"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Historiador e arqueólogo ucraíno. Realizou diversas viaxes de estudo á Rusia meridional, pero coa Revolución Rusa marchou a EE UU (1918) e naturalizouse estadounidense. Foi profesor nas universidades de Wisconsin (1920-1925) e Yale (1925-1944). Das súas obras destacan Iranians and Greeks in South Russia (1922), The Social and Economic History of the Roman Empire (1926), A History of the Ancient World (1926-1928) e The Social and Economic History of the Hellenistic World (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Formulou un modelo de desenvolvemento económico de pretensións universais, onde estableceu cinco etapas: a tradicional; a previa á subida (precondicións); a subida (take off); a economía madura ou etapa en que un país utiliza plenamente a tecnoloxía existente; e a era de consumo en masa. Publicou Essays of the British Economy of Nineteenth Century (1948), The Process of Economic Growth (1952), The Stages of Economic Growth. A Non Comunist Manifest (1960), The Diffusion of Power (1972), How It All Began (1975), British Trade Flutuations 1868-1896 (1981) e The United States and the Regional Organization of Asia and the Pacific (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa alemá. Beneditina de Gandersheim, cultivou o estudo dos clásicos, que plasmou en numerosas composicións poéticas en latín, publicadas por Conrad Celtis en 1501.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta francés. Foi autor dunha abundante produción dramática, da que destacan as traxedias Belisaire (1643) e Saint-Genest (1646), e a traxicomedia Venceslas (1647).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor húngaro. En 1938 descubriu o proceso de difusión e transferencia para fotografías, con aplicación no revelado instantáneo de negativos fotográficos. Inventou tamén a primeira fotocopiadora.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Foi discípulo de Johann Donauer. Residiu en Italia, onde recibiu a influencia de Il Veronese e a da cor da escola veneciana, aínda que as súas obras denotan a influencia do manierismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Viviu en Italia. Distinguiuse polas súas grandes composicións murais, nas que a paisaxe adquiriu un carácter heroico e monumentalista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como Karolina Svĕtlà, da súa obra destaca Vesnický roman (Novela labrega, 1867), Křiž u potoku (A cruz do regato, 1868) e Nemodlenec (O que non prega, 1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
2rotular.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Etnógrafo dedicado á investigación, empregou o cine como complemento dos seus estudos. Dirixu Les fils de l’eau (1955), La pyramide humaine (1960), Petit à petit (1970), Les architectes d’Avorou (1972), Babatoo (1975), Dionysos (1984), Enigma (1986), Bacou Mariage (1988), Madame L’eau (1992) e Premier matin du monde (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anarquista. De orixe galega, emigrou a Arxentina (1900) e fundou, xunto a outras mulleres, o primeiro centro anarquista feminino arxentino. Militante da Federación Obrera Regional Argentina (FORA), foi a editora da revista para mulleres Nosa Tribuna. Escribiu Historia de un ideal vivido por una mujer (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico. Formouse no Seminario de Mondoñedo (1946-1954) e licenciouse en Teoloxía pola Universidad Pontificia de Salamanca (1958). Ordenado sacerdote en 1959, doutorouse en Dereito Canónico pola Universidade de Múnic (1964). Foi profesor no Seminario de Mondoñedo (1964-1966), no Instituto de Dereito Canónico da Universidade de Múnic (1969-1969) e na Universidad Pontificia de Salamanca (1971-1976), da que foi vicerreitor (1972-1976). Bispo auxiliar de Santiago de Compostela (1974) e titular de Gergi (1974), foi arcebispo de Santiago de Compostela (1984-1994) e desde 1994 arcebispo de Madrid. En 1998 converteuse en cardeal coa titularidade de San Lorenzo in Damaso. Presidiu a Conferencia Episcopal Española (1999-2005). Colaborador en diversas publicacións sobre temas relativos á fundamentación teolóxica do dereito canónico e as relacións da Igrexa co Estado, publicou Saat und Kirche im Spanien des XVI (Estado e Igrexa na España do s XVI, 1965), Sacramento e diritto: antinomia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico estadounidense. Estudou nas universidades Johns Hopkins de Baltimore e na de Michigan. Foi membro do Rockefeller Institute desde 1909 e descubriu o sarcoma de Rous (1911). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1966), xunto a Charles B. Huggins, polas súas investigacións sobre a etioloxía vírica do cancro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e filósofo. Gañou un premio da Académie de Dijon co seu Discours sur les sciences et les arts (1750), onde rexeitaba o optimismo dos enciclopedistas e afirmaba que as artes e as ciencias non tiñan contribuído á depuración dos costumes, e que máis ben contribuíran a corromper ao home, bo por natureza. Precursor do pensamento democrático, centrouse nunha exaltación máis ben utópica da natureza e do sentimento, en contraposición ao estado da civilización. Considerado como un dos pensadores máis influíntes do s XX, a súa definición do ser humano como individuo cultural cimenta as bases da etnoloxía moderna. Colaborador da Encyclopédie no apartado musical, as súas tres grandes obras son Du contrat social ou Principes du droit politique (1762), Julie ou La nouvelle Héloïse (1761) e Émile ou De l’éducation (1762), obra condenada que o obrigou a fuxir de Francia. En 1767 dedicouse aos seus escritos autobiográficos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fonetista e dialectólogo francés. Dirixiu o laboratorio de fonética experimental do Collège de France e adaptou á investigación das articulacións fonéticas diversos aparatos, como o quimógrafo. Publicou o resultado das súas experiencias en Principes de phonétique expérimentale (1897-1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do lääni de Lapin, Finlandia (21.874 h [2003]), situada á beira do río Kemi. Destaca o seu mercado de peles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Rubiales.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Experimento que realizou H. A. Rowland para probar a relación que existe entre o magnetismo e a electricidade. Dispuxo un disco electrizado que xiraba a gran velocidade e demostrou mediante unhas agullas magnéticas que se producía un campo magnético por efecto do campo eléctrico creado polo disco.
-
PERSOEIRO
Químico estadounidense. Doutorado pola University of Chicago en 1952, recibiu o Premio Nobel de Química (1995), compartido con P. Crutzen e M. Molina, polos seus estudos sobre a formación e descomposición do ozono.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Demostrou que unha carga eléctrica móbil crea un campo magnético mediante o experimento que leva o seu nome (1876). Determinou o equivalente mecánico da caloría co método de Joule (1880), estudou a permeabilidade magnética (1873) e a resistencia eléctrica, e foi un dos creadores da espectroscopia. En 1895 determinou 20.000 raias no espectro solar.
VER O DETALLE DO TERMO