"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PENÍNSULAS
Península da costa SO de Islandia, que cerra polo S a baía de Faxaflói (1.982 km2; 78.416 h [estim 1999]). Ten numerosos cráteres volcánicos. Constitúe un distrito administrativo de Islandia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Activo en Betanzos, foi un dos primeiros pintores barrocos de Galicia. Cara a 1650 pintou o retablo de Santo Antón de Padua no santuario da Nosa Señora do Camiño de Tiobre e o retablo maior da capela da Madanela de Betanzos. Nestas obras amosou unha concepción pictórica sinxela, co emprego de fondos escuros, unha gama cromática pobre de tons escuros e pardos, onde domina o debuxo sobre a cor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xa de Irán (1925-1941). Antigo xefe da brigada cosaca que operaba en Irán, conquistou Teherán (1920) ao exército soviético e proclamouse primeiro ministro (1923). Logo de recibir plenos poderes do parlamento, exiliou o xa e proclamouse xa el mesmo. A raíz da Segunda Guerra Mundial, a URSS e Reino Unido invadiron o país e foi obrigado a abdicar (1941) en favor do seu fillo Mu ḥ ammad Reza de Irán.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ourense. Construída en estilo románico, barroco e neoclásico, ten planta de cruz latina cunha soa nave con cúpula central semicircular. No seu interior destaca o retablo-baldaquino do s XVIII. Na fachada salienta a torre-campanario e os contrafortes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político coreano. Presidente da República de Corea no exilio desde 1919 e máximo representante dos grupos proocidentais, en 1948 foi elixido presidente de República de Corea. Malia a Guerra de Corea (1950-1953), foi reelixido en 1952, en 1956 e en 1960, ano en que dimitiu debido a unha revolta popular e ao enfrontamento coa Asemblea, exiliándose seguidamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ía navegable de Alemaña que pon en comunicación a Alemaña meridional co mar do Norte a través do Rin e do Mittellandkanal. Ten 38 km de lonxitude e une o Rin, preto de Duisburg, co Dortmund-Ems-Kanal.
-
PERSOEIRO
Filólogo alemán. Profesor das universidades de Roma, Friburgo de Brisgovia e Múnic, lingüista e historiador da literatura. Traballou sobre o francés medieval (Altfranzösische Grammatik, 1933), sobre as relacións entre semántica e teoloxía (Kultsprache und Profansprache in den romanischen Ländern, 1933) e sobre as literaturas románicas: Dante Studien (1975), Gabriela Mistral und ihre kosmische Sympathie (1954) e Die Mystik des Raymundus Lullus (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas anuais, hemiparasitas, da familia das escrofulariáceas, coas follas opostas e simples e flores solitarias ou dispostas en acios terminais, de cores variadas, co cáliz inflado e corola bilabiada. En Galicia está presente na rexión oriental a especie R. minor, que medra en prados e florece entre os meses de maio a xuño.
-
PERSOEIRO
Parapsicólogo estadounidense. En 1935 fundou co inglés W. McDougall (1871-1938) un laboratorio de parapsicoloxía, onde estudou experimentalmente a denominada “función ϕ ”. Das súas obras destaca Extra-sensory Perception (1934) e The Reach of the Mind (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Nova Inglaterra, EE UU, o máis pequeno en extensión e o segundo máis densamente poboado (3.140 km2; 1.048.319 h [2000]). A súa capital é Providence. Limita ao N e ao L con Massachusetts, ao O con Connecticut e ao S co Océano Atlántico. O territorio é case chá, cunha extensión litoral relativamente grande. Predomina o sector industrial, con industrias téxtiles, construción de maquinaria, instrumentos de precisión e equipamentos eléctricos. Os primeiros poboadores europeos foron emigrantes relixiosos de Massachusetts, que se estableceron en Portsmouth, Newport News, Warwick e Providence na primeira metade do s XVII. As catro cidades uníronse en 1644, e en 1663 Carlos II de Inglaterra outorgoulle un estatuto onde establecía a liberdade relixiosa e as fronteiras do estado actual. Foi a primeira colonia en proclamarse independente (1776) e entrou na Unión en 1790. Durante o s XIX iniciou un rápido proceso de industrialización que atraeu unha forte inmigración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unión administrativa e política entre Rhodesia do Sur (actual Zimbabwe), Rhodesia do Norte (actual Zambia) e Nyasalandia (actual Malawi), desde 1953 a 1963 co nome de Federación Centroafricana. A partir da década de 1930 a presión simultánea desde Salisbury e Lusaka para crear unha federación que incluíse tamén Nyasalandia chocou cunha forte resistencia en Londres, que quería garantir os dereitos dos africanos. Non obstante, a insistencia dos brancos de Rhodesia do Sur atopou un apoio favorable entre os conservadores británicos. En 1953 o goberno de W. Churchill autorizou a creación dunha federación cunha ampla autonomía, que conseguiu diversos avances económicos, pero topou coa resistencia dos nacionalistas africanos estimulados pola independencia de toda África negra e dirixidos por Hastings Banda en Nyasalandia e por Kennet Kaunda en Rhodesia do Norte. A federación disolveuse definitivamente o 31 de decembro de 1963.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Gwynedd, Gales? -? 878?) Rei galés (844-878?). Acadou a unión da maior parte de Gales e contivo as fortes presións escandinavas. Fundou unha dinastía que durou ata a fin da independencia galesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elle Gwendolyn Rees.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Música popular propia dos afroamericanos de EE UU, utilizada sobre todo no baile. Ten unha base predominantemente rítmica, en que se superpoñen melodías procedentes do gospel e do blues. Xurdiu na década de 1930 a partir, sobre todo, do boogie-woogie orquestral, e posteriormente derivou no rock-and-roll. Destacan os intérpretes Fats Domino, Ray Charles e Chuck Berry.
-
PERSOEIRO
Xurista e historiador. De orixe galega, participou no proceso de transición á democracia en Uruguay e foi profesor de Ciencia Política na Universidad de Montevideo e analista e consultor político da ONU. Foi un dos compiladores de Uruguay y la democracia (1984-1985) e The military and Democracy (1990) e escribiu Uruguay, el país urbano (1981), Partidos, Democracia y Autoritarismo (1984), De mitos y memorias políticas (1986), con C. Perelli, Las Fuerzas Armadas. Soldados-políticos garantes de la democracia? (1986), Una tarea inconclusa (1992) e Urnas y desencanto político (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Verís (Irixoa). O seu cumio acada os 519 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. As súas obras caracterizáronse por un estilo gótico revestido de decoración plateresca. En 1527 comezou a colexiata de Valladolid, derrubada por Juan Bautista de Herrera para erguer a catedral, e en Sevilla realizou a fachada e o vestíbulo do concello (1527) e as sancristías da capela dos Alabastros e da capela dos Cálices da catedral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agustín Fernando Muñoz Sánchez.
-
-
Relativo ou pertencente a Rianxo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Rianxo.
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa Comba que dá nome ao concello de Rianxo, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO