"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Barra (Coles). Ten planta rectangular, moi simétrica, sen torres e con dous pisos e bufarda. Na fachada principal destaca unha escaleira de pedra con dous tramos que dá acceso á solaina que percorre a planta principal. Está rodeado dun patio onde se sitúa a capela e diversas construcións adxectivas. O patio péchase cun muro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Dormeá (Boimorto). Ten planta irregular. Na parte posterior destaca unha solaina con balaustrada barroca. Na fachada conserva as armas dos Castro e dos Ulloa en escudos independentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Donís (Cervantes). Realizouse en cachotaría de lousa e ten planta rectangular con dous pisos. Presenta unha escaleira exterior nun lateral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Visantoña (Mesía). A planta achégase ao formato en forma de L e presenta na fachada unha torre ameada. Conserva unha solaina con balaústres barrocos. No interior da parte alta da muralla discorre un paseo con balcóns ao exterior. No muro ábrese un portón que conserva un escudo que alude aos Soutomaior e Pimentel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Artes (Carballo). A súa planta aproxímase ao formato rectangular. Xurdiu ao redor dunha torre ameada de catro plantas. Conserva diversas construcións adxectivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Canda (Piñor). Ten planta cuadrangular con dous pisos a diferentes niveis, adaptados á orografía. Na fachada principal hai unha torre de planta rectangular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilaseco (San Cristovo de Cea). Consta dun edificio con planta en forma de L e dúas alturas cun patio interior. Ao patio ábrese tamén a capela. Conserva unha solaina, á que se accede por dúas escaleiras exteriores, e ten unha torre de planta cadrada que remata con pináculos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sumio (Carral).A fachada principal ten dous corpos en forma de L e, nun lado, aparece a capela. Puido ser construída a comezos do s XVIII. ; Conserva un escudo na fachada principal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Xudán (A Pontenova). Ten planta rectangular cunha torre octogonal con cuberta piramidal nun lado, á beira da capela. Na fachada oeste conserva un patín e na leste dous balcóns.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Gondomar baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monterrei baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado ao SL da illa (4.550 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (229 h [2001]). Antiga encomenda dos templarios, do seu patrimonio cultural destaca a igrexa fortaleza de Santa María la Blanca (s XIII) e a capela de Santiago, onde se atopan os sepulcros románicos de Filipe, irmán de Afonso X, e a súa dona, Leonor Ruiz de Castro, xunto co doutro cabaleiro anónimo. A imaxe da Virxe Branca inspirou doce das cantigas de Afonso X o Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Parada das Achas (A Cañiza). Ten planta rectangular e, formando ángulo, atópase a capela. Conserva escudos coas armas dos Sarmiento e Soutomaior.
-
GALICIA
Médico. Director do Servizo de Cirurxía Cardiovascular do Hospital Provincial de Santiago de Compostela, foi pioneiro no emprego de novas técnicas cirúrxicas no campo da cirurxía arterial.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia (1981) e catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela desde 1987, especializouse en historia agraria, historiografía e historia xeral de Galicia. Ten feito estadías de investigación na Università de Bologna e no centro Alcide Cervi de Roma e foi profesor convidado na École des Hautes Études de París e no Instituto de Ciências Sociais de Lisboa. Director do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega e vicepresidente da Fundación Otero Pedrayo desde 2005, foi decano da facultade de Xeografía e Historia (1986-1990), reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994), membro fundador e presidente (1996-2002) da Asociación Española de Historia Contemporánea e director en Galicia da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (1998-2006). Pertence tamén ao Padroado do Museo do Pobo Galego e á Fundación Luis Seoane e en 2005 foi elixido académico de número da Real Academia Galega. Forma parte do consello...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Viloira (O Barco de Valdeorras). Ten planta rectangular e organízase ao redor de dous patios, con baixo e tres pisos no corpo situado entre a fachada principal e os patios, e dous pisos no resto. A capela está inserida no edificio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Manduas (Silleda). Ten planta en forma de L cunha das ás prolongada na capela e outra nun alpendre que pecha un patio. A fachada principal organízase con dúas ventás rectangulares e unha porta central arquitrabada á que se accede por unha escaleira frontal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cipriano Muñoz Manzano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Feás (Aranga). Ten planta rectangular con patín nun dos lados maiores. Un corpo rectangular únese nun dos ángulos outorgándolle ao conxunto un formato que se achega ao L. Conserva o hórreo e o forno.