"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (1028-1034), descendente de Román I. Viviu dedicado aos estudos e por vontade de Constantino VIII, tivo que casar coa súa filla e tamén sucedelo no trono (1028). Inexperto en política e en cuestións militares, foi derrotado en Asia polos árabes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (1068-1071), fillo de Constantino Dióxenes. Casou coa Emperatriz Eudosia, viúva de Constantino X Ducas, combateu os turcos ata Mesopotamia (1068-1069) e enviou unha frota en axuda de Bari (1070), asediada polos normandos. Nunha nova expedición contra os turcos, foi traizoado por Andrónico Ducas e fixérono prisioneiro. Xa liberado, en Constantinopla, Miguel VII Ducas enviou tropas contra el, venceuno, e mandouno cegar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Realizou estudos sobre sindicalismo e asociacionismo. Escribiu Campesiñado a tempo parcial na periferia dunha grande cidade. Vigo 1900-1936 (1997) e Os campesiños de Lavadores. Estrutura social e articulación política, 1923-1931 (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizador cinematográfico. De nome Antonio Fernández--Román García de Quevedo, pasou a súa infancia en Ourense, onde compartiu a súa paixón polo cine con outro futuro director, Carlos Velo. Na década de 1930 instalouse en Madrid, onde colaborou con diversas publicacións do mundo do cine, como Popular Films, Films Selectos e Cinegramas. Despois das súas curtametraxes Sandra e Ensueño, dirixiu o filme Canto de emigración, en que conta a historia dun emigrante galego. Por outro lado, colaborou con F. García Lorca en La Barraca, ata que a Guerra Civil o obrigou a refuxiarse na casa familiar en Ourense. Durante este período a súa relación co medio limitouse á publicación de críticas e artigos en Radiocinema. Concluída a guerra, comezou a súa andaina profesional como director de cintas de ficción aínda que, antes, realizou unha serie de documentais como El hombre y el carro, onde colaborou co etnógrafo Xoaquín Lorenzo. En...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Fíxose cargo dos obradoiros tipográficos que a Xunta Xeral de Vigo, tras o alzamento de 1843, mandou instalar en Cangas, a onde chegaran da man do impresor portugués José Araújo. Cando Araújo desatendeu os novos obradoiros, a Xunta Xeral ordenou o seu fornecemento con novos tipos e o seu traslado a Vigo, onde se fixo cargo deles Román. Alí editou o xornal El Gratis, o primeiro xornal de anuncios en Galicia e o único que se publicou en Vigo ata a aparición de Faro de Vigo (1853).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir romano. O seu corpo atopouse na mesma catacumba onde se inhumou o de san Lourenzo, polo que a lenda afirma que era un lexionario encargado da custodia do anterior a quen converteu o santo. A súa festividade celébrase o 9 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta lírico. As súas composicións poéticas, do xénero do kontákion e baseadas en temas bíblicos e litúrxicos, constitúen unha peza capital da literatura patrística e bizantina. A súa festividade celébrase o 1 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Balanza rudimentaria portátil de ferro forxado formada por unha barra con dous brazos desiguais que descansa sobre un fulcro que pendura ou se sostén coa man mediante unha argola. Do brazo máis curto pendura aquilo que se quere pesar, mentres que o brazo máis longo é gravado cunhas tallas equidistantes onde se encaixa un peso chamado pesa, que ao ser desprazada, permite obter o equilibrio da balanza e determinar o peso desexado. Hai diferentes tipos: de dous e mesmo tres ganchos de suspensión, situados en lugares diferentes, cousa que permite modificar o fulcro e pesar así corpos de peso moi desigual. Foi empregada polos romanos paralelamente a outro tipo de balanzas.
-
REXIÓNS
Rexión de Italia setentrional que corresponde ás provincias de Forlì e Ravenna e a un pequeno sector de Boloña. Comprende o sector oriental da rexión administrativa de Emilia-Romaña e esténdese ao sur do río Reno ata o val do río Tavollo. A riqueza da rexión é basicamente a agricultura e destacan os cultivos de froiteiras. A actividade industrial está representada pola industria manufactureira, a alimentaria e a química. O centro máis destacado é Ravenna. Pertenceu á Emilia durante a época romana e foi conquistada por Odoacro e polos godos. Centro da Italia dominada por Bizancio (504-751), invadírona os lombardos, que foron expulsados polos francos. Estes cedérona á Santa Sé no s VIII, pero non pasou a dominio pontificio ata 1278, data en que se chegou a un acordo co imperio. En 1375 o legado papal reprimiu a rebelión das cidades de Cesena e Faenza. César Borja foi nomeado duque da Romaña (1501) polo Papa Alexandre VI, pero en 1503 foi sometida polo Papa Xulio II. En 1796 invadiuna Francia,...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, situado nos corredores do subbético valenciano (2.044 h [2001]). Ten cultivos de secaño (vide, amendoeiras e oliveiras) e regadío, que aumentou considerablemente a base de fontes e pozos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de República Dominicana (654 km2; 166.550 h [1993]). A súa capital é La Romana (140.204 h [1993]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pere Caro i Sureda.
-
REPUBLICAS
Réxime fundado en Roma polos xacobinos italianos baixo a protección do directorio francés, que durou desde o 15 de febreiro ao 27 de novembro de 1798 e do 14 de decembro de 1798 ao 29 de setembro de 1799. Francia, que invadiu e ocupou unha gran parte dos Estados Pontificios (1797), favoreceu que se proclamase este réxime, e apresou ao Papa Pío VI. Nápoles atacouna e provocou unha interrupción desde o 28 de novembro ata o 13 de decembro de 1798, pero foi restaurada polos franceses, ata que unha segunda intervención napolitana fíxoa caer definitivamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
Réxime establecido en Roma desde o 9 de febreiro ata o 4 de xullo de 1849, a partir da revolución producida na cidade en novembro de 1848 e da fuxida subseguinte do Papa Pío IX. Foi gobernada por Giuseppe Mazzini, que axiña compartiu o poder con Saffi e Armellini, e confióuselle o exército a Giuseppe Garibaldi. Atacouna unha expedición militar enviada por Luís Napoleón de Francia e sucumbiu, despois de preto dun mes de asedio. Ao día seguinte, Pío IX entrou en Roma e restableceu o seu goberno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oftalmía unilateral que aparece durante o período agudo da enfermidade de Chagas ou tripanosomiase brasileira.
-
-
-
Que deriva do latín.
-
Lingua vulgar que se falaba nos países da Romania, cando xa se diferenciara claramente do latín e se sentía como unha lingua distinta del. O texto romance máis antigo, documentado na Romania arredor do s IX, é posiblemente a adiviña Indovinello Veronese, que se conserva nun códice da Biblioteca Capitolare de Verona, xunto cos Xuramentos de Estrasburgo, de mediados do mesmo século, contidos na Historia de Nitardo. Nos reinos cristiáns do N da Península Ibérica (agás Catalunya) a visión nítida dun latín distinto das linguas romances non se xeneraliza ata o primeiro terzo do s XIII, aínda que xa hai precedentes no s XII. No territorio galaico, a consciencia de que existía un falar romance diferenciado do latín exprésase xa nun documento de 1136 contido no Liber Fidei bracarense (“Dedit illis unum coopertorium lecti quod romane alifaf dicitur”). Décadas despois, o galego aparece como unha das linguas poéticas no descort plurilingüe de Raimbaut...
-
-
-
Narración novelesca extensa, en verso ou en prosa, das aventuras dun heroe. O termo deriva da voz medieval francesa roman, aparecida no s XII e que expresaba primeiro unha simple versión na lingua romance de relatos novelescos latinos, e despois, os dunha literatura orixinal en lingua vulgar que desenvolvía en verso e, a partir do s XIII, en prosa diversas materias novelescas.
-
Poema escrito en versos normalmente octosílabos con rima asonante nos pares e libre nos impares.
-
romance de cego
Narración en verso que era recitada ou cantada por cegos especialmente nas feiras e festas das vilas. A temática baseábase en feitos famosos, reais ou fantásticos. Coa imprenta púxose ao alcance do gran público a produción literaria oral e tradicional existente, á vez que se creou unha cadea comercial do impresor ao libreiro e ao cantador cego, que se pode considerar unha especie de continuador do xograr na Idade Media.
-
-
Aventura amorosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
arromanzar.
-
-
Colección de romances.
-
Conxunto de romances da literatura castelá e que constitúe propiamente un xénero exclusivo desta literatura. Provenientes da fragmentación da canción de xesta, os primeiros romances naceron a finais do s XIV, coa decadencia da épica, transmitidos tamén de forma oral. Os máis antigos chámanse vellos ou tradicionais, e os compostos a partir de mediados do s XVI, novos ou artísticos. Ademais da idade heroica castelá, o romanceiro nútrese tamén da épica francesa e, en menor proporción, do ciclo bretón. Nun primeiro momento foron impresos en pregos soltos e recolléronse por primeira vez no Cancionero de romances de Anveres, que está datado contra 1547. Non houbo outras compilacións ata chegar á gran colección do Romancero General (1600).
A tradición antiga
Das cinzas dos vellos cantares de xesta naceu, na Castela do s XIV, o romanceiro, xénero poético que chegou, a través do canto con ou sen acompañamento musical, a Catalunya e a Portugal a finais da...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘festa’ e ‘romaría’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘bailar’.