia, Diario de León, Radio Voz, Voz Audiovisual, Sondaxe e Canal Voz. Licenciado en Dereito, accedeu en 1963 á xerencia do rotativo La Voz de Galicia. Baixo a súa dirección, o xornal, o de maior difusión de Galicia e o sexto de información xeral de España, viviu a súa grande expansión: acometeu unha total renovación técnica, superou os 100.000 exemplares de difusión diaria, creou o sistema de edicións que dá cobertura a toda Galicia e inaugurou o edificio intelixente que alberga a planta de impresión de Sabón (Arteixo) en 1992. En 2001 creou a fundación que leva o seu nome co fin de fomentar o coñecemento e difusión da cultura e contribuír ao estudo, investigación, defensa e creación de medios de comunicación en Galicia en calquera dos seu soportes e que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Intérprete do xénero dramático no Teatro María II de Lisboa, participou nas obras Muller que deita as cartas, Abnegação e Vida de un rapaz pobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Ordenado sacerdote (1890), ingresou na orde beneditina para despois profesar como franciscano (1892). Director de El Eco Franciscano, foi administrador apostólico de Jaén, bispo de Lugo (1920-1927) e senador pola provincia eclesiática de Santiago de Compostela (1921-1922). Escribiu Instruciones breves sobre la Regla de la Venerable Orden Tercera de San Francisco (1897), Instituciones Philosophiae Christianae, El Terciario Franciscano 1872-1897 (1893), La Armonía entre la ciencia y la fe, personificada en el angélico doctor Santo Tomás de Aquino: sermón (...) (1897), Historia del culto eucarístico en la Diócesis de Compostela (1897), La vida orgánica en sí misma y en sus manifestaciones (1901) e Instrución pastoral sobre la sagrada predicación (1918). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e técnico en programación de radio e televisión. Conselleiro delegado de Telecable Compostela, Edicións Correo e Anova Multiconsulting, conselleiro de Ondas Galicia e membro fundador da Axencia Galega de Noticias (AGN). Formado no Centro Superior de Estudios Aplicados de Madrid e na facultade de Ciencias Económicas da USC, foi redactor e xefe de programación da emisora La Voz de Lugo e delegado de El Progreso. Na década de 1970 exerceu como cronista de El Correo Gallego e La Noche, así como noutros diarios e semanarios. Tamén foi correspondente de EFE en Lugo. En 1968 incorporouse a El Correo Gallego como redactor-delegado de Ferrol, ao ano seguinte foi nomeado xerente e dous máis tarde conselleiro-delegado. En 1984 foi nomeado director de El Correo Gallego, labor que compaxinou coa dirección de O Correo Galego (1994-2003), ata a súa conversión en Galicia Hoxe. Durante todos estes anos foi un dos impulsores da renovación tecnolóxica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Titulado pola Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1928), traballou con Pedro Mariño Ortega, a quen sucedeu como arquitecto municipal da Coruña (1931-1950). Representante destacado do movemento racionalista en Galicia, as súas obras caracterizáronse pola pureza das formas, a sinxeleza decorativa e a economía no deseño. Despois da Guerra Civil Española, evolucionou cara ao historicismo influído pola arquitectura monumentalista alemá. Realizou a urbanización e ensanche de Ferrol (1929) e na Coruña o mercado de Santo Agostiño (1932-1936), xunto con Antón Tenreiro, onde introduciu a técnica do formigón e unha estrutura formal que lembra a das naves industriais, o Estadio Municipal de Riazor (1939-1944), de estilo monumentalista historicista, o Pazo Municipal dos Deportes de Riazor (1970) e diversos edificios de vivendas. No eido do urbanismo, reivindicaba a necesidade dunha planificación racional. Académico desde 1948 da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Musicólogo e director de orquestra. Fundador e primeiro director da Coral Casablanca de Vigo (1957-1988) e director da Coral do Real Club Náutico de Vigo, compuxo 16 pezas galegas de canto coral. Parte do seu traballo está recollido en Escolma de cantigas (1978). Patrón da Fundação Gulbenkian, recibiu a medalla de ouro Marcial del Adalid, a medalla de ouro da Real Academia de Bellas Artes da Coruña e o Premio Reconquista de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Fillo dun recoñecido libreiro compostelán, Francisco Rey, mantivo obradoiros tipográficos e litográficos en Santiago a partir de 1847. Editou numerosas obras, como o Anuario de la Universidad (1857), e os xornais máis relevantes da cidade ata que se instalou na Coruña, a partir de 1857. En 1859, Xosé Rodríguez Ruibal mercou os seus obradoiros e continou o seu traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Gabino, viviu en Barcelona onde recibiu a influencia da pintura catalá e de artistas como Antoni Tàpies. Destacou como debuxante, cultivou o realismo cun estilo postimpresionista e centrouse fundamentalmente na representación de paisaxes, xunto con bodegóns e retratos. Preocupouse pola cor e empregou unha paleta cálida e morna na que destacaron azuis intensos, verdes brillantes, carmíns, rosas e pratas, coa que construía os corpos mediante o emprego da luz. Destacan Mi hermana Carmen (1956), Bodegón (1968), Puerto de Barcelona (1980), Irene e Anna (1988), Vaso con flores (1990), Casa en el Empordá (1996), A modelo (1997) e Camino (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e escritor. Ordenado sacerdote (1901), formouse nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid. Colaborador d’O Tío Marcos d’a Portela, mantivo unha estreita relación con Basilio Álvarez. En agosto de 1922 participou na creación da produtora viguesa Celta Film, con Antonio Méndez Laserna e Carlos Reguenga Borrajo, unha sociedade formada para a explotación en España e América de filmes relacionados con Galicia e Asturias. Colaborou de forma activa coa primeira obra da produtora, Un viaje por Asturias y Galicia (1922), de Luis Rodríguez Alonso, e en 1926 colaborou na longametraxe Carmiña, flor de Galicia, de Rino Lupo. Seguidor de Lord Byron e Horacio, é autor de Nido de áspides (1911), Remansos de paz, campos de guerra (1915), o poema A Tola de Covas (1917), o poema dramático Amor que vence al amor (1917), a novela La Loba (1918), o drama Cuento del lar (1918), Colón español, hijo de Pontevedra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Fundou e dirixiu os xornais La Reforma, La Cruz de Santiago (1885) e La Bandera de Santiago (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando Casado d’Arambillet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. De nome Antonio Martínez del Castillo, foi un dos directores máis prestixiosos anteriores á Guerra Civil Española. Debutou con La revoltosa (1924), e da súa filmografía destacan Gigantes y cabezudos (1925), Agustina de Aragón (1928), La hermana san Sulpicio (1927 e 1934) e La aldea maldita (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Defensor das ideas liberales, mantivo obradoiros tipográficos na rúa do Preguntoiro de Santiago de Compostela a partir de 1811. Alí editáronse as principais obras dos escritores liberais do momento, como Sermón (1811), de Rodríguez de Casal, ou Canto épico (1822), de Taboada Leal. Co restablecemento do réxime absolutista en 1823, traspasou os seus obradoiros a Alberto Núñez Espinosa e emigrou a Porto, onde abriu outro obradoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso xesuíta, historiador e novelista. Coñecido como Adro Xavier, especializouse en biografías de personaxes españois, dos que destacan Aproximación a la historia de España en veinte grandes biografías e a Colección Tu y yo. Ademais publicou, entre outras obras, Amor de héroe (1937), Rojo y español (1939), Ocaso del Imperio (1940), Carlos María Rey-Stolle Pedrosa marino y aviador (1941), Almas hundidas (1950), Francisco Suárez en la España de su época (1950), Emigrantes y sus cosas (1963), Bonifacio VIII (1971), Fui soldado en cuatro guerras (1976), El Papa de Peñíscola: un siglo de Europa (1975) e Doctor Irurita: del consenso al crimen, 1876-1936 (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en neurocirurxía e neuroloxía. Catedrático de Neurocirurxía (1981) e profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela (1992) e director do Instituto Universitario de Ciencias Neurolóxicas Pedro Barrié de la Maza (1982), foi pioneiro da neurocirurxía en Galicia. Foi xefe e fundador do servizo de neurocirurxía do Hospital Clínico Universitario (1955) e o primeiro director da Escola Universitaria de Enfermaría (1978). Publicou numerosos artigos e estudos, entre os que destaca Estudio de las indicaciones en neurocirugía de la vía trans-esfenoidal (1972), e dirixiu o Dicionario Galego de Termos Médicos (2002). Académico correspondente da Real Academia Nacional de Medicina de España, desde 1992 preside a Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia. Membro de honra da Sociedad Gallega de Neurocirugía e da Sociedade Galega de Neuroloxía, recibiu, entre outros galardóns,...

    VER O DETALLE DO TERMO