"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lousame baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lousame. Construída a principios do s XII, conserva da primitiva fábrica románica a ábsida cuberta con bóveda de canón. O arco triunfal é de medio punto dobrado e descansa sobre un par de columnas que rematan en capiteis case cúbicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte inferior da cheminea, normalmente con forma parecida á dunha campá, situada enriba dunha lareira ou sobre uns fogóns, que ten a función de recoller os gases ou o fume producidos na cociña.

      1. Trabe de madeira que soporta a parede fronteira da cheminea.

      2. Bordo inferior que sobresae desa peza e que adoita empregarse como andel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de madeira que vai engadida na parte superior da camba do carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Camba ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Camba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da literatura catalán. Profesor nas universidades de Estrasburgo (1859-1862) e de Montpellier (1862-1869), foi un dos fundadores e o primeiro presidente da Société pour l’Étude des Langues Romanes (1869). Publicou, entre outros traballos, Essai sur l’histoire de la littérature catalane (Ensaio sobre a historia da literatura catalana, 1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Asia sudoriental, que limita ao NL con Laos ao NO con Tailandia, ao SL con Vietnam e ao SO co golfo de Siam (181.040 km2; 10.861.218 h [1999]). Esténdese entre os 15° e os 10° de latitude N e os 103° e 108° de lonxitude L. A capital é Phnom Penh.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Camboxa ocupa unha antiga depresión tectónica que deu orixe a un golfo mariño. A maior parte do territorio está constituída polas chairas fértiles que envolven o Tônlé Sab (Gran Lago), o río Mekong e os seus tributarios. Estas chairas quedan encadradas, ao N e ao NL, polas montañas Phanom Dongrak, e ao O polos macizos primarios Phnum Krâvanh e Phnum Dâmrei, relevos aliñados de N a S, próximos á costa. Tres cuartas partes do territorio de Camboxa están ocupadas pola selva.
    Climatoloxía e hidrografía
    A súa latitude tropical fai que o clima sexa húmido e cálido; e a vida do país está condicionada polos monzóns que sofre...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Camboxa ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Camboxa.

    3. khmer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual, de talo recto, de ata 3 m de altura, follas palmatisectas, de 5 a 7 segmentos longos e profundamente dentados. É orixinaria das estepas de Asia, entre o lago Baikal e o Mar Caspio. Estendeuse o seu cultivo a China, India, Persia, norte de África e Europa meridional, onde a introduciron os escitas cara ao 1500 a C e a difundiron os gregos e, sobre todo, os romanos. O seu cultivo ten como finalidade a obtención de fibra e a extracción das raíces dun aceite secante empregado para facer pinturas e xabón. A produción do cánabo, que acadou o seu máximo na segunda metade do s XIX, diminuíu gradualmente a causa, por unha banda, da competencia de fibras artificiais e, pola outra, das dificultades para conseguir a mecanización necesaria para a transformación da fibra, o que fai necesaria moita man de obra. A variedade índica do cánabo, propia da India oriental e de Irán, contén nos brotes florais femininos apegañentos unha cantidade especialmente elevada dunha secreción...

    2. Fibra téxtil de orixe vexetal, obtida dos talos do cánabo, máis fina ca a do liño, e de cor amarela. O cánabo emprégase para facer cordas, alpargatas, sacos, etc. Coas fibras da mellor calidade fabricábanse tamén tecidos para bordalos ou para embalar, fíos finos e rodetes de fío ou de corda. As fibras curtas empréganse, entre outros usos, para encher xuntas en máquinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo da costa oriental da península de Florida, nos EE UU, no que se localiza o John Fitzgerald Kennedy Space Center, a principal base de lanzamento de naves espaciais da NASA, inaugurado en 1947 como base de probas de mísiles de longo alcance. Recibiu o nome de Cape Kennedy de 1963 a 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación menor de pesca co casco en forma de U, sen pao, cuberta nin corredor, e propulsada a remo e a vela. Emprégase moito no N de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Venezuela (4.650 km2; 1.807.542 h [1995]). A capital é Valencia (1.034.033 h [1992]). Comprende parte da cordilleira da Costa e da chaira aluvial do Orinoco, e a parte occidental da depresión do lago de Valencia. A área que envolve este lago é unha conca endorreica, o que fai que os solos sexan moi fértiles e intensamente cultivados. A progresiva industrialización invadiu as súas terras. O clima presenta variacións entre a costa e o interior. No litoral, a temperatura media anual é de 26,5°C, cunhas precipitacións de 850 mm. Nas terras altas interiores, a temperatura descende aos 22,9°C e as precipitacións aumentan ata os 1.400 mm anuais. En todo o estado están claramente marcadas as épocas de chuvia e as de seca. Porto Cabello é o porto máis importante e ocupa o terceiro lugar no país. A súa poboación incrementouse nos últimos anos principalmente pola instalación da industria petroquímica e papeleira. Tamén ten importancia o comercio, que dá traballo ao 20% da poboación. É un...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos caraboideos.

    2. Insecto da superfamilia dos caraboideos.

    3. Superfamilia de coleópteros da suborde dos adéfagos que comprende as familias dos carábidos, cicindélidos, ditíscidos, halíplidos, higróbidos, risódidos e xirínidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito acedo e comestible que dá a caramboleira. É unha baga dividida en cinco celas, de cor amarela verdosa, que ten unha sección transversal en forma de estrela. Caracterízase polo seu sabor agridoce que a fai ideal para macedonias e bebidas refrescantes. Tamén se emprega como aderezo.

    2. Xogada de billar que consiste en tocar coa bóla que se golpea as outras dúas bólas, ou a unha soa e esta, á súa vez, á terceira.

    3. Dobre efecto, conseguido por sorte e non por habilidade, que resulta dunha soa acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Averrhoa carambola, Fam das oxalidáceas]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xogador de billar hábil que fai frecuentemente carambolas cando xoga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poboado tartésico situado preto de Sevilla, ocupado dende o s IX a C ata o s VII a C. Do nivel inferior (s IX a C), procede unha produción de cerámica local, con influencias orientais, de vasillas realizadas manualmente con decoración en retícula brunida e pintadas á man con decoración xeométrica (tipo Carambolo). A partir do s VIII a C, por consecuencia das relacións cos fenicios, impúxose a cerámica con torno. Do nivel superior (s VII a C), procede un conxunto de vinte e unha xoias de ouro (pectorais, brazaletes e plaquetas) de morfoloxía e técnica fenicia. Ese conxunto, coñecido como Tesouro do Carambolo, descubriuse en 1958 e está depositado no Museo Arqueológico de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Publicista. Dedicado ao sector publicitario dende os anos sesenta, en 1970 creou a axencia publicidade Luis Carballo. Dende un principio organizou as campañas promocionais dalgunhas das empresas máis dinámicas de Galicia e creou un programa de desenvolvemento da súa industria téxtil, sector en auxe que competía nos mercados nacionais e internacionais. En relación con esta actividade publicou o libro Galicia siete años de moda, no que se promocionaba a pasarela de moda Luada (París, Barcelona, Vigo, Santiago, A Coruña, etc), o salón Gaudí (Barcelona) e a revista Galicia Moda, onde apareceron as principais firmas téxtiles internacionais e galegas. Ademais, editou a revista ITH, dedicada á promoción cultural de Galicia, e a revista DOA, vinculada ao sector da gastronomía e alimentación. Da súa autoría son os contidos expostos no Pavillón de Galicia da Expo’92 celebrada en Sevilla e algúns dos deseños do Ano Santo Xacobeo 1993. Entre outros galardóns, recibiu...

    VER O DETALLE DO TERMO