"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Sociedade secreta militar serbia, fundada en 1911 para liberar os eslavos do S da dominación do Imperio Austro-húngaro e de Turquía, e formar unha federación iugoslava baixo a hexemonía de Serbia. Acusárona do asasinato de Francisco Fernando de Habsburgo en Sarajevo (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘ano’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifesto que apareceu en marzo de 1928 asinado por Salvador Dalí, Lluís Montanyà e Sebastian Gasch. Foi o documento literario máis coñecido da vangarda catalá da década de 1920. Os seus trazos esenciais son a denuncia do novecentismo como corrente mistificadora do helenismo e a afirmación das novas correntes artísticas ligadas ao progreso da técnica. Editado e distribuído polos mesmos autores, acadou unha gran difusión en toda a Península Ibérica e foi duramente criticado, especialmente por Carles Soldevila en La Publicitat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización secreta anarquista andaluza, que se fixo pública en 1883. Fóronlle atribuídos asasinatos, actuacións violentas e delitos comúns. A relación que as autoridades estableceron entre a organización e a Federación de Trabajadores de la Región Española, provocou unha gran represión sobre esta. En 1903 foi revisado o proceso e os presos foron liberados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manómetro que leva un dispositivo que rexistra a presión medida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mapa cartográfico de España reproducido a escala 1:50.000 e a escala 1:25.000, que constitúe a cartografía básica oficial. O mapa de 1:50.000 comezou a elaborarse en 1853 e rematouse en 1968, baseándose na rede xeodésica e cun total de 1.122 follas. En 1975 comezouse a escala 1:25.000 con datos proporcionados por satélites e fotografías aéreas; rematouse en 2003 con 4.123 follas, que cobren a totalidade do territorio ofrecendo unha representación detallada do terreo nos seus aspectos topográficos, morfolóxicos e os derivados da presenza humana, así como do medio natural. Ambos foron levantados polo Instituto Geográfico Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, historiador e ensaísta. Xunto con J. Ortega y Gasset e Ramón Perez de Ayala constituíu a Agrupación ao Servicio da República. Exiliouse en París durante a Guerra Civil Española. Escribiu obras científicas, das que destacan Las glándulas de secreción interna y las enfermedades de la nutrición (1914), Tres ensayos sobre la vida sexual (1926), Amor, conveniencia y eugenesia (1929) e Los estados intersexuales en la especie humana (1929); históricas, como Ensayo biológico sobre Enrique IV de Castilla y su tiempo (1930), El conde-duque de Olivares: la pasión de mandar (1936); e as histórico-científicas Raíz y decoro de España (1933), Liberalismo y comunismo e Vocación y ética (1935). Foi membro da Real Academia Española desde 1933.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en Ourense en 1942 para continuar co traballo que Marcelo Macías García desenvolvía a prol do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Entre os seus obxectivos está o fomento do Museo e Arquivo Provincial de Ourense, a xestión dos fondos económicos de ambos os dous centros, e o estudio, investigación e difusión do patrimonio cultural, sobre todo no campo da antropoloxía, a arqueoloxía, a arte, a historia e a bibliografía. O seu primeiro director, Xesús Ferro Couselo, contou con colaboradores como Florentino López Alonso-Cuevillas, Vicente Martínez-Risco, Xoaquín Lorenzo Fernández e Carlos Vázquez Varela. Publicou o Boletín Auriense entre 1943 e 1953 e os seus anexos, a serie Guías do Patrimonio Cultural e numerosas obras, entre as que destaca Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova (1991). En 1983 recibiu o Premio Otero Pedrayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás marcgraviáceas.

    2. Planta da familia das marcgraviáceas.

    3. Familia de árbores e arbustos, a miúdo epífitas ou plantas gabeadoras, da antiga orde das parietais, que presenta follas sen estípulas, flores actinomorfas e hermafroditas agrupadas en inflorescencias en umbela ou acio e froito en cápsula. Comprende unhas 100 especies de América tropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Labrada (Guitiriz) e Momán (Xermade). O seu cumio acada os 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre os concellos de Lalín, Dozón e Rodeiro. O seu cumio acada os 729 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Castro (Dozón). O seu cumio acada os 845 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Ferreirúa (A Pobra do Brollón). A fachada data de 1812, aínda que o pazo construíuse no s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Telegrama que se transmite por telegrafía sen fíos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter humorístico que se editou en Lugo a partir de 1913. Apareceu baixo o subtítulo “Periódico circunstancial. Defensor acérrimo de sus propios intereses”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que rexistra as variacións do nivel do mar nas distintas horas do día, especialmente as que se deben ás mareas. Está formado por un flotador acoplado á pluma dun rexistrador que debuxa sobre un gráfico as variacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica da elevación e do descenso do nivel do mar que provoca as mareas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa dominicana, filla do Rei Bela IV e sobriña de santa Isabel de Hungría. Foi abadesa do convento fundado nunha illa do Danubio entre Buda e Pest. Na iconografía viste hábito dominicano. O seus atributos son un lirio e un libro cunha coroa real aos pés. A súa festividade celébrase o 18 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Foi un dos iniciadores da análise química e introduciu o uso do microscopio nos estudios químicos. Empregou o ensaio á chama para diferenciar o sodio do potasio e obter o P2O2 por combustión do elemento; e tamén demostrou en1946 que o cinc era un elemento, cando conseguiu illalo en estado puro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado aos funcionarios ou condes que se encargan de comandar as tropas e administrar xustiza nunha marca ou provincia fronteiriza do Imperio Carolinxio e o Sacro Imperio. Xerarquicamente inferior ao duque, acadou un poder similar a este, e gozou dunha situación de semiindependencia respecto do emperador cando o margraviato se fixo hereditario. No s XIX este título desapareceu ao acceder a dignidades superiores, como gran duque, elector ou rei.

    VER O DETALLE DO TERMO